Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 29.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

A Laracha: Aprobación das bases reguladoras de concesión de axudas ás familias para a escolarización

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Aprobación das bases reguladoras de concesión de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos, curso 2011-2012

 

EDICTO

O alcalde-presidente do Concello, mediante resolución de 5 de setembro de 2011, aprobou as bases reguladoras da concesión de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos, curso 2011/2012.

O expediente incoado e as citadas bases expóñense ó público na Secretaría Xeral do Concello durante o prazo de quince días, co fin de que se poidan presentar as alegacións ou suxestións que se estimen pertinentes. De non formularse, o acordo de aprobación entenderase elevado automáticamente a definitivo.

A presentación de solicitudes de subvención poderase efectuar durante vinte días naturais a partir do día seguinte á publicación destas bases no B.O.P. Non obstante, no suposto de presentarse alegacións ou suxestións, entenderase suspendido dito prazo ata a aprobación definitiva das bases.

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS, CURSO 2011/2012

1.–DISPOSICIÓNS XERAIS.

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos de concesión de axudas para a afrontar os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, constituíndo unha acción de fomento que busca a correcta escolarización dos nenos pertencentes ás familias menos favorecidas, entendéndose por tales as que se definen nestas bases.

A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tal e como se define na base 20.ª das de execución do orzamento.

2.–OBXECTO, FINALIDADE, FINANCIAMENTO E CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias para atender os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, entendendo por tales a compra de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados con aquel, e para os que non perciban outra axuda polo mesmo concepto doutros organismos e/ou administracións públicas.

Para o financiamento deste programa de axudas existe crédito por importe de 40.000,00 euros na partida 320.481.00 do orzamento xeral do Concello para 2011.

As axudas que se concederán por un importe total de 40.000,00 euros serán 367 a distribuír na forma seguinte:

• 40 para estudos de educación infantil de calquera ciclo, de 80 euros cada unha.

• 221 para estudos de educación primaria, secundaria obligatoria e programas de garantía social, por 60 euros cada unha.

• 42 para estudos de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, de 150 euros cada unha.

• 24 para alumnos con necesidades educativas especiais, de 300 euros cada unha.

• 40 para estudos universitarios de grao medio ou superior, de 250 euros cada unha.

No caso de quedar axudas sobrantes nalgunha das categorías, seu importe poderase destinar a completar as axudas dispoñibles noutras categorías con exceso de solicitudes válidas sobre axudas dispoñibles.

3.–BENEFICIARIOS.

Terán a condición de beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar empadroados no Concello da Laracha polo menos un dos pais ou titores legais, así como os fillos menores para os que se solicite a axuda. No caso de que o solicitante sexa maior de idade, unicamente será necesario que estea empadroado o solicitante.

2. Ter fillos cursando algúns dos estudos subvencionables segundo o apartado dous das presentes bases en calquera dos centros docentes localizados no termo municipal, ou en centros localizados noutros termos cando sexa xustificado o motivo da escolarización nese centro (proximidade xeográfica, dispoñibilidade de transporte, especialidade formativa ou nivel educativo non existentes no termo municipal).

3. Pertencer a unha unidade familiar con ingresos anuais per cápita non superiores a 5.460,00 euros (para familias con un ou dous fillos), a 4.488,40 euros (para familias con tres fillos), a 3.840 euros (para familias con catro fillos), ou a 3.378,00 euros (para familias con cinco ou máis fillos). Para o cálculo dos ingresos anuais per cápita dividirase a parte xeral da base impoñible previa a aplicación do mínimo persoal e familiar de todos os membros da unidade familiar entre o número total de membros da unidade (con independencia de que estean ou non empadroados no Concello). Esa parte xeral da base impoñible, no caso de familias numerosas, incrementarase en 602 euros por fillo a partires do terceiro.

No caso de que non se chegasen a conceder todas as axudas ofertadas, existindo solicitudes de unidades familiares con ingresos anuais superiores, estas poderían ser consideradas como beneficiarias, sempre respectando a maior preferencia das familias con menos ingresos per cápita, calculados do mesmo modo detallado no parágrafo anterior.

Considerarase a estes efectos unidade familiar aos pais ou titores, aos fillos menores de 18 anos e aos maiores de idade que non sobrepasen os 25 anos sempre que estean estudando e non obteñan ingresos.

4.–PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE.

4.1.–Prazo: as solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

4.2.–Lugar: Rexistro Xeral do Concello da Laracha.

4.3.–Documentación que se deberá acompañar:

1. Fotocopia do DNI do alumno/s e do cabeza de familia ou titor, cando aquel/es sexa/n menor/es de idade.

2. Fotocopia do libro de familia.

3. Fotocopia ou resgardo da matrícula para o curso escolar correspondente

4. Fotocopia da declaración do I.R.P.F. do ano 2010, (ou, no seu caso, certificado de non ter que facela, correspondente a todos os membros da unidade familiar), ou autorización expresa ó Concello da Laracha para a obtención dos datos fiscais. No caso que da unidade familiar forme parte algún pensionista, achegarase o certificado da seguridade social dos ingresos percibidos por este concepto. Poderán ser admitidos, asi mesmo, outros medios de xustificación de ingresos como fotocopias das nóminas, certificados do INEM ou, en defecto de todos os medios anteriores, declaración xurada de ingresos.

5. Libro de cualificacións ou certificación académica das cualificacións do curso inmediatamente anterior.

6. Para xustificar os gastos de aluguer de vivenda, copia do contrato de aluguer e recibo de pagamento de aluguer da vivenda do estudante ou da vivenda habitual da unidade familiar.

7. Para xustificar os gastos do préstamo hipotecario, copia do recibo bancario de amortización de préstamo hipotecario.

8. No caso de solicitudes de axudas para alumnos con necesidades educativas especiais, deberá presentarse certificado médico do grao de minusvalía cunha porcentaxe igual ou superior ó 33%.

No caso de que fosen apreciados defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días, arquivándose o expediente sen máis trámites se esta non se efectuase.

5.–CRITERIOS DE OUTORGAMENTO.

A estimación dos méritos dos solicitantes efectuarase seguindo os criterios do seguinte baremo:

• Expediente académico: estimarase a nota media do último curso aprobado polo solicitante: sobresaliente (2 puntos), notable (1,5 puntos), ben (1 puntos), suficiente (0,5 punto), P. A. (2 puntos), P (1,5 puntos).

Excepcionalmente poderanse conceder axudas para alumnos repetidores sempre que a situación económica así o xustifique.

• Ingresos anuais per cápita: ingresos ata 2.184,00 euros (4 puntos); ingresos ata 3.276,00 euros (3 puntos); ingresos ata 4.368,00 euros (2 puntos); ingresos ata 5.370,00 euros (1 punto). A efectos do cálculo dos ingresos tomarase a parte xeral da base impoñible do I.R.P.F. previa á aplicación dos mínimos, ou ben os ingresos brutos resultantes dos outros medios de acreditación previstos no punto 4.3.4 das presentes bases.

• Número de membros da unidade familiar ou de residentes no domicilio: por cada membro ou residente, 1 punto.

• Condicións familiares do solicitante: ser orfos absolutos (1,5 puntos); pertencer a familia monoparental (0,5 puntos); residir en vivenda alugada ou financiada mediante hipoteca (0,5 puntos).

Soamente en casos excepcionais de carencia económica se poderá adxudicar máis dunha axuda por familia, segundo o crea convinte a comisión de valoración, adxudicándose como número máximo 2 axudas por familia.

En base aos criterios anteriormente expostos, a comisión de valoración, establecerá, para cada unha das categorías de estudos subvencioables, e dacordo cos puntos obtidos por cada solicitante, unha orde de puntuación. Proporase o outorgamento de axudas aos alumnos con máis puntuación dentro de cada unha das categorías, co límite do número de axudas disponibles para cada categoría.

A prioridade na selección dos solicitantes no caso de empate virá determinada por esta orde: a prol da menor capacidade económica, a prol das mellores cualificacións académicas, e a prol do número de membros da unidade familiar.

Para o caso de alumnos con necesidades educativas especiais, os criterios anteditos serán tidos en conta no informe individualizado de cada solicitude que deberán emitir os servizos sociais do Concello, no que se valorará a procedencia ou non do outorgamento da subvención en cada un dos casos, e que servirá como xustificación desta.

6.–PROPOSTAS DE SUBVENCIÓNS.

A comisión de valoración de subvencións procederá á proposta de concesión de subvencións segundo os criterios previstos nas presentes bases. A proposta deberá conter a relación de solicitantes para os que se propón a subvención, a súa contía e os criterios de valoración que den lugar á proposta.

A comisión de valoración de subvencións terá a seguinte composición:

Alcalde-presidente do Concello, ou membro da Corporación en quen delegue.

Concelleira de Ensino, Cultura, Deportes e Xuventude.

Concelleira de Servizos Sociais.

Actuará como secretario o da corporación ou funcionario en quen delegue. A comisión de valoración poderá recabar a axuda que estime oportuna dos servicios municipais para a valoración das peticións de subvencións.

7.–CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS.

Posteriormente á proposta efectuada pola comisión de valoración, a proposta pasará á Intervención Municipal para que realice a súa fiscalización.

A partir da proposta da comisión de valoración informada pola Intervención, a Xunta de Goberno Local concederá as subvencións mediante acordo no que se especifique a relación de solicitantes aos que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes.

O prazo máximo para resolver será de tres meses contados a partir da finalización do prazo de solicitude das subvencións.

O outorgamento das subvencións notificarase aos interesados dacordo co establecido nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante o prazo de un mes.

8.–XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

O pagamento das axudas efectuarase aos beneficiarios ou aos seus representantes legais cando sexan menores de idade, unha vez resolta a concesión das mesmas, cos seguintes requisitos (excepto no caso das axudas para alumnos con necesidades educativas especiais):

1. Presentación de facturas do exercicio con todos os requisitos regulamentarios, xustificativas de ter adquirido libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados co inicio do curso escolar, por importe igual ou superior á contía outorgada.

2. Declaración xurada de que non foron percibidas outras axudas polo mesmo concepto doutros organismos e/ou administracións públicas.

A xustificación deberá facerse antes do 30 de novembro do ano 2010.

9.–DISPOSICIÓN FINAL.

Para o non regulado nestas bases estarase ao disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A Laracha, 6 de setembro de 2011.

O alcalde

José Manuel López Varela

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
14/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina