Dende o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), estamos a traballar na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC.
Con este motivo, puxemos en marcha, o pasado ano, a campaña "1 mes, 1 profesión dixital",co obxectivo de concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías.
Comezamos neste mes a edición de 2016 coa xornada Faladoiros dixitais ao redor do Big Data, na que coñeceremos, da man de expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual.
O novo encontro terá lugar o vindeiro 29 de abril, a partir das 9:45 horas na Centro de coñecemento “La Molinera”, en Ourense.
A inscrición, que é de balde, está xa aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org.
Programa adjunto: feaga.org/uploads/Xornada Big Data.pdf
www.cpeig.gal
|