feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Martes - 22.Mayo.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
DESTINO EMPLEO
Programa Consolidación Emprendedores
CLUB DE EJECUTIVOS DE ASOCIACIONES KORAZZA
Punto Emprende
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

DIA DO AUTONOMO

recomendar  contenido a un amigo

O pasado 12 de febreiro, a Federación de Autónomos de Galicia celebrou o Día do Autónomo, nun emotivo acto que tivo lugar no Teatro Colón Caixa Galicia e ao que acudiron máis de 800 persoas.

Durante este acto, rendeuse homenaxe a aquelas persoas que, por proposta das súas asociacións e previa aprobación do xurado constituído ao efecto, recibiron a distinción de Autónomo de Honra e Autónomo do Ano.

Desta forma, recoñeceuse como Autónomos de Honra a aqueles traballadores por conta propia que xa xubilados, chegaron ás máis altas cotas na súa actividade, e que salienten polo seu apoio ao colectivo.

Doutra banda, tamén  recoñeceuse o labor daquelas persoas que desenvolven a súa actividade como autónomos, sobresaíndo polas súas condicións de humanidade, colaboración e simpatía, salientando en cada sector do colectivo como exemplo a seguir, que foron premiados como Autónomos do Ano.

FEAGA tamén quixo render homenaxe neste día, cunha Mención Especial, a aquelas entidades e persoas que grazas ao seu apoio e colaboración fan posible que os proxectos e accións desenvolvidas pola Federación póidanse levar a cabo.

Este acto, que estivo cheo de momentos moi emotivos xa que cada un dos premiados acudiu coas súas respectivas familias, foi presentado polo Director de Radio Coruña, Juan Fernán e a locutora de Radio Coruña, Mayte González.

Paulino Franco, Presidente de FEAGA estivo acompañado de Eliseo Calviño, Presidente de CAYPE e do resto da xunta directiva de FEAGA, como Javier Pérez Bello, Vicepresidente e Paloma Sobrino, Secretaria Xeral.

Tamén este acto contou cunha gran representación a nivel institucional, coa presenza do Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia, Xoan Antón Pérez Lema; o Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e o Vicepresidente, Pablo Villamar. O Concello da Coruña tamén tivo representación, coa presenza do Tenente de Alcalde, Enrique Tello e o Concelleiro Carlos González-Garcés. Tamén estivo presente Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio e Francisco Cruz Senra, Presidente da Cámara de Comercio de Ferrol.

Tampouco perdéronse este acto Miguel Agromayor, Presidente da Federación Provincial de Comercio da Coruña, José Manuel Martínez, Presidente do CCA Rúa Barcelona, Manuel Amil, Presidente da Fundación Fuertes ou Manuel González, Presidente da Asociación Galega de Artesáns, así como Fidel Roget, Presidente dos Comerciantes de Vimianzo e José Antonio Rodríguez Álvarez, Presidente da Asociación de Empresarios de Melide, entre outros.

Este evento concluíu coa actuación do Grupo Amizades, que animou coas súas cancións aos asistentes e cuxo Presidente, Manuel Estévez, tamén se atopaba entre o público.

Para o desenvolvemento deste acto, a Federación de Autónomos contou coa colaboración de Caixa Galicia, a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e a Consellaría de Innovación e Industria, a través dá Dirección Xeral de Comercio.


 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
12/01/2009 ir arriba

Novedades
Concello de Arteixo
Concello de A Coruña
Concello de Oroso
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
La banca teme que el Gobierno le pida más de 20.000 millones para el Fondo de Garantía
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores