|
Santiago de Compostela foi o lugar elixido pola Federación de Autónomos de Galicia para a celebración do seu III Congreso Nacional de Autónomos, do que lles damos cumprida información nesta revista e no que durante toda a xornada se debateron temas de gran interese para os traballadores por conta propia, dos que unha parte importante son mulleres de ahí que a Asociación de Mulleres Autónomas e Profesionais de Galicia non se quixese perder esta cita, acudindo tanto a súa presidenta como outras integrantes da entidade.
Ocupándose varias das directivas de moderar algunhas das mesas de debate, como foi o caso de Fany Iglesias,vocal de Ampaga, que foi a encarga de presidir a xornada sobre a Formación e os Autónomos que contou coa presencia de Ana Mª Díaz López, directora Xeral de Formación e Colocación , que serviu de colofón para unha longa xornada de traballo.
|