A Asociación de Autónomos de Galicia organiza en colaboración coa Excma. Deputación Provincial de A Coruña, a xornada “Unha idea, un proxecto, unha realidade” na Galería Sargadelos de Ferrol.
A xornada, que se celebrará o próximo venres 29 de xuño, a partir das 10:30 horas, ten como obxectivo iniciar aos asistentes no proceso de creación e posta en marcha dun proxecto empresarial, así como promover o autoemprego como fórmula de acceso ao mercado de traballo.
A asistencia é libre e gratuita, trala correspondente inscrición, que poderán formalizar nas oficinas da Asociación (Punta Arnela – A Malata,s/n), chamando ao 981 37 30 77 ou ben por correo electrónico na seguinte dirección: feagaferrol@feaga.org
|