Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 26.Abril.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

Presentación do Estudio Diagnóstico da Situación dos Autónomos Ano 2011

enviar a un amigo

A Federación de Autónomos de Galicia presentou o pasado día 25 de Xaneiro na cidade de Pontevedra e posteriormente en Vigo o Estudo Diagnóstico da Situación dos Autónomos no Ano 2011.

Na provincia de Pontevedra tivo lugar unha perda moi importante do número de autónomos xa que o ano empezou con 67.455 afiliacións e cerrouse en Decembro con 67.002. O sector de actividade con maior porcentaxe de traballadores autónomos é o comercio cunha cifra superior ó 28%.

A presentación correu a cargo do Presidente da Federación de Autónomos de Galicia, Francisco Pérez Bello e o Presidente da Federación Provincial da Provincia de Pontevedra, Antonio Reguera Repiso.

O pasado 31 de Xaneiro a Federación de Autónomos de Galicia presentou o Estudo da Situación dos Autónomos, na cidade de Lugo. O Presidente de Feaga, Francisco Javier Pérez Bello explicou como no ano pasado 621 autónomos deixaron de cotizar con respecto o ano 2010. Tamén sinaluo a importante baixada da porcentaxe de mulleres autónomas nesa provincia. No acto tamén contamos coa presenza de Marta Barreiro Castro, Xefa Territorial da Consellería de Presidencia, Francisco Fraga López, Teniente Alcalde do Concello de Lugo,  Gonzalo Abuin Pérez , Presidente da Asociación de Autónomos de Lugo e de José María Seijas López, Presidente da  Federación Galega de Comercio.

Tamén presentouse o Estudo da Situación dos Autónomos na Provincia de Ourense. Os datos demostran como en Ourense houbo un descenso de un 1,01% na porcentaxe de autónomos afiliados. O sector con maior número de afiliacións é o Comercio e Reparación de Vehículos cun 24,09%. Na presentación contamos coa intervención de Dna. Amparo González, Directora Xeral de Prmoción do Emprego da Xunta de Galicia, D. José Angel Vázquez Barquero, Concelleiro de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ourense, D. Enrique García, Vicepresidente da Federación de Comercio de Ourense, D. Fco. Javier Pérez Bello, Presidente de FEAGA e a Presidenta de AMPAGA, Dna. Paloma Sobrino Butragueño.

 A seguinte cidade foi A Coruña. Nesta provincia houbo 1244 afiliados menos ó Réxime Especial de Traballadores Autónomos. O sector de actividade que maior porcentaxe presenta de afliacións é o sector do Comercio. O Estudo foi presentado polo Presidente de Feaga, D. Fco. Javier Pérez Bello e contou coa presencia da Concelleira de Emprego e Empresa do Concello da Coruña, Dna. María Luisa Cid; a Vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, Dna. Mariel Padín; o Presidente de Caype, D. Eliseo Calviño e a Presidenta de AMPAGA, Dna. Paloma Sobrino.

 

O pasado 2 de Marzo a Federación de Autónomos presentou o "Estudo da Situación dos Autónomos na Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal". Os datos nestas Comarcas amosan que dende decembro de 2008 na Comarca de Ferrol, 579 autónomos deixaron de cotizar ó RETA, na Comarca no Eume foron180 e por último na Comarca de Ortegal a cifra ascendeu a 105. O Estudo foi presentado polo Presidente de Feaga, Fco. Javier Pérez Bello e contou coa presenza do Presidente da Asociación de Autónomos de Ferrol, Juan José Caínzos.

 

 Por último o pasado 20 de Marzo a Federación de Autónomos presentou o "Estudo da Situación dos Autónomos na Comarca do Baixo Miño" no municipio da Guarda. Nesta comarca o descenso no número de Autónomos afiliados ó RETA foi mais leve (-12) que no ano 2010 (-37) e sobre todo no (-129). O municipio que presenta maior porcentaxe de Autónomos é Tui cun 35% seguida de Tomiño cun 25%. O Estudo foi presentado polo Presidente de Feaga Fco. Javier Pérez Bello e a Secretaria Xeral, Paloma Sobrino Butragueño. A Presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda ACIGU, Carmen García tamén participou no acto

.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
26/01/2012 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina