Como xa sabe, SmartPeme é unha rede de puntos situados nas diferentes comarcas de Pontevedra onde a Deputación pon a súa disposición servizos de información e asesoramento presencial e personalizado en relación ás TIC e ás novas tecnoloxías.
Entre as disintas actividades que desenvolve SmartPeme, nesta ocasión queremos convidalo a participar nas sesións de capacitación tecnolóxica que terán lugar durante o mes de Maio no seu punto SMARTPEME de referencia, situado en Punto SmartPeme Pontevedra -Edificio Administrativo Deputación de Pontevedra- 2º andar- (edificio laranxa, o que está máis preto da estatua da cruz e dos soldados)
- 05/05/2017 de 19:00 a 21:00
Como utilizar instagram para promover a túa empresa. Neste obradoiro adestrarémonos en Instagram desde o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos.
- 12/05/2017 de 19:00 a 21:00
Xestión da túa empresa. Facturación e ferramentas integradas. Durante o obradoiro, explicaranse diferentes ferramentas de facturación, relación con proveedores e porcesos da empresa e falarase de varias opcións gratuítas para autónomos e micropemes.
- 24/05/2017 de 19:00 a 21:00
Fotografía de vehículos para a súa venda online. O obxectivo deste obradoiro é amosar cuestións básicas para fotografiar un vehículo así como retoques sinxelos e adaptación a formato web para que "destaque entre os demais".
- 31/05/2017 de 19:00 a 21:00
Aplicacións e usos da tecnoloxía Dron. Mostrar como as tecnoloxías RPA pódense aplicar no sector primario, en concreto nos sectores vitivinícola e forestal.
feaga.org/uploads/Obradoiros maio Pontevedra.pdf
feaga.org/uploads/Obradoiros maio.pdf
Pode consultar a programación das sesións de capacitación tecnolóxica do resto de puntos da nosa rede no documento que se atopa adxunto a este email e na nosa páxina web,
www.smartpeme.depo.es
Para asistir os eventos, pregámoslle que reserve a súa praza (xa que estas son limitadas), indicando evento, data e punto SmartPeme ó que estará interesado en asistir. Para elo, ten a súa disposición as seguintes canles:
Se ten calquera cuestión non dúbides en contactar comigo.
Moitas grazas por todo.
Eliana Bouzas Collazo
Asesora TIC- SmartPeme Pontevedra.
|