Usuario - - Acceso de usuarios
Domingo - 18.Febrero.2018

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FEMAGA LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
FEIRAS DE MOSTRAS
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
Programa de radio
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: MEMORIAS FEAGA

ultima hora 650x130

Memoria 2007

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

A Federación de Autónomos de Galicia continuou durante o ano 2007 co seu plan de expansión, modernización e consolidación, co fin de achegarse aínda máis aos autónomos, alí onde se atopen, vertebrar a sociedade, aumentar o seu persoal para ter presenza en tódala xeografía galega. Así, dispoñe ata o momento de 4 oficinas propias con persoal Técnico e Directivo para dar servizo a todos os nosos asociados e ao público en xeral.

A Federación de Autónomos de Galicia está integrada en CAYPE (Confederación de Autónomos e Profesionais de España), da cal é membro fundador e participa directamente en proxectos estatais, así como en mesas de debate e negociación estables. De feito, no pasado mes de maio a xunta directiva de CAYPE acudiu á aprobación da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, como unha das sete organizacións homologadas polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

FEIRAS E EVENTOS

Do 10 ao 14 de outubro do pasado ano celebrouse, coa imprescindible colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, a XIV edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA), no Coliseum da Coruña, que ano tras ano converteuse nun tradicional punto de encontro e debate para as empresas e institucións do noso contorno.

Outro evento a destacar do 2007 é o I Congreso de Hostalería, Comercio e Autónomos, celebrado en Vigo o 25 e 26 de outubro, promovido por FEAGA e organizado pola Asociación de Autónomos de Pontevedra.

Como é habitual, a Federación de Autónomos de Galicia tamén estivo presente noutras feiras, como Vigo Feira, FIMO (Ferrol), Franquiatlántico (tamén en Vigo) ou a Multisectorial de Vimianzo.

Durante este ano, FEAGA tamén fixo un labor divulgativo do Estatuto do Traballo Autónomo, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción de Emprego, mediante xornadas informativas, que tivo como punto de partida a Xornada de Celebración do Estatuto do Traballo Autónomo, no mes de xuño, que coincidiu co 20 aniversario da Asociación de Autónomos de Galicia. Este acto, que celebrouse no Teatro Colón de A Coruña contou coa asistencia de 725 persoas.

Ademais de todos estes eventos, A Federación de Autónomos de Galicia continuou cunha serie de Relacións Institucionais, a través da asistencia a numerosos actos, Xornadas, Congresos e Seminarios desenvolvidos por outras organizacións, participando como relatores ou simplemente como asistentes.

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Así mesmo temos mantido numerosas entrevistas e reunións con autoridades, institucións e outras entidades asociativas e empresariais, buscando puntos de encontro e fórmulas de colaboración de interese para os nosos asociados. Froito destes encontros van xurdindo unha serie de convenios de colaboración con entidades de diferentes ámbitos, que permítennos ofrecer aos nosos asociados unha serie de servizos financeiros, sanitarios e tecnolóxicos cunhas condicións moi vantaxosas.

Aos convenios xa asinados con anterioridade hai que engadir os levados a cabo durante o 2007 co Banco Sabadell e Euroquality.

FORMACIÓN

Polo que se refire ó área de Formación, FEAGA levou a cabo durante o 2007 unha serie de Cursos e Xornadas co fin de fomentar a formación e o apoio dos seus asociados e dos traballadores por conta propia.

Entre eles, destacan as accións formativas de Implantación das TICs nas pemes Galegas, impartidos en tódala xeografía galega, nos centros das organizacións de empresarios asociados.

Outra das xornadas levadas a cabo no ano 2007 foi a adicada a promove-la igualdade e a mellorar a empregabilidade da muller, baixo a denominación Igual.e.

Igualmente cabe destacar as Xornadas Técnicas sobre Comercio e Novas Tecnoloxías en Ferrol, Vigo, Lugo e A Coruña, co fin de ofrecer unha visión útil, global e práctica sobre as novas tecnoloxías no sector do comercio polo miúdo dende un punto de vista xurídico e práctico.

Por outra banda, desenvolvéronse dúas xornadas de Difusión “Emégate”, onde presentáronse aos asistentes diferentes experiencias prácticas de actividades de emprendemento relacionadas coa igualdade de oportunidades.

Outras xornadas a destacar son as de “Economía Social, Muller e Asociacionismo” celebradas na Coruña e Ferrol e outra de “Promoción do asociacionismo”

Dentro dos Seminarios levados a cabo no ano 2007, hai que salientar o adicado a Difusión da Creación de Empresas, e o de Xeración e Maduración de Ideas.

Feaga tamén desenvolveu durante este ano un Programa para a mellora da empregabilidade do colectivo inmigrante e emigrante retornado na comarca de Ferrolterra.

Outros dos cursos levados a cabo durante o ano 2007, son os de Prevención de Riscos Laborais, cun total de 60 alumnos formados.

Entre as entidades colaboradoras que financiaron estes cursos, cabe mencionar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, o Servizo Galego de Igualdade (SGI), a Secretaría Xeral de Emigración, a Dirección Xeral de Relacións Laborais, o IGAPE, a Diputación Provincial de A Coruña, ou a Obra Social Caixa Galicia

Polo que respecta aos cursos do Contrato Programa que contaron coa subvención concedida pola Consellería de Traballo, Feaga desenvolveu durante o 2007 os cursos de Inglés Xeral Básico e Ecdl Módulos 1-7 Sillabus 4, que foron impartidos polo Grupo Femxa,

Ademais, a través de CAYPE (Confederación de Autónomos e Profesionais de España), FEAGA tamén desenvolveu os cursos do Contrato Programa concedidos polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que constitúen un proxecto de formación específico para os autónomos cubrindo así as necesidades educativas destes traballadores.

Nestes cursos, que foron gratuítos, combináronse as modalidades de formación presenciais, a distancia, e on-line, como estratexia para facilitar o acceso dos autónomos ás novas tecnoloxías.

Entre estes cursos, salientan os levados a cabo na área de Empresa (Orientación Estratéxica da Empresa, Xestión de Recursos Humanos, Prevención de Riscos Laborais, Control de Calidade, Atención ao cliente e Técnicas de Venda, Analista Contable e financieiro) na área de Novas Tecnoloxías (Ofimática XP, Photoshop, PowerPoint XP e Introdución á Informática) e na área do Comercio (Escaparatismo e Decoración)


SERVIZOS:

Gabinete Xurídico e Técnico:

En todas as nosas oficinas, persoalmente, por teléfono ou utilizando as Novas Tecnoloxías, os nosos asesores atenderon máis de 6.500 consultas de tipo Xurídico e Técnico, ademais de tramitar axudas e subvencións, elaborar recursos, xestionar micro créditos, etc…

Cabe destacar que dende a entrada en vigor da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, as consultas aumentaron considerablemente con respecto ao ano anterior.

Departamento de Estudos e Publicacións

No 2007 a Federación de Autónomos de Galicia editou 3 números do Boletín Informativo “Os Autónomos” cunha tirada de 15.000 exemplares cada unha, distribuídas por toda Galicia e España.

Doutra banda, elaboramos un estudo, que presentaremos a principios do ano 2008, sobre “Muller e asociacionismo”

Ademais a finais do 2007 FEAGA levou a cabo unha renovación da súa páxina web, en canto ao diseño e contidos, que a principios do 2008 terá enlace con autonomosonline.com, co fin de convertirse na ferramente indispensable do autónomo.

Servizo Galego de Colocación:

A nosa Asociación ten a condición de Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, outorgada pola Consellería de Traballo, facilitando a contratación de desempregados por parte daqueles Autónomos, Empresas que desexen contratar empregados.

Ademais dispoñemos dun orientador laboral que mantén entrevistas personalizadas cos demandantes de emprego.

Por último, a través da nosa axencia de emprego prestamos un importantísimo servizo de apoio e asesoramento a emprendedores.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
22/01/2008 ir arriba

Novedades
INFORME SOBRE COTIZACIONES 2018
TJUE Prohíbe Descanso Fin de Semana en el Vehículo
Proyecto Real Decreto Bolsas de Plástico
Información nova convocatoria de axudas para a modernización de empresas en zonas rurais
NOVEDADES LEY DE AUTÓNOMOS EN 2018
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Costa da Unión, 3 - 1º D - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina