Informámoslles que, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, convoca :Lacónicas - II Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos- Entroido - A Coruña 2017.
Poderán participar aqueles establecementos de hostalería da cidade, que pola súa traxectoria profesional e proposta gastronómica, encaixen na temática das xornadas, previa inscripción no prazo e forma establecidos nas bases.
As xornadas celebraranse do 20 de febreiro ao 5 de marzo do 2017 (ambos inclusive).
Achegámoslles bases de participación; de estar interesados rogamos póñanse en contacto connosco contestando ao mail ou nos teléfonos abaixo indicados. Este ano so hai modalidade TRADICIONAL.
Se quere participar confirme este mail para a reserva de praza, a recepción de inscripcions, debidamente cubertas, remata o 10 de xaneiro, ás 14 horas.
Desexando contar coa súa participación, agradecémoslle a máxima difusión posible.
Grazas de antemán.
Oficina Técnica _ Lacónicas
" II Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos " Entroido - A Coruña 2017 "
|