Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

DÍA DO AUTÓNOMO DE OURENSE

enviar a un amigo

 

Día do Autónomo da provincia de Ourense
 
A Federación de Autónomos de Galicia celebrou o pasado 26 de abril a Gala do día do autónomo por primeira vez na provincia de Ourense, o marco elixido para a entrega das mencións de Autónomos do Ano, Autónomos de Honra foi o Teatro Principal.
 
Discurso presidente FEAGA          Discurso Miguel Agromayor          Lectura Acta pola Secretaria Xeral
 
        
                                                                                  
Durante a Gala rendeuse unha merecida homenaxe a todos os autónomo, en especial a aqueles que recibiron os galardóns de Autónomo de Honra e Autónomo do Ano, ademais das Mencións Especiais que foron entregadas a diversas institucións e persoas pola labor levada a cabo en favor dos autónomos. Esta gala foi mais especial se cabe xa que era a primeira ocasión en que se entregaron os galardóns de Autónomos de Honra, que tradicionalmente se entregaban a aqueles autónomos xubilados ou a piques de se xubilar, a persoas que non sendo autónomos se considerou, dende a federación e as entidades que propoñen os premiados, que merecían ser recoñecidos coma Autónomos de Honra. Distinción que é sen dúbida o maior galardón que se pode ofrecer dende a Federación de Autónomos de Galicia. Foron dezasete os autónomos nomeados coma Autónomos do ano, mención que se entrega ós traballadores autónomos que o longo do derradeiro ano sobresaíron por as súas condicións de humanidade, colaboración e simpatía, en cada sector no que desenvolven a súa actividade e que son un exemplo a seguir por todos nos.
 
Premiados
 
 
O encargado de conducir a entrega de distincións foi Maito, o coñecido presentador de radio e director de Radio Turismo, que con a ledicia e simpatía que o caracteriza, fixo desta unha noite especial para todos os alí presentes.
 
 
A Federación de Autónomos concedeu mais de corenta galardóns, que foron entregados polos presidentes das asociacións que propuxeron os premiados e polos membros da Federación de Autónomos de Galicia, co seu presidente Javier Pérez Bello a Cabeza, o vicepresidente primeiro Miguel Agromayor, a secretaria xeral e presidenta de AMPAGA Paloma Sobrino, Jose Manuel Martínez, Rosa Triay, Patricia García, Antonio Reguera, Juan Jose Cainzos e José Antonio Rodriguez.
 
Discurso Presidente Deputación Ourense                   Discurso Director Xeral Promoción Emprego Xunta de Galicia
 
A representación institucional nesta ocasión correu a cargo do Presidente da Deputación de Ourense, Jose Luís Baltar o Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez a Concelleira de Servicios Sociais Marga Martín, o Alcalde de Allariz, Francisco García Suárez e a Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio e primeira tenente de alcalde, Cristina Cid o Subdelegado do Goberno, Camilo Isaac Ocampo o Delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e o Director Xeral de Promoción do Emprego, Andrés hermida trastoy.
 
Non se quixeron perder a gala Concepción Outeiriño vicepresidenta de AGA, José Antonio González de CECAP Galicia, Alejandro Rubín de Expourense, Rosario López do Centro Comercial Aberto O Barco o presidente de Amizades Manuel Estevez entre outros, así como os familiares e amigos de todos os premiados na que sen dúbida foi unha noite cargada de emocións, nun entorno privilexiado coma é o fermoso Teatro Principal de Ourense.
 
A Gala arrancou cunha breve intervención do grupo Amizades, que tras a entrega de distincións regalou os premiados e invitados un concerto coas súas mellores cancións que fixo as delicias de todos os presentes.
 
Concerto Grupo Amizades

GALERIA FOTOGRÁFICA DA GALA DO DÍA DO AUTÓNOMO DE OURENSE

FOTOS XENÉRICAS DA GALA

  


AUTÓNOMOS DO ANO

 


MENCIÓNS ESPECIAIS


AUTÓNOMOS DE HONRA


 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
11/05/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina