Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

A Pobra do Caramiñal: Convocatoria de subvencións para actividades deportivas, educativas e de carác

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

A Pobra do Caramiñal

Convocatoria de subvencións para actividades deportivas, educativas e de carácter social para o ano 2011

ANUNCIO

Aprobada pola Xunta de Goberno Local deste Concello, celebrada o 26 de outubro de 2011, a convocatoria de subvencións municipais para o ano 2011 destinadas a actividades deportivas, educativas e de carácter social, procédese á publicación da mesma aos efectos oportunos:

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E DE CARÁCTER SOCIAL PARA O ANO 2011

1.–OBXECTO.

Coa finalidade de promocionar actividades educativas que impulsen a mellora da calidade educativa, tanto a través dos centros de ensino como das asociacións de pais de alumnos, actividades deportivas en clubs e asociacións deportivas e actividades dirixidas a persoas con discapacidade ou de carácter social a través de asociacións, conforme ao disposto no art. 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, no RDL 2/2004, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, no Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 5/1997 de administración local de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nas Bases de Execución do Orzamento para o exercicio 2011, convócanse, para o exercicio 2011, as subvencións reguladas na presente convocatoria.

Quedan excluídas desta convocatoria:

Primeiro.–As actividades realizadas fóra do termo municipal, agás aquelas que segundo criterio técnico sexan de especial relevancia.

Segundo.–As actividades suxeitas a convenios de colaboración co Concello, que pola súa natureza non serán obxecto de concorrencia.

As subvencións non nominativas outorgaranse baixo os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

2.–FINANCIAMENTO.

O financiamento das subvencións realizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias e polos importes máximos que se detallan a continuación:

a) Actividades educativas: aplicación orzamentaria 324.489.00.

Consignación: 3.000,00 €.

b) Actividades deportivas: aplicación orzamentaria 341.489.00.

Consignación: 20.000,00 €.

c) Actividades de carácter social: aplicación orzamentaria 231.489.00.

Consignación: 3.000,00 €.

3.–BENEFICIARIOS.

Poderán acceder a estas axudas:

a) Os centros de educación infantil, de ensino primario e secundario públicos e privados concertados do Concello da Pobra do Caramiñal.

b) As asociacións de pais de alumnos do Concello da Pobra do Caramiñal.

c) Os clubs e asociacións deportivas do Concello da Pobra do Caramiñal.

d) As asociacións de carácter social do Concello da Pobra do Caramiñal.

Ditas entidades deberán reunir os seguintes requisitos:

• Estar legalmente constituídas.

• Carecer de ánimo de lucro.

• Desenvolver as súas actividades preferentemente no termo municipal.

• Non estar pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello da Pobra do Caramiñal.

• Estar ó corrente das obrigas tributarias e ca Seguridade Social.

• Nos estar incursas en ningunha das situacións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4.–SOLICITUDES.

As solicitudes formularanse segundo modelo normalizado que se facilitará nas oficinas do Concello, ó que se unirá a seguinte documentación:

 Memoria explicativa das actividades realizadas e que se pretenden realizar, incluíndo as datas previstas para a súa realización.

 Orzamento detallado dos gastos e ingresos previstos en ditas actividades.

 Certificación do acordo de solicitude e do nomeamento de representante para as relacións co Concello, segundo modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.

 Certificación e relación do número de licencias federativas e do deporte escolar na temporada 2011-2012 no caso de clubs e asociacións deportivas e do número de alumnos matriculados no caso de centros de ensino e APAS.

 Xustificante de participación en competicións (documento de inscripción, clasificación, acta).

 Fotocopia do CIF da entidade.

 Certificación de datos bancarios, emitida pola entidade bancaria correspondente.

 Fotocopia dos Estatutos.

 Cando o importe da subvención solicitada sexa superior a 3,000 euros, deberá aportarse certificación acreditativa de estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, expedidas polos órganos competentes da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Seguridade Social.

A documentación á que se refiren os tres últimos puntos non será preciso presentala de novo se xa se presentou en convoctorias anteriores e consta nas dependencias municipais, debendo indicarse na solicitude o ano da convocatoria en que se presentou dita documentacion.

A documentación que se presente fotocopiada deberá estar compulsada.

As solicitudes, xunto co resto da documentación, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo que se determine na convocatoria.

No caso de que se aprecie ausencia dalgunha documentación ou erros na mesma requirirase ó solicitante para que no prazo máximo e improrrogable de 10 días proceda á súa emenda.

5.–LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 15 días a contar dende o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

6.–GASTOS SUBVENCIONABLES.

1. Poderán ser obxecto de subvención os gastos derivados de realización de actividades dos solicitantes realizados no ano 2011. No caso das subvencións para actividades educativas e nas de carácter social, somentes serán subvencionables proxectos ou actividades concretos e individualizados, polo que non serán subvencionables as solicitudes para o financiamento do conxunto anual de actividades ou para gastos xerais anuais de funcionamento da entidade. A estes efectos, deberá detallarse na solicitude a identificación concreta do programa, proxecto ou actividade para a que se solicita a subvención, así como a súa descrición, orzamento, beneficiarios, datas de realización e demais información relevante a efectos da súa baremación a fin de determinar a subvención a conceder.

2. En ningún caso terán o carácter de subvencionables os gastos derivados da adquisición de bens inventariables, tales como bens inmobles, vehículos, equipos informáticos, maquinaria e en xeral aqueles bens que teñan a consideración de inversión ou equipamento. Tampouco serán obxecto de subvención os gastos financeiros, notariais, rexistrais, periciais, multas, sancións e recargos administrativas ou penaies, nin os tributos directos a cargo dos beneficiarios.

3. Únicamente serán subvencionables os gastos que respondan de maneira inequívoca á natureza da actividade subvencionada e se realizaran no ano 2011. Entenderase como data de realización dos gastos a data de emisión das correspondentes facturas, sen que sexa preciso que estean efectivamente pagados no prazo de xustificación da subvención.

4. Poderá subcontratarse ata o 100% da actividade subvencionada, respectando en todo caso as limitacións previstas no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, de subvencións.

7.–COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS.

As subvencións reguladas na presente convocatoria son compatibles con outras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, sin perxuízo do establecido na normativa reguladora de aquelas, e sempre que o importe da subvención solicitada sexa, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, superior ó custo total da actividade a realizar.

8.–PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN.

1.–O procedemento de concesión das subvencións será o de concurrencia competitiva.

2.–O órgano competente para a instrucción do procedemento, así como para a realización de cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que debe pronunciarse a proposta de resolución será un traballador do Departamento de Deportes para as subvencións deportivas, e unha Traballadora social do Departamento de servizos sociais para as subvencións educativas e de carácter social. Ó órgano instructor, á vista do expediente e do informe da Comisión avaliadora, no que se concretará o resultado da avaliación das solicitudes, formulará a proposta de resolución provisional na que se expresará o cumplimento dos requsitos dos solicitantes para a concesión das axudas, a relación nominal e a contía individualizada de subvención que se propón para cada solicitante, con arreglo aos criterios de valoración establecidos no artigo 9 desta convocatoria.

3.–Ós efectos de valorar as solicitudes segundo os criterios anteriores, constituirase unha Comisión de Avaliación formada polos seguintes membros:

Presidente: alcalde-presidente ou persoa en quen delegue.

Secretario: Secretario Xeral ou persoa en quen delegue.

Vocais:

Concelleira de Educación.

Concelleiro de Deportes.

Concelleira de Asuntos Socias.

A Comisión avaliadora, unha vez valoradas as solicitudes presentadas formulará proposta de concesión á Xunta de Goberno Local, que será o órgano competente para a súa concesión, previo informe da Intervención municipal.

No caso de que no expediente non fosen tidos en conta outros datos ou alegacións distintas dos presentados polos solicitantes a proposta de resolución terá o carácter de definitiva.

A resolución das axudas farase pública no prazo de un mes meses dende o remate do prazo de presentación de solicitudes e publicarase no Taboleiro de edictos do Concello

9.–CRITERIOS DE VALORACIÓN E CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS.

Para determinar a contía da cada unha das axudas teranse en conta os seguintes criterios:

 No caso de subvencións educativas:

a) Incidencia no termo municipal das actividades programadas: ata 10 puntos.

b) Carácter periódico ou permanente das actividades a desenrolar: ata 10 puntos.

c) Número de alumnos, no caso de centros de ensino e APAS: ata 5 puntos.

d) Colaboración nas actividades municipais: ata 5 puntos.

e) Contribución económica das entidades ás actividades proxectadas: ata 5 puntos.

 No caso de subvencións deportivas:

f) Número de licencias federativas e do Deporte Escolar de deportistas menores de 14 anos (inclusive), non caso de entidades deportivas. Valorarase de 0 a 15 puntos. Para determinar o número de licencias que equivalen a un punto tomarase como referencia o club con máis licencias, dividindo o número de licencias entre 15.

g) Número de licencias federativas e do Deporte Escolar de deportistas que configuren o club. Valorarase de 0 a 20 puntos. Para determinar o número de licencias que equivalen a un punto tomarase como referencia o club con máis licencias, dividindo o número de licencias entre 20.

h) Competicións nas que participou/participará o club ó longo do ano 2010, facendo consta-lo número de participantes cos que actuou/actuará. Valorarase de 0 a 35 de acordo ca seguinte táboa:

Número de participantes

Duración da actividade

Ámbito da actividade

1-4

=1 puntos

1 día

x 1

Local

x 1

5-14

=3 puntos

1 semana

x 2

Provincial

x 2

15-29

=7 puntos

1 mes

x 3

Autonómico

x 3

30-49

=12 puntos

3 meses

x 7

Nacional

x 4

50-100

=15 puntos

+ de 6 meses

x 9

Internacional

x 5

i) Actividades deportivas organizadas polo propio club durante o ano 2010. Valorarase de 0 a 40 puntos de acordo ca seguinte táboa:

Número de participantes

Duración da actividade

Ámbito da actividade

1-19

=1 puntos

1 día

x 3

Local

x 2

20-39

=3 puntos

1 semana

x 4

Provincial

x 3

40-79

=6 puntos

1 mes

x 5

Autonómico

x 4

80-149

=10 puntos

3 meses

x 7

Nacional

x 5

150-adiante

=15 puntos

+ de 6 meses

x 9

Internacional

x 6

j) Número de participantes na Escola Deportiva Municipal organizada polo clubs. Valorarase de 0 a 40 puntos. Para determina-lo número de participantes que equivalen a un punto calcularase a media aritmética das tres escolas máis numerosas e dividirase entre 40.

 No caso de subvencións de carácter social:

k) Incidencia no termo municipal das actividades programadas: ata 10 puntos

l) Carácter periódico ou permanente das actividades a desenrolar: ata 10 puntos

m) Número de persoas beneficiarias da actividade: ata 5 puntos

n) Colaboración nas actividades municipais: ata 5 puntos

o) Contribución económica das entidades ás actividades proxectadas: ata 5 puntos

En ningún caso, o importe da subvención illadamente poderá ser superior ó 80 por 100 do custo total das actividades desenroladas polo beneficiario. Así mesmo, en concorrencia con outras subvencións non poderá superar o 100% do custo total das actividades.

10.–OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

Son obrigas do beneficiario:

a) Realiza-la actividade que motiva a concesión da subvención.

b) Xustifica-lo cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou disfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo Concello, así como calquera outras de comprobación e control financeiro a realizar polos órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, aportando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ó Concello da Pobra do Caramiñal a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Dita comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ó corrente nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

f) Facer constar en tódalas actividades que están subvencionadas polo Concello da Pobra do Caramiñal.

g) En xeral, as previstas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

11.–XUSTIFICACIÓN E PAGO.

En ningún caso, o importe da subvención illadamente poderá ser superior ó 80 por 100 do custo total das actividades desenroladas polo beneficiario. Así mesmo, en concorrencia con outras subvencións non poderá superar o 100% do custo total das actividades. No caso de que os gastos xustificados sexan inferiores a dito importe, a contía da subvención reducirase proporcionalmente ós gastos xustificados.

Así mesmo, si a suma dos ingresos, subvencións ou axudas obtidas para a realización da actividade subvencionada supera os gastos realizados, reducirase o importe da subvención na contía en que os ingresos obtidos superen os gastos totais

As entidades beneficiarias da subvención deberán presentar a conta xustificativa no modelo normalizado que se entregará no Concello e que tamén estará dispoñible na páxina web municipal www.apobra.org dentro do apartado “Concello - subvencións” ou “Concello - Trámites e impresos”.

Na relación de gastos da actividade deberán detallarse a totalidade dos gastos realizados na execución da actividade subvencionada. Deberán adxuntarse facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa por un importe igual ou superior á subvención concedida polo Concello, tendo en conta que ésta financiará o 80 por 100 do importe das facturas aportadas como xustificación, polo que o importe total das facturas ou documentos análogos que se deberán aportar será o resultado de dividir o importe da subvención concedida polo Concello entre 0,8.

Non se admitirán como xustificantes as cantidades satisfeitas ó Concello da Pobra do Caramiñal nin as facturas relativas a comidas, cenas, e análogos. Tampouco se admitirá como xustificación os gastos realizados para actividades distintas das subvencionadas. Se a xustificación non se corresponde ca totalidade dos gastos realizados para as actividades subvencionadas o Concello modificará as contías en proporción ó efectivamente xustificado.

Os xustificantes presentados deberán corresponder ó ano 2011.

O prazo para a presentación da xustificación rematará o 22 de decembro de 2010. No caso de que a xustificación presentada presentase defectos ou erros, darase ó beneficiario un prazo de 10 días para a súa subsanación. De non presentarse dita subsanación, terase por non presentada a xustificación, sin que se produzca interrupción algunha do prazo de xustificación, e quedando o beneficiario a presentar unha nova conta xustificativa de acordo coas presentes Bases.

O pago da subvención realizarase unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local a xustificación presentada polo beneficiario da realización da actividade.

12.–REINTEGRO.

Axustarase ó disposto no título II da Lei de subvencións.

13.–RÉXIME SANCIONADOR.

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Real decreto 887/2006, Regulamento de subvencións, e no Real decreto lexislativo 2/2004 e demais normas concordantes.

A Pobra do Caramiñal, 26 de outubro de 2011.

O alcalde

Isaac. V. Maceiras Rivas

2011/14680

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
14/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina