feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Lunes - 06.Febrero.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Punto Emprende
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

FEMAGA 2007

recomendar  contenido a un amigo

coliseoweb.jpg

A Federación de Autónomos de Galicia, clausurou unha edición máis da súa tracidional Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, celebrada no Coliseo da Coruña do 10 ao 14 de Outubro de 2007.

Esta edición presentouse avalada polo éxito das súas edicións anteriores, tanto en asistencia en público - 40.000 visitantes- como na participación de expositores, preto a unha centena, que estiveron representados nas áreas de Seguros, Inmobiliarias, Subministracións e Servizos, Automoción, Alimentación, Hostalería, Decoración, entre outras.

A Feira, que foi inaugurada por Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio e clausurada por Javier Losada, Alcalde do Concello da Coruña, contou coa visita de diferentes autoridades, como Henrique Tello, 1er Tenente de Alcalde do Concello da Coruña, Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación e Xoan Xoxé Martínez Cagigal, Concelleiro de Deportes. Tamén pasaron pola Feira José Antonio Quiroga y Piñeiro e Gonzalo Ortiz Amor, Presidente e Director Xeral, respectivamente da Cámara de Comercio da Coruña. Outros visitantes foron Manuel Pose Mesura, Subdelegado do Goberno na Coruña e Camilo Isaac Ocampo Gómez, Subdelegado do Goberno en Ourense. Ademáis estiveron os Concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular, Carlos Negreira, Esther González, Carmen Hervada, Isabel García e Antonio Erias, así como José Manuel Romay Beccaría, Ex Ministro e Ex Conselleiro de Sanidade.

Unha data a destacar dentro da Feira, foi o día 12 de outubro, xa que coincidiu coa entrada en vigor do Estatuto do Traballo Autónomo. Tanto a directiva de FEAGA como os representantes das formacións políticas locais, declararon estar moi satisfeitos pola aprobación desta nova Lei, que ampara a máis de 191.760 traballadores en toda Galicia.

Outro feito concluínte durante os discursos da Feira foi a aprobación da Lei que regula o paso dos traballadores do Réxime Agrario por conta propia ao Réxime Especial de Autónomos, a partir do 2 de xaneiro. Isto significará un incremento do número de autónomos en Galicia. (tendo en conta os datos publicados polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, en Galicia hai 47.896 traballadores no Réxime Especial Agrario por conta propia, polo que a partir de 2008 engadiranse ás listas de traballadores autónomos)

Entre os actos paralelos á Feira cabe destacar a celebración da Xornada Informativa para mulleres emprendedoras, impartida polos Técnicos de Emprego da Federación de Autónomos de Galicia.

Os directivos de FEAGA esperan celebrar a próxima Feira de Mostras dos Autónomos no novo recinto feiral da Coruña, Expo Coruña, o que permitiralle mellorar a feira cualitativa e cuantitativamente, ao pasar dunha superficie de 4.000 metros cadrados a 18.000. Isto ademais permitirá mellorar os deseños dos stands e organizar a feira en corredores sectoriais, así como organizar máis actividades paralelas.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
15/01/2008 ir arriba

Novedades
Resolución de 26 de enero de 2012, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana E
Resolución de 18 de enero de 2012, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publican las sub
Resolución de 30 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Inn
Cerceda: Convocatoria subvencións municipais para a realización de actividades culturais e deportiva
Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións para bolsas de colaboración en oficin
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores