LUGAR DE CELEBRACIÓN: CDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/n)
O obxectivo desta sesión é presentar FacturaScripts, un programa fácil, de software libre, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa sen moito esforzo, xa que xera ao momento todo o necesario para que vostede se centre no seu negocio. Conforme fai as facturas ou albarás, dá de alta os clientes ou provedores, engade os produtos ao catálogo e xera os asentos contables. No mesmo proceso calcúlanse os prezos de custo ou asígnanse os de venda.Tamén é un excelente programa para facer orzamentos e permite, cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que aforra tempo de xestión.
|