Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Arteixo: ANUNCIO CONVOCATORIA DO VII CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2011

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Arteixo

Secretaría Xeral

Convocatoria do VII Concurso de Escaparates de Nadal 2011

ANUNCIO CONVOCATORIA DO VII CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2011

O concello de Arteixo anuncia a convocatoria do VII CONCURSO DE ESCAPARATES DO NADAL EN ARTEIXO 2011, de conformidade ás bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de vinte e seis de outubro de dous mil once, e que se publican a continuación e que permanecerán expostas ao público durante o prazo de presentación de solicitudes:

BASES DO VII CONCURSO DE ESCAPARATES DO NADAL 2011

BASES

1. O Concello de Arteixo, a través súa Concellería de Emprego e Promoción Económica convoca o “VII Concurso de Escaparates do Nada 2011”.

2. Poderán participar neste concurso todo/as os/as comerciantes que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Arteixo e que cumpran todos os requisitos para o exercicio da actividade.

3. Para inscribirse no concurso, deberán entregar no Centro de Servizos Sociais do Concello de Arteixo unha solicitude de inscrición, segundo o modelo creado a tal efecto.

4. O prazo de inscricións comezará ás 9:00 horas do día 28/11/2011 e rematará as 14:00 do día 12/12/2011.

5. As decoracións dos establecementos serán examinadas polo xurado o día 14/12/2011 e sucesivos se fora necesario, entre as 18:00 e as 21:00 horas.

6. O xurado estará composto por:

- Don Manuel Padín Santos, Concelleiro de Emprego e Promoción Económica ou, no seu defecto, a persoa na que delegue, quen actuará como presidente do xurado.

- Un/ha representante do mundo comercial e artístico especializado/a en técnicas de escaparatismo e merchandising.

- Dona Teresa Gutiérrez de la Concha Martínez, Xerente do Centro Comercial Aberto de Arteixo ou, no seu defecto, a persoa na que delegue.

- Dona Beatriz García Mollón, Axente de Emprego do Concello de Arteixo ou, no seu defecto, a persoa na que delegue, que actuará como secretaria do xurado.

7. Están establecidas catro categorías cas seguintes contías:

- Primeiro premio: 900 euros (novecentos euros)

- Segundo premio: 600 euros (seiscentos euros)

- Terceiro premio: 300 euros (trescentos euros).

- Accesit a orixinalidade: 300 euros (trescentos euros).

Os ditos premios estarán suxeitos ás retencións que se determine pola lexislación tributaria vixente

Con carácter previo ao outorgamento dos premios, comprobarase que os premiados propostos polo xurado están ao corrente das súas obrigas tributarias municipais, estatais e coa seguridade social e non son debedores á facenda municipal polo reintegro de subvencións.

Non poderán obter a condición de premiados as persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias que permitan cualificalos como beneficiarios segundo o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demáis normativa aplicable.

8. O xurado resérvase o dereito a declarar os premios desertos, se o estimase oportuno.

9. A adxudicación dos premios farase en función do puntos outorgables para os seguintes criterios:

- A orixinalidade da decoración: ata 2 puntos.

- A orientación comercial da decoración: ata 2 puntos.

- A iluminación do establecemento: ata 2 puntos.

- A adecuación da decoración ós tipos de productos: ata 2 puntos.

A excepción do premio “Accésit a orixinalidade” onde só se terá en conta este criterio.

10. O resultado do Concurso darase a coñecer o día 21/12/2011.

11. O feito de participar neste concurso presupón a aceptación de estas bases.

Arteixo, a 27 de outubro de 2011.

O ALCALDE

Asdo. Carlos Calvelo Martínez

2011/14501

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
11/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina