feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Lunes - 06.Febrero.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos Lexislación
Noticias de Prensa
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Punto Emprende
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO

ver las estadisticas del contenido recomendar  contenido a un amigo

Orden de 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

 

Obxecto:

Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.

 Serán subvencionables as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que cumprindo os requisitos e condicións establecidas na mesma, se formalicen desde o 16 de setembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010, ambos inclusive.

 

 Persoas beneficiarias:

 1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:.

  • Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.

 

• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

 • Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

 

 • Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.

 Os traballadores e traballadoras autónomas  ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís sempre que as soliciten a título persoal. Quedan excluídos do mesmo, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

 

 2.- As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

  Tipos de axuda:

     Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, co fin de facilitar durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores.

 No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo realizado por cada socio/a solicitante terase en conta a súa participación na mesma.

 

  Subvención financeira de redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador/a autónomo/a, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Deberá acreditarse un investimento en inmobilizado material ou intanxible por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores.

 

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo.

 Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.

 

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo realizado por cada socio/a solicitante terase en conta a súa participación na mesma.

 

 No caso de microcréditos concedidos polo Instituto de Crédito Oficial ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados anteriormente.

   Subvención para asistencia técnica co obxecto de financiar os custos dos servizos externos necesarios para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial, así como para a realización de estudos de viabilidade, organización, comercialización, diagnose ou outro de natureza análoga,  prestados polas persoas ou entidades que reúnan os requisitos indicados na orde, e que se desenvolvan integramente entre os 3 meses anteriores e os 6 posteriores ao inicio da actividade. A contía desta axuda será do 75% do custo dos servizos prestados, ata un máximo de 1.000 euros.

 

  Subvención para formación  co obxecto de financiar os custos de cursos, realizados polas persoas ou entidades que reúnan os requisitos mencionados na orde, relacionados coa dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e comunicación, integramente desenvoltos entre os 3 meses anteriores e os 6 meses posteriores ao inicio da actividade. A contía desta axuda será do 75% do custo dos cursos recibidos, ata un máximo de 3.000 euros.  

    Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade realizados nos 3 meses anteriores e nos 6 meses seguintes ao inicio da actividade en concepto de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, de maquinaria e de equipos informáticos e seguros do local (excluído o IVE). A contía da axuda será de 2.000 euros, 3.000 euros e 3.600 euros, segundo o colectivo dos sinalados no artigo 8º.2 da orde no que se atope incluída a persoa beneficiaria.

 

  Subvención pola primeira contratación indefinida. Poderá concederse esta subvención  tanto pola contratación indefinida inicial dunha persoa desempregada como pola transformación dun contrato temporal en indefinido, sempre que se realice durante o primeiro ano de actividade. A contratación ou transformación deberá realizarse entre o 16 de setembro de 2009 e o 30 de xuño de 2010.

 A subvención non poderá superar a contía equivalente ao 60% dos custos salariais totais de dúas anualidades da persoa contratada.

No caso de que a contratación sexa a tempo parcial  a subvención calcularase proporcionalmente.

 

 Prazo de solicitudes:

    O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de dous meses desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de xuño de 2010, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 11º.2).

  As actuacións subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas entre o 16 de setembro do ano 2009 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse ás axudas da mesma, aínda  que transcorrese o prazo establecido dende a alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010.

 

  

DOGA Nº 79 DE 28 DE ABRIL DE 2010

 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
06/05/2010 ir arriba

Novedades
Resolución de 26 de enero de 2012, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana E
Resolución de 18 de enero de 2012, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publican las sub
Resolución de 30 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Inn
Cerceda: Convocatoria subvencións municipais para a realización de actividades culturais e deportiva
Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións para bolsas de colaboración en oficin
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores