O CDTIC da Amtega organiza en novembro unha nova edición do programa #MesD centrado no manexo de ferramentas audiovisuais
- Entre o 12 e o 28 de novembro, o Centro Demostrador acollerá tres sesións formativas dedicadas a diferentes ferramentas audiovisuais: Adobe Premiere Pro, Gimp e Inkscape.
- Estas actividades enmárcanse no programa #MesD, que chega así á súa cuarta edición.
- A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web ou na aplicación do CDTIC.
Máis información no seguinte enlace: cdtic.xunta.gal/mesd-multimedia
|