Usuario - - Acceso de usuarios
Domingo - 18.Febrero.2018

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FEMAGA LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
FEIRAS DE MOSTRAS
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
Programa de radio
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: MEMORIAS FEAGA

ultima hora 650x130

Memoria FEAGA 2006

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

A Federación de Autónomos de Galicia continuou durante o ano 2006 co seu plano de expansión, modernización e consolidación, co fin de achegarnos aínda máis aos autónomos, alí onde se atopen, vertebrar a sociedade, aumentar o noso persoal para ter presenza en toda a xeografía galega. Así, dispoñemos ata o momento de 4 oficinas propias con persoal Técnico e Directivo para dar servizo a todos os nosos asociados e ao público en xeral.

A Federación de Autónomos de Galicia está integrada en CAYPE (Confederación de Autónomos e Profesionais de España), da cal é membro fundador e participa directamente en proxectos estatais, así como en mesas de debate e negociación estables. É por todos coñecida a recente participación de CAYPE na sinatura do proxecto de Lei do Estatuto do Traballador Autónomo, cuxo presidente, Eliseo Calviño representounos o mes pasado de outubro como unha das sete organizacións homologadas polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

FEIRAS E EVENTOS

Do 11 ao 15 de outubro do pasado ano celebramos a XIII edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA), no Coliseum da Coruña, que ano tras ano converteuse nun tradicional punto de encontro e debate para as empresas e institucións da nosa contorna.

Como é habitual a Federación de Autónomos de Galicia estivo presente noutras feiras, como Vigo Feira, FIMO (Ferrol) ou Franquiatlántico (tamén en Vigo).

Ademáis de todos estes eventos, A Federación de Autónomos de Galicia continuou cunha serie de Relacións Institucionais, a través da asistencia a numerosos actos, Xornadas, Congresos e Seminarios desenvolvidos por outras organizacións, participando como relatores ou simplemente como asistentes.

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Así mesmo habemos mantido numerosas entrevistas e reunións con autoridades, institucións e outras entidades asociativas e empresariais, buscando puntos de encontro e fórmulas de colaboración de interese para os nosos asociados. Froito destes encontros xurdiron unha serie de convenios de colaboración con entidades de diferentes ámbitos, que permítennos ofrecer aos nosos asociados unha serie de servizos financeiros, sanitarios e tecnolóxicos cunhas condicións moi vantaxosas.

Aos convenios xa asinados con anterioridade hai que engadir os levados a cabo durante o 2006 con ONO, Previlabor, Caixa Galicia, R, Banco Popular e Caixa Geral, entre outros.

FORMACIÓN

Polo que se refire ao área de Formación, FEAGA levou a cabo durante o 2006 unha serie de Cursos e Xornadas co fin de fomentar a formación e o apoio dos seus asociados e dos traballadores por conta propia.

Ademais, a través de CAYPE (Confederación de Autónomos e Profesionais de España), desenvolvemos un plano de formación específico para os autónomos cubrindo así as necesidades educativas destes traballadores.

Nestes cursos, que foron gratuítos, combináronse as modalidades de formación presenciais, a distancia, e on-line, como estratexia para facilitar o acceso dos autónomos ás novas tecnoloxías.

Entre estes cursos, salientan os levados a cabo na área de Empresa (Analista contable e financeiro, Prevención de riscos e saúde laboral, Atención ao cliente, etc…) de Idiomas (Inglés comercial, empresarial e conversa) e na área de Novas Tecnoloxías (Xestión fiscal informatizada, Internet e Comercio Electrónico, Orzamentos informatizados ou Presentacións eficaces).

Así mesmo, durante este ano FEAGA e CAYPE organizaron, ao longo de toda a xeografía galega, unha serie de Xornadas dirixidas a todos os autónomos e propietarios de empresas, entre as que salientan as Xornadas sobre Seguridade e Saúde Laboral, Comercio e Novas Tecnoloxías ou as Xornadas de Difusión da Xestión da Innovación.

Entre as entidades colaboradoras que financiaron estes cursos, cabe mencionar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, o Servizo Galego de Igualdade (SGI) ou a Secretaría Xeral de Emigración.

SERVIZOS

Gabinete Xurídico e Técnico:

En todas as nosas oficinas, persoalmente, por teléfono ou utilizando as Novas Tecnoloxías, os nosos asesores atenderon máis de 3.000 consultas de tipo Xurídico e Técnico, ademáis de tramitar axudas e subvencións, elaborar recursos, xestionar micro créditos, etc…

Departamento de Estudos e Publicacións

No 2006 a Federación de Autónomos de Galicia editou 2 números do Boletín Informativo “Os Autónomos” cunha tirada de 15.000 exemplares cada unha, distribuídas por toda Galicia e España, a través da nosa Confederación, CAYPE.

Doutra banda, elaboramos dous estudos, que presentaremos a principios de 2007, un sobre as prácticas en materia de recursos humanos dos traballadores autónomos de Galicia, denominado “A Xestión da diversidade como estratexia para o aumento da contratación de traballadores” que contou coa subvención da Consellería de Innovación e Industria. e unha análise de campo sobre a sensibilización e a cultura ecoloxicamente responsable dos traballadores autónomos da Comunidade Galega, denominado “Medioambiente Autónomo”, subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. 

Ademáis, coa axuda da Diputación de A Coruña, realizou unha “Guía para a Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no emprego”. Ista guía pretende fomentalo desenvolvemento das políticas de igualdade, conseguir unha igual participación e representación da muller tanto no ámbito político como social e economico, e facilitar canles ás mulleres para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Servizo Galego de Colocación

A nosa Asociación ten a condición de Centro Asociado ao Servizo Galego de Colocación, outorgada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, facilitando a contratación de desempregados por parte daqueles Autónomos, Empresas que desexen contratar empregados.

Ademais dispoñemos dun orientador laboral que mantén entrevistas personalizadas con demandantes de emprego.

Por último, a través da nosa axencia de emprego prestamos un importantísimo servizo de apoio e asesoramento a emprendedores.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
01/02/2007 ir arriba

Novedades
INFORME SOBRE COTIZACIONES 2018
TJUE Prohíbe Descanso Fin de Semana en el Vehículo
Proyecto Real Decreto Bolsas de Plástico
Información nova convocatoria de axudas para a modernización de empresas en zonas rurais
NOVEDADES LEY DE AUTÓNOMOS EN 2018
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Costa da Unión, 3 - 1º D - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina