A Asociación de Comerciantes Autónomos e Autónomas de Ferrol ven de desenvolver un ano mais o programa de xornadas técnicas “Emprender en Igualdade”, convertido xa en un referente na actividade de promoción do autoemprego e difusión da cultura emprendedora.
Neste contexto de profunda crise económica, o fomento do autoemprego como saída profesional é unha ferramante accesible para un grupo ou colectivo de persoa, principalmente mulleres, que teñen unha grande dificultade para acceder a un emprego por conta allea.
Nesta edición de Emprender en Igualdade participaron nas xornadas técnicas Susana Espasandín e María Cachón, promotoras de Gabinete Psicolóxico, ubicado en A Coruña, Cristina Rodríguez de Rodmar, SL, Limpezas e Servizos Sanitarios, localizada en Ares, e calificada como Iniciativa Local de Emprego pola Xunta de Galicia, Ana Belén Meizoso, de Mellora Consultants, en Ferrol, e Olga Melero, promotora de Spazio Pilates en A Coruña.
|