feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Lunes - 06.Febrero.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos Lexislación
Noticias de Prensa
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Punto Emprende
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Subvencións para a producción e publicación de contidos dixitais

ver las estadisticas del contenido recomendar  contenido a un amigo

Resolución do 14 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (procedemento administrativo PR522A).

Prazo de Presentación:

Un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia( data de publicación o 18 de Xuño de 2010)

Presentación Solicitudes:

As solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante, e teranse que cumprir os requisitos de presentación electrónica que se definen e achegan no anexo II.

En lugar da presentación electrónica, as solicitudes tamén poderán presentarse en formato papel preferentemente no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña). En caso de presentarse en papel toda a documentación entregarase sen encadernar tendo en conta as recomendacións ambientais que se definen no anexo II.

Beneficiarios

As empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que produzan e publiquen contidos dixitais.

  Gastos subvencionables:

-Equipamentos da rede de datos interna: electrónica activa (conmutadores, encamiñadores (routers), barreiras de seguridade), servidores web, servidores da rede e dispositivos fixos de almacenamento da información, armarios bastidores e sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) necesarios para a execución do proxecto.

-Licenzas de software específico e imprescindible para o proxecto.
-Custo de persoal técnico propio con relación laboral (réxime xeral da Seguridade Social) e con dedicación ao proxecto. Considerarase a parte proporcional dedicada ao proxecto da nómina, gastos sociais ou pagas extras efectivamente pagadas dentro dos prazos considerados.

-No caso de microempresas, tamén se considerarán os custos do persoal técnico que, sendo propio da empresa solicitante, deba figurar no réxime especial de traballadores autónomos debido á normativa aplicable aos representantes legais das empresas e aos socios traballadores. Considerarase a parte proporcional dedicada ao proxecto da nómina pagada, cun límite por traballador autónomo no gasto subvencionable mensual por este concepto do dobre do salario mínimo interprofesional.

-Servizos e colaboracións externas de dixitalización dos contidos, tradución para a lingua galega ou creación de ferramentas que permitan a accesibilidade aos contidos, co límite máximo do 50% do investimento subvencionable, que deberán acadar uns resultados concretos, medibles e documentados. En ningún caso estes gastos poderán supor a mera subcontratación de persoal.

Gastos non subvencionables:

 -Custos sobre a propiedade intelectual ou autoría dos contidos.
-Páxinas web e licenzas de software de uso xeral.
-Elementos funxibles ou removibles (discos, cintas, etc.), gastos xerais ou outras ferramentas hardware.
-Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os equipamentos adquiridos.
-Conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
-Custos de persoal directivo, xerencial ou administrativo, así como os de persoal que non estea vinculado coa empresa mediante relación laboral (agás as excepcións sinaladas para o persoal técnico nas microempresas), ou aquel cuxa categoría laboral ou posto de traballo que desempeñe na empresa non se corresponda co labor técnico indicado na solicitude.
-Calquera gasto que, pola súa natureza, se poida considerar subvencionable, pero do cal non sexa posible identificar o alcance concreto do gasto ou no cal figuren incluídos e sen cuantificar outros gastos non subvencionables.
-Calquera gasto de que non se achegue documentación económica completa conforme o establecido no artigo 5º destas bases reguladoras.

 

TEXTO COMPLETO DA SUBVENCIÓN

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
05/07/2010 ir arriba

Novedades
Resolución de 26 de enero de 2012, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana E
Resolución de 18 de enero de 2012, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publican las sub
Resolución de 30 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Inn
Cerceda: Convocatoria subvencións municipais para a realización de actividades culturais e deportiva
Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións para bolsas de colaboración en oficin
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores