Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 29.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

Convocatoria do Programa Talento Senior da Axencia Galega de Innovación

enviar a un amigo

 

O pasado 28 de setembro publicouse no DOG a convocatoria do programa Talento Sénior da Axencia Galega de Innovación, que ten por obxecto impulsar a atracción e o retorno de profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas para que desenvolvan proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos.

 

As entidades beneficiarias contarán cun incentivo de 64.000 euros por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a tres anos e cunha retribución bruta anual de alomenos 40.000 euros. Para elo, a convocatoria está dotada cun orzamento ampliable de 960.000 euros, co que se prevé apoiar 15 contratos nesta edición, dos que nove están reservados a empresas e seis a organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos.

 

A convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, esixe a excelencia das propostas, e así, só se terán en conta aquelas que acaden unha puntuación mínima do 60% do total dos puntos establecidos no baremo. Entre outros criterios, valorarase o perfil da persoa a contratar, a súa experiencia e traxectoria internacional, así como a condición de retorno e atracción. Ademais, tamén se prestará especial relevancia á presentación dun plan de igualdade de xénero no equipo do proxecto e que a persoa contratada sexa muller, primando tamén as contratacións indefinidas. Ademais, o persoal poderá estar contratado pola entidade beneficiaria da axuda desde o pasado 1 de xaneiro.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 29 de outubro e as bases completas están dispoñibles no seguinte enlace.

 

Se precisades máis información, podedes contactar con nós no correo electrónicocentros.gain@xunta.gal ou nos teléfonos de contacto: 981 95 7000 e 981 95 7012. 

 

Axencia Galega de Innovación - GAIN

Secretaría da Área de Centros

Rúa de Airas Nunes, s/n - Edif. CNTG

15702 - Santiago de Compostela

Telf. 981 957000 Fax 981 957007

 

 


Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
16/10/2018 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina