Usuario - - Acceso de Usuarios
Sábado - 31.Julio.2010

FEAGA
Obxectivos
Servizos
Convenios
Ofertas
Actividades
Noticias
A Revista
Asociarse
Estudos e Guías
Enlace apoyo autonomos
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
Enlace caype
Estás en: Actividades

I CONGRESO GALEGO DE HOSTALERÍA, COMERCIO E AUTÓNOMOS

recomendar  contenido a un amigo

NA BOA DIRECCIÓN "

Celebrouse no Hotel Coia de Vigo, durante o 25 e 26 de Outubro de 2007


Os días 25 e 26 de outubro de 2007 celebrouse no hotel Coia da cidade de Vigo o I Congreso Galego de Comercio, Hostalería e Autónomos con preto de cen congresistas representantes de máis de 75 organizacións dos sectores de comercio hostalería, autónomos e mulleres empresarias.

O Congreso que foi promovido pola Federación de Autónomos de Galicia e organizado pola Asociación de Autónomos de Pontevedra, contou coa colaboración da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Pontevedra, Sanitas, a Confederación de Autónomos y Profesionales de España, a Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Secreteria Xeral de Igualdade e as Direccións Xerais de Turismo e Comercio da Consellería de Innovación e Industria.

Durante os dous días que durou o congreso, debateuse en diferentes mesas redondas, temas relativos ao comercio, a hostalería e o turismo. Así mesmo fíxose unha análise da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, comentouse a problemática das mulleres empresarias e a representatividade das organizacións.

O I Congreso de Hostalería, Comercio e Autónomos,  contou coa presenza de Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade, que presidiu o acto de inauguración, Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio, Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo, Montserrat Prado, Delegada de Turismo en Pontevedra, Alejandro Barahona, Subdirector da Dirección Xeral da Economía Social do Traballo Autónomo e do Fondo Social Europeo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio, e Santiago Domínguez, Concelleiro de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Vigo, quen clausurou o Congreso. Ademáis contou coa participación de representantes de entidades como Femxa Formación, Azetanet, Agestic, Ampea, Omega, Fundación Mujeres e a Fundación Ronsel.

Este congreso enmárcase nos actos que a Federación de Autónomos de Galicia vén organizando con motivo do seu vixésimo aniversario, e tamén por celebrar a recente aprobación, o pasado día 12 de outubro, da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo e tamén a Lei que regula o paso de traballadores do réxime agrario da Seguridade Social, ao réxime de Autónomos.

Segundo as conclusións extraidas do I Congreso de Hostalería, Comercio e Autónomos, é preciso asociarse, estar unidos e potenciar o Asociacionismo. As Federacións e Confederacións, en lexítima defensa dos dereitos dos autónomos, deben facer actividades para intercambiar experiencias, como o caso deste Congreso. O fin é determinar con claridade os criterios de representatividade, e recoñecendo por parte das Administracións, dos órganos oficiais e da sociedade no seu conxunto, a importantísima función social que os Autónomos, máis de 191.000 en Galicia e máis de 3.000.000 no Estado, desenvolven na sociedade, posto que é o colectivo máis xerador e creador de empresas, riquezas e benestar e igualdade e Galicia, España e Europa.

10/09/2007 ir arriba

Novedades
EL CONGRESO APRUEBA LA LEY QUE REGULA LA PRESTACIÓN POR CESE DE ACTIVIDAD DE LOS AUTÓNOMOS
Datos RETA mes de junio
La Xunta rebajará los impuestos para reactivar el sector de la viviendo
El senado aprueba el proyecto de ley que regula el paro de los autónomos
AGESTIC Y ASIMELEC presentan la propuesta HOGAR DIGITAL.
Ley 15/2010, que establece las medidas de lucha contra la morosidad en las operaciones comerciales
Datos R.E.T.A. mes de mayo
Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia 2010
Subvencións para a producción e publicación de contidos dixitais
calendario laboral 2011
Creado con
GestionMax
novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. G-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores