Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 19.Abril.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Actividades

ultima hora 650x130

Presentación Estudio Diagnostico da Situación dos Autónomos no ano 2010

enviar a un amigo

 

A federación de Autónomos de Galicia presentou, no pasado mes de marzo, un estudo diagnóstico da situación dos traballadores autónomos na comunidade autónoma de Galicia durante o ano 2010.
 
Neste estudo faise unha análise detallada da situación dos traballadores por conta allea nas catro provincias galegas.
 
A Coruña foi a primeira das cidades onde se presentou o estudo, nesta ocasión a Federación de Autónomos de Galicia contou coa presencia do concelleiro de promoción económica, emprego, consumo e turismo, Henrique Tello, quen non deixou de mostrar a súa sorpresa co feito de que os autónomos fan un uso moi baixo das novas tecnoloxías a hora de promocionar os seus negocios. Tamén estiveron presentes nesta presentación o presidente da federación provincial de comercio de A Coruña Miguel Agromayor, o presidente de CAYPE, Eliseo Calviño, a Presidenta de AMPAGA Paloma Sobrino.
 
 
 rolda de prensa en Coruña
 
Na provincia de Pontevedra a presentación correu a cargo do presidente de FEAGA, Francisco Javier Pérez e do presidente da Federación provincial da provincia de Pontevedra Antonio Reguera Repiso,  que presentaron o estudo na cidades de Pontevedra e Vigo.
 
 
Rolda de prensa en Vigo
 
Dos datos do estudo desprendese que na provincia de Pontevedra o 28% dos autónomos adícanse o comercio polo miúdo, Antonio Reguera destacou o feito de que na cidade de Pontevedra o comercio tradicional modernizouse e gracias ós eventos postos en marcha están facendo que este resista mellor a crise. Fronte a esta situación na cidade de Vigo o comercio é un dos grandes prexudicados, vendo no ano 2010 como máis de 500 negocios tiveron que pechar, e as campañas de Nadal e as rebaixas non  foron quen de por freo a esta situación. En total a provincia de Pontevedra perdeu no ano 2010 un total de 1.489 traballadores por conta propia.
rolda de pensa de pontevedra
 
A provincia de Ourense é a que ten un descenso menor no número de autónomos durante o ano 2010, con 733 afiliados menos. Esta é a provincia galega con menor número de traballadores autónomos, en decembro de 2010 eran 26.486 o que supón un 12,02% do total. O lugar elixido para presentar o estudio foi o salón de actos da Fundación Nova Caixa Galicia, na que estiveron presentes o vicepresidente da Federación Provincial de Comercio de Ourense, Cándido J. Espino González, a presidenta de AMPAGA, Paloma Sobrino entre outros.
 
rolda de prensa en ourense
 
A derradeira das cidades galegas onde foi presentado o estudo diagnóstico dos autónomos galegos foi Lugo, contando cá presenza de Lara Méndez López, Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo; José Rábade Arias, Concelleiro de Protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes del Concello de Lugo e de. José Sánchez Bergantiños, Vicepresidente da Federación Galega de Comercio e Aurelio Cruz, presidente en funcións da Asociación de Autónomos de Ourense.
 
Lugo conta có 17,36% do total de autónomos de Galicia. En canto o reparto por sectores de actividade a maioría adícanse a agricultura, gandería e silvicultura e pesca, un 40,30% con 15.368 afiliados neste sector.

rolda de prens en lugo

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
29/04/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina