Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 25.Abril.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

FEMAGA 2010

enviar a un amigo

 

A Federación de Autónomos de Galicia celebrou do 4 ao 8 de decembro a XVII edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, FEMAGA 2010, cun grande éxito de visitantes, ao alcanzar unha cifra próxima aos 80.000 visitantes nos cinco días de duración desta.
 
Nesta nova edición de FEMAGA usáronse 18.000 m² dos 26.000 m2 de que dispón o recinto feiral Expocoruña, contando coa participación de 220 expositores que representaban a máis de 1000 marcas, cabe destacar que case o 80% dos expositores presentes repetían nesta XVII edición.
 
 
Este ano FEMAGA contou con novidades importantes respecto das edicións anteriores, entre destácaas a oferta cultural coa presentación do primeiro libro do autor portugués Alberto Santos, a Escrava de Córdoba, que contou coa presenza do Historiador Carlos Nuevo Cal e da concelleira de Cultura do Concello da Coruña María Xose Bravo San José, así como do propio autor que asinou exemplares da novela.
 
 PRESENTACIÓN DA ESCRAVA DE CÓRDOBA
 
Nesta edición tívose moi presentes os nenos, os que ademais de gozar das actividades na gardaría, se divertiron nos inchables e na zona de xogos especialmente habilitada para eles con bicicleta e camas elásticas, sen que se nos esquece a pista americana para nenos que a Brilat instalou no recinto feiral, xunto aos vehículos militares dos que puideron gozar todos os visitantes da feira.
 
 
 
Un ano máis se celebro un mercado de oportunidades de comercio, no que todos o que se achegaron a Expocoruña puideron adiantar as compras do Nadal.
 
Nesta nova edición de Femaga tamén se puido gozar das degustacións gastronómicas, cos excelentes produtos das illas de pico e Horta-Faial (Arquipélago das Açores) e dos viños verdes de Felgueiras, así como das saborosas Fabas de Lourenzá (Lugo).
 
Esta edición de FEMAGA 2010 foi inaugurada pola directora Xeral de Formación e colocación dá Xunta de Galicia, Dna Ana María Díaz López, que estivo acompañada por Don Juan Carlos Maneiro cadillo, Director Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Don Francisco Vidal-pardo Pardo, Secretario Xeral da Consellería do Mar. Tamén estiveron presentes Don Carlos Negreira Souto, Voceiro do PP na Coruña e de Don José Antonio de Lorenzo, candidato de UPyD á alcaldía de Coruña, acompañado este último por diversos membros de UPyD da Coruña e Santiago de Compostela.
 
 
 
INAUGURACIÓN A CARGO DE ANA Mª DÍAZ
 
Entre as visitas institucionais á feira cabe destacar a da conselleira de sanidade Dna Pilar Farjas Abadía e da xefa territorial da consellería de Sanidade na Coruña, Dna Enma Rego Valcarce. Os concelleiros populares Don Roberto Coira Andrade e Don Miguel Lorenzo Torres. A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dona Marta González Vázquez, o Tesoureiro e xerente do Partido Popular Don José Manuel Romay Beccaría, a Directora Xeral de Comercio Dona Nava Castro Domínguez, a concelleira de xuventude do Excmo concello da Coruña Dona Ermitas Valencia, a concelleira de Cultura do Excmo concello da Coruña, Dona María Xosé Bravo San José, o candidato á alcaldía polo BNG, don Xosé Manuel Carril, Dona Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade eParticipación Excmo concello da Coruña, ou o Alcalde  Don Javier Losada de Azpiazu, que foi o encargado de clausurar a XVII edición de FEMAGA, quen non quixo deixar de destacar o feito de que esta feira é un exemplo de colaboración e organización e animou a organización a seguir, así como aos autónomos a seguir avanzando, competindo e mantendo o emprego nas Pequenas e medianas empresas.
 
 
 
CLAUSURA A CARGO DO ALCALDE DA CORUÑA JAVIER LOSADA
 
Nesta edición tamén puidemos contar coa presenza de destacadas personalidades do noso país veciño Portugal, como Don Joao Fernando Brum de Acevedo, presidente da cámara de Municipal de Horta, don Ángelo Duarte, presidente da cámara de comercio e industria de Horta. Don Humberto Goulart, directivo da Cámara de comercio e industria de Horta, Don Gualter Couto, Presidente dá Axencia de Promoçao do investimento dás Açores.
 
A unha feira como Femaga non podían esquecerse as xornadas técnicas, como a celebrada en colaboración co IGAPE, na que todos os asistentes puideron coñecer un pouco máis sobre as "ideas Innovadoras para a mellora do negocio".
 
 
 
Femaga foi o marco elixido por Raio turismo para entregar un ano máis os seus pratos de Ouro, cos que premia a excelencia gastronómica e o labor dos restauradores da nosa comunidade nominados nesta ocasión, unha vez máis o mestre de cerimonias foi o Director de Radio Turismo, Juan Manuel Madrigal Tobías "Maito", contando coa presenza do Presidente da Deputación da Coruña, Don Salvador Fernandez Moreda e do Presidente da Deputación de Ourense, Don José Luís Baltar Pumar, que recibiron a Medalla de Ouro da Federación de Autónomos de Galicia e a Medalla de Ouro de Radio Turismo polo apoio aos autónomos e o seu labor de promoción turística das súas respectivas provincias. A gala de entrega dos pratos de ouro pechouse cun concerto do grupo coruñés Amizades.
 
 
Momento da Gala de Radio Turismo
 
 
 
 Os visitantes de Femaga puideron gozar dos concertos gratuítos de Amizades e da Tuna de Veteranos.
 
Femaga tamén foi o marco elixido pola Federación de Autónomos de Galicia para asinar senllos convenios de colaboración coa Asociación Provincial de Amas de Casa, consumidores e Usuarios da Coruña e coa Unión de Consumidores de Galicia.
 
 
 
 
 
 
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
08/02/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina