Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Ampliación Crédito para axudas financieiras do Igape

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2011 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2011 para a concesión das axudas financeiras solicitadas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Ofcial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financeiras.

 
Mediante Resolución do 23 de novembro de 2010 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financeiras (DOG n.º 230, do 30 de novembro) e que foron modificadas mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2011 (DOG n.º 15, do 24 de xaneiro).
 
Na dita Resolución do 23 de novembro de 2010, no seu número cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2.º do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
 
As pequenas e medianas empresas atravesan un difícil momento non alleo á situación internacional debido, fundamentalmente, a caída da demanda e ao incremento dos tipos de xuro, e aquelas que fixeron un esforzo por redimensionar a súa capacidade produtiva mediante a realización de investimentos e na mellora dos seus medios de produción e que se viron obrigadas a contraer obrigas con entidades bancarias vense particularmente afectadas por esta situación.
 
Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, parece oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.
 
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
 
RESOLVO:
 
Único.
 
 Amplíase en 1.100.000 € para o exercicio 2011 o crédito establecido na partida orzamentaria 20.02-E5/10/01-656700 para as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financeiras, publicadas mediante Resolución do 23 de novembro de 2010 (DOG n.º 230, do 30 de novembro) e modificadas mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2011 (DOG n.º 15, do 24 de xaneiro).
 

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2011.
P.D. (Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)
Francisco Javier Álvarez Barbeito
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ACCEDA AO DOCUMENTO DO DOGA

 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
19/07/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina