|
A través do marco da programación da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2016. A Federación de cooperativas SINERXIA e a Unión de Cooperativas de Ensino UCETAG, teñen abertas diversas accións formativas para o mes de setembro. O prazo de inscrición xa está aberto.
A formación que realizará a Federación de Cooperativas SINERXIA, son TALLERES DE DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO EN SECTORES POTENCIAIS, destinada a persoas vinculadas académica ou profesionalmente co sector obxecto do taller, que queiran explorar novos métodos empresariais para emprender dende o inicio dun proxecto ou ben para cooperar e colaborar con outros profesionais do sector.
A formación que realizará a Unión de cooperativas de Ensino UCETAG, é un curso deCREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO – UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO, destinado a persoas que queiran un emprego no ámbito da educación, regrada ou non regrada, e / ou que estean pensando na posibilidade de emprender e queiran coñecer cómo facelo baixo a fórmula da cooperativa de ensino.
A participación nestas actividades é gratuíta, presencial e con posibilidade de certificación.
Adxuntamos carteis das actividades:
feaga.org/uploads/CreacionCooperativasEnsino2016VIGO4ED.pdf
feaga.org/uploads/cartaz taller pontup.pdf
feaga.org/uploads/cartel_mos.pdf
Calquera dubida ou ampliación de información , contactade comigo.
TERESA BALADO BARCIELA
Tfno: 607.69.82.39
|