
A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co CDTI, organiza o próximo 11 de abril en Ferrol unha xornada informativa sobre os programas de cooperación tecnolóxica internacional financiados polo CDTI.
Durante esta xornada o CDTI presentará os principais programas de cooperación tecnolóxica internacional que financia (Eureka, Eurostars, Iberoeka, etc.), as convocatorias activas nas que participa así como a planificación das próximas convocatorias e iniciativas de interese.
Os técnicos do CDTI tamén presentarán o novo programa Innowwide que financia estudos de viabilidade de modelos de negocios innovadores desenvolvidos polas pemes.
As entidades que teñen a intención de participar nalgún dos programas de cooperación internacional de I+D+i ou no programa Innowwide terán a posibilidade de manter unha entrevista persoal cos representantes do CDTI.
Programa e inscripción dispoñible nesta ligazón.
Esperamos contar coa vosa presenza, saúdos,
Axencia Galega de Innovación
Galactea-Plus, Enterprise Europe Network
|