As redes 5G están a dar os seus primeiros pasos e espérase que nos próximos anos o seu despregamento sexa xa unha realidade e pasen a converterse nunha infraestrutura básica para a transformación dixital, xunto con outras tendencias como o big data, a intelixencia artificial ou a internet das cousas.
«Oportunidades e retos das redes 5G» articúlase como un foro de debate arredor do marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que estas terán na sociedade galega, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.
Modos de inscrición:
A) Pola web do CDTIC.- Rexístrese na web (se non está rexistrado), acceda ao seu espazo de empresa e profesionais, e inscríbase na actividade
B) Por correo-e.- Envíe un correo a cdtic@xunta.gal cos datos do asistente: nome e apelidos, entidade/empresa, e correo (se é diferente o do remitente)
Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.
Para ver el programa, fechas y horarios pueden pinchar en el siguiente enlace:
cdtic.xunta.gal/oportunidades5g
|