Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 02.Mayo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

I FEIRA DE MOSTRAS DE PONTEVEDRA

enviar a un amigo

 

  

FEIRA DE MOSTRAS DE PONTEVEDRA

 
Inauguarción Oficial da Feira de Mostras de Pontevedra.
 
A Federación de Autónomos de Galicia celebrou do 9 ao 12 de outubro a primeira edición da Feira de Mostras da provincia de Pontevedra, no recinto feiral da Xunqueira.
Nesta ocasión estiveron presentes un bo número de expositores, cercano o centenar, que mostraron os seus productos durante os catro días de duración da feira, nos que os visitantes puideron adquirir dende roupa e calzado ata productos cosméticos, pasando por artigos para o benestar persoal, bisutería ou pequenos electrodomésticos, sen esquecer os productos de alimentación, o que nos amosa a multitude de campos nos que están presentes os autónomos e que son a base principal de feiras coma esta.
A maiores os mais de 7.000 visitantes da feira puideron achegarse aos stands de diferentes administracións, nos que puideron obter información sobre axudas ou programas que se están a levar a cabo e que en moitos casos non se coñecen por o público en xeral o que fai de feiras coma ésta un escaparate ideal para as administracións, para que poidan achegar aos cidadáns todas estas actividades que están a desenvolver.
 
Aínda que a inauguración oficial tivo lugar o día 9 as 18:00 e correu a cargo de Directora Xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, acompañada da Directora Xeral de Formación Ana Mª Díaz López,  o concelleiro de promoción económica do concello de Pontevedra, José Antonio García Lores, o Tenente Coroel da BRILAT, José Luís Sueiras Vilalobos, ademais de outras personalidades do ámbito político, empresarial e militar. Non faltaron a inauguración o comité organizador entre os que se atopaban o presidente de FEAGA, Fco. Javier Pérez, o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera, a Presidenta de AMPAGA, Paloma sobrino entre outros. Tras unha visita a feira , que nesta ocasión contou coa presencia da BRILAT, quen dispuxo dun espacio propio no que se podía facer un repaso fotográfico da historia militar desta entidade, así coma unha mostra de vehículos militares, dotados das mais avanzadas tecnoloxías e que permiten a BRILAT desenvolver a súa actividade en todas aquelas misións nas que participan.
Inauguración oficial por Dona Nava Castro- Directora Xeral de Comercio-
 
 
Nos días previos a inauguración da Feira de mostras a cidade de Pontevedra foi o escenario de diferentes actividades tales coma a entrega de medallas a varios restauradores da provincia, que tivo lugar no Restaurante Corinto, no que se quixo facer unha merecida homenaxe a todos aqueles traballadores autónomos dun sector coma é o do turismo e a restauración. Este acto contou ca presencia e colaboración José María Magaz Ledo, presidente da Federación de Empresarios de Hostalería de Pontevedra (FEPROHOS) e de Hector Cañete Presidente de CEHOSGA(Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia)
 
Coma ven sendo habitual nas diferentes edicións da Feira de mostras organizadas por a Federación de Autónomos de Galicia, cada un dos días de duración da Feira está dedicado a algunha entidade ou rexión en particular, así o día da inauguración oficial a entidade homenaxeada foi o Concello de Pontevedra, con unha visita do comité organizador da feira ao concello, visita que na que se entregaron a Medalla de ouro da Federación de Autónomos ao rexedor municipal, Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, Teresa Casal. Que foron os encargados de inaugurar o libro de Ouro de Feaga. Nesta visita tamén foron agasallados co prato de Ouro de Radio Turismo, entidade que preside Maito e que se encarga de pregoar as bondades da gastronomía e do turismo de noso país.  
 
 
O día 10 de outubro estivo dedicado as Amas de Casa e os Consumidores , a quen se lles fixo entrega de varias distincións, unha visita pola feira e rematada a mesma procedeuse a degustar un viño español.
 
No terceiro día de Feira foi a Deputación de Pontevedra a entidade homenaxeada, tamén foi o día en que se celebrou a Gala do Día do Autónomo. A xornada comezou con unha serie de Talleres, un deles dedicado a prevención de riscos laborais baixo o título“Autónomos e Baixas Laborais: A Importancia da Cultura Preventiva”, no que se tratou de afondar nas dificultades dos autónomos ante a prevención de riscos laborais, a súa vulnerabilidade ante os ricos laborais, así coma diversos temas relacionados coas prestacións e coberturas en caso de accidente ou enfermidade, ou as prestacións por incapacidade ou as baixas por maternidade. Outra das Xornadas foi impartida polo IGAPE e que levou por título “Instrumentos para a mellora da competitividade de Pemes e Autónomos”, no que os técnicos do Instituto Galego de Promoción económica deron a coñecer os aspectos máis interesantes da creación e consolidación de empresas competitivas así como os instrumentos e as principais liñas de actuación do IGAPE en materia de Innovación.
 
Este día houbo unha visita do comité organizador da Feira a Deputación de Pontevedra, na que foron recibidos polo seu presidente Rafael Louzán Abal, e polo vicepresidente José Juan Durán; nesta ocasión a Deputación foi agasallada con a Medalla de Ouro da Federación de autónomos, que recolleu o seu presidente, e co prato de Ouro de Radio Turismo por ser un dos organismos provinciais que mais festas de tipo gastronómico patrocina.
 Visita a Deputación de Pontevedra
Finalizada a visita a Deputación Provincial, trasladáronse ao Castelo de Soutomaior onde se produciu unha Xuntanza de Presidentes de Asociacións da provincia de Pontevedra .
 
Xa pola noite tivo lugar a Gala do Día do Autónomo da provincia de Pontevedra, na que se fixo entrega das distincións autónomos do Ano, Autónomos de Honra a diferentes traballadores por conta propia da provincia, co galardón de autónomo do ano preténdese recoñecer a labor levada a cabo por os traballadores autónomos en activo que destacan pola súa humanidade, colaboración e simpatía, sobresaíndo no seu ámbito e sendo un exemplo a seguir. A Distinción de Autónomo de Honra recae sobre aqueles Autónomos xa xubilados ou a piques de estalo que destacaron polo seu apoio o colectivo e que alcanzaron as maiores cotas no desenvolvemento da súa profesión.
 
Xunto con estes galardóns entréganse unhas mencións especiais a diferentes entidades que destacan ou ben pola súa labor social ou polo apoio prestado aos autónomos en xeral e a Federación de autónomos na celebración desta feira en particular.
 
O lugar elixido para a entregas destas distincións foi o Pazo da Cultura de Pontevedra; Nesta edición foron galardoados corenta e sete traballadores autónomos e entregáronse dezanove mencións especiais nunha gala chea de emocións a que acudiron preto de cincocentas persoas.
Premiados gala do día do Autónomo da provincia de Pontevedra
 
Cabe destacar a presencia do concelleiro de promoción económica do Concello de Pontevedra, José Antonio García Lores, a edil del PP, Guadalupe Murillo, a deputada da Excma. Deputación de Pontevedra, Francisca Canal Gómez, o comisario xefe da Policía Nacional José Manuel Salgado, o Coronel en xefe da comandancia da Garda Civil, Rafael Daza Pichardo; o Xeneral Xefe da Brilat, José Antonio Alonso Miranda, o presidente da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra Antonio Reguera; o presidente da Federación provincial de Comercio de A Coruña, Miguel Agromayor, así como os presidentes das asociacións que propuxeron aos premiados en cada unha das categorías, que foron, os encargados de entregar varios dos galardóns, membros da directiva da Federación de Autónomos de Galicia, varias das directivas de Ampaga, entre outros.
 
Unha vez rematada a entrega de distincións e os correspondentes discursos, os asistentes puideron disfrutar dun concerto do recoñecido grupo musical Coruñés Amizades, que tocaron algúns dos seus maiores éxitos.
 
Finalizado o concerto os asistentes puideron degustar un coctel, co que se quixo agasallar a todos os asistentes a gala e que puxo o punto e final a un día cheo de actividades.
 
O 12 de outubro, día da Festa Nacional, foi o derradeiro día no que os pontevedreses puideron visitar a feira , este día estivo dedicado a  Portugal. Por ese motivo tivo lugar unha recepción a diversos representantes do pais veciño.
 
Nesta última xornada tamén houbo tempo para a formación xa que se levou a cabo unha xornada en colaboración co Igape que baixo o título “ O futuro das feiras multisectoriais en Galicia, as competitividade dos recintos feirais” puxo o colofón as actividades de tipo divulgativo desenvoltas no seo da I Feira de Mostras dos Autónomos de Pontevedra.
 vistas xerais da feira de mostras de pontevedra
A Clausura oficial foi as seis da tarde, aínda que a feira permaneceu aberta ata as nove da noite, hora en que se deu por rematada a I edición da Feira de Mostras de Pontevedra que durante catro intensos días estivo aberta ao público en xeral, en horario ininterrompido de once da maña a nove da noite.
 

 

 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
20/01/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina