|

A secretaria xeral de Ampaga, Dona Dolores Alonso Sobrino foi a encargada de ler a acta que outorga as medallas, nunha gala chea de emocións na que os autónomos da provincia de Pontevedra foron galardoados pola súa labor; son uns premios, se cabe, con mais valor emotivo polo feito de que son as propias entidades as que propoñen aos premiados.
Nesta ocasión entregáronse as distincións de Autónomo do Ano a traballadores autónomos da provincia que destacaron neste ano pola súa labor , Autónomo de Honra a aqueles traballadores por conta propia que están a piques de se xubilar ou xa disfrutando dun merecido descanso; A maiores tamén se entregaron esa noite diversas Mencións Especiais a entidades como a BRILAT, a Policía de Pontevedra, a Garda Civil, administracións como a Deputación, e o Concello de Pontevedra, entidades sociais coma o Comedor de san Francisco, as Hermanitas dos Anciáns Desamparados de Pontevedra, entidades de tipo cultural coma o Ateneo de Marín, o Padroado de Mareantes de San Miguel e a medios de comunicación coma o Diario de Pontevedra.
|