|
O pasado 21 de outubro tivo lugar no Auditorio de Galicia a Gala de Entrega das Medallas de Ouro da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), acto que non se quixeron perder as directivas da Asociación de Mulleres Profesionais e Autónomas de Galicia, estando presentes na mesma a súa presidenta Paloma Sobrino, e varias das directivas da entidade, Rosa Triay, Fany Iglesias, Dolores Alonso, cristina Goas e Carmen Campos, quen recibiu unha das medallas.
Esta Gala tivo un invitado de honra, que se encargou de entregar as medallas aos premiados da noite, e que non foi outro que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
Con esta Gala pretendeuse recoñecer a labor levada a cabo polos fundadores da Federación de Autónomos de Galicia, verdadeiros percusores do asociacionismo dos autónomos na nosa comunidade.
|