feaga cabecera ancho
Usuario - - Acceso de Usuarios
Lunes - 06.Febrero.2012

Federación de Autónomos de Galicia
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
Convenios
Enlaces de Interés
                          leis Para o Autónomo
Noticias sobre los Autónomos
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
A VOZ DOS AUTÓNOMOS
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
FERIA DE MUESTRAS DE OURENSE
AMPAGA
LEY DE COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
RED EMPLEALIA
REDE CORUÑA EMPREGA
RED TICOS
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Punto Emprende
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

FEMAGA 2009

recomendar  contenido a un amigo

generales_3.jpg

       

       A Federación de Autónomos de Galicia celebrou do 4 o 8 de decembro  de 2009 a XVI Feira dos autónomos FEMAGA 2009, superando un ano mais as expectativas da organización ao recibir a perto de 65.500 persoas no recinto feiral ExpoCoruña.

         Nesta edición usáronse 18.000m2   dos 26.000  m2  dispoñibles no recinto feiral, contando con 279 expositores, con 252 empresas e mais de 1000 marcas. Cabe destacar o feito de que un 78,5% dos expositores que acudiron no ano anterior repetiron  nesta edición. 

        Como ven sendo habitual esta edición de FEMAGA contou con áreas adicadas a alimentación, a automoción, os servizos e productos e a administración, ademais dun salón Internacional de turismo co que se pretendeu promocionar diferentes rexións tanto nacionais como Portuguesas. Sen esquecernos do paseo da Artesanía no que  as asociacións de artesáns galegos, integradas na Federación de Autónomos de Galicia, puxeron  a venda as suas creacións.

         Unha das novidades desta edicición foi a celebración de diferentes salóns como o salón gastronómico que contou cunha representación de varios restaurantes galegos que ofreceron diversas degustacións dos seus productos e mostraron o público os seus servizos.

       Outra  das novidades desta edición foi celebración dun outlet de Nadal  en  colaboración coa Federación Provincial de Comercio da Coruña, onde un bo número de comercios da Coruña  puxeron a venda productos e agasallos de cara o Nadal. Xunto co Outlet do moble, no que moitos comercios do sector expuxeron  os seus stock a precios moi atractivos, levado a cabo en colaboración da Asociación provincial do Moble da Coruña.

inauguraci__n_2.jpg

         

       A inauguración de FEMAGA correu a cargo do conselleiro de economía e industria don Javier Guerra Fernández, acompañado do presidente de FEAGA don Paulino Franco,  do presidente de CAYPE, don Eliseo Calviño, Andrés Hermida Trastoy  director xeral de promoción e emprego, Marta González Vázquez  secretaria xeral de igualdade. O presidente da Fundación Luso-Galaica Antonio Reguera e o resto da directiva da Federación de comercio e o comité organizador de FEMAGA.

      

      O mesmo tempo que se desenvolvía a feira leváronse a cabo diversas actividades de tipo lúdico destacando os concertos da Tuna de veteranos, os concertos do grupo Amizades, o concerto do grupo Bohemios e unha actuación de percusión latina que correu a cargo da escola de música Presto Vivace.

      Un ano mais quíxose homenaxear a presenza de Portugal  en FEMAGA para elo unha delegación da Cámara de Comercio e industria de Horta fixo unha demostración de arte floral con flores das Açores e posteriormente unha degustación de productos das Açores, para así dar a coñecer algúns dos productos mais representativos desta zona de Portugal.

       Dentro da oferta cultural de FEMAGA hai que facer mención os seminarios levados a cabo, destacando a xornada sobre novas liñas de financiamento para os autónomos galegos: plans Re-solve e Re-brote, que contou coa participación do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e algunhas das entidades financieiras colaboradoras co IGAPE

      Tamén se celebrou unha xornada adicada a  lei de prevención de riscos laborais , na que o director Provincial do Issga na  Coruña, Ricardo Amor,  nos puxo o corrente do marco de aplicación, tanto normativo como práctico, desta lei respecto dos autónomos.

      Entre as visitas institucionais á feira, caben destacar a de Gonzalo Ortiz, Director Xeral da Cámara de Comercio de A Coruña; Guillerme Vázquez portavoz nacional do BNG; Ermitas Valencia, concelleira delegada de Xuventude e solidaridade e normalización lingüística do concello da Coruña; Ana Mª Díaz López, directora xeral de formación e colocación; Carlos Negreira, portavoz do PP no concello da Coruña; Pilar Farjas, Conselleira de Sanidade; Belén Do Campo, diputada do PP por a Coruña e  José Manuel Romay Becaria.

     Como actividades paralelas á feira celebráronse dúas galas, a Gala de Radio Turismo, onde se entregaron os premios Nacionais de Gastronomía, Pratos de Ouro de Radio Turismo a diversos restaurantes da comunidade autónoma, a realización desta gala foi posible gracias a participación de José Manuel Madrigal Tobías (Maito) Director de Radio Turismo, Antonio Reguera  Repiso Presidente da Fundación Luso-Galaica, e Luis Fraga director de FEMAGA e que contou coa presenza de  Carmen Pita Urgoiti, Xerente de Turgalicia; Pablo Villamar, Vicepresidente da Diputación da Coruña e Margarida Vázquez, concelleira delegada de igualdade e participación do concello da Coruña.

      A outra Gala levada a cabo foi a Gala do Día das Asociación, coa que a Federación de Autónomos de Galicia e a Federación de Comercio de A Coruña pretenderon  recoñer o  labor que veñen levando a cabo as asociacións que forman parte de ambas Federacións, esta gala contou coa presenza da directora Xeral de Comercio Nava Castro e do  Primeiro Tenente de alcalde do concello da Coruña, Henrique Tello Leon, que foi o encargado de clausurar a XVI Feira de Mostras de A Coruña FEMAGA 2009.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
25/03/2010 ir arriba

Novedades
Resolución de 26 de enero de 2012, de la Secretaría General de Industria y de la Pequeña y Mediana E
Resolución de 18 de enero de 2012, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publican las sub
Resolución de 30 de diciembre de 2011, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Inn
Cerceda: Convocatoria subvencións municipais para a realización de actividades culturais e deportiva
Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións para bolsas de colaboración en oficin
Lo + visto
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2011
PRESTACION POR DESEMPLEO PARA AUTONOMOS
Servicio Galego de Colocación
Página cofinanciada con fondos FEDER y cpor el Mº Industria Turismo y Comercio
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores