Adjuntamos convocatoria de la Diputación de A Coruña, por si fuese de interés.
A Deputación da Coruña ven de convocar a cuarta edición dos Premio PEL (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL).
Dentro das cinco categorías que conforman estes premios inclúese unha categoría destinada ás asociacións, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña. Con este galardón de 15.000 euros preténdese recoñecer e promocionar o traballo realizado polas asociacións empresariais que impulsan a iniciativa empresarial e o emprendemento, promoven a xeración de emprego de calidade e, en definitiva, contribúen á fixación da poboación.
A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da memoria de candidatura e dos estatutos da asociación a través da plataforma Subtel.
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.
Pode consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP tanto en Subtel como na páxina web dos Premios PEL: https://emprego.dacoruna.gal/lineas/lina-2-pel-emprende/premio-provincial-mellor-iniciativa-empresarial/
Agradecémoslle de antemán a súa difusión e participación.
O Equipo Técnico do Plan de Emprego Local
|
Plan de Emprego Local
pel@dacoruna.gal
Tel. 981080509

Francisco Javier Pérez Bello
PRESIDENTE
FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Avenida Finisterre, 27, 1º-Dcha.
15142 – Arteixo (A Coruña)
Tfno: 881 250 312
Móvil: 646.840.607
Mail: presidencia@feaga.org Web: www.feaga.org
|
|