Tras a posta en marcha da3ª Edición do Proxecto CeMIT-Innova, convidámoslle a participar no Taller práctico sobre Metodoloxías participativas aplicadas ao deseño de proxectos, que terá lugar o próximo día 24 de marzo, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia(C/Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela) entre as 09:30 e as 14:00 horas.
Durante a xornada abordaranse técnicas de liderado de proxectos, así como metodoloxías participativas (creatividade, Design thinking, Canvas) que permitan deseñar novos proxectos de Innovación Social Dixital, baseados en necesidades reais, creados a través da interacción entre distintos axentes e aliad@s locais.
A invitación ao obradoiro está aberta aos aliad@s dixitais do Plan de Inclusión Dixital 2020, pero tamén aosresponsables das aulas CeMIT e aos voluntari@s. A colaboración conxunta de todos os axentes do ecosistema será clave para definir proxectos que respondan ás necesidades reais para mellorar a vida das persoas e para crear experiencias exemplarespara o resto do territorio galego.
A inscrición ao evento (gratuíta) realizarase a través do seguinte enlace: INSCRICIÓN AO EVENTO
FAITE DIXIT@L!!
Departamento da Sociedade da Información. Área Sociedade Dixital
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Xunta de Galicia
Tel: 881 999120
faitedixital.amtega@xunta.es
Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia
Cidade da Cultura de Galicia – Monte Gaiás s/n
15702 Santiago de Compostela
|