Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

As Pontes de García Rodríguez: Bases do IV Premio de engalanado de rúas no nadal 2011

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Municipal

As Pontes de García Rodríguez

Secretaría

Bases do IV Premio de engalanado de rúas no nadal 2011

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

ANTECEDENTES DE FEITO

Este Nadal ponse en marcha, de novo, o premio de engalanado de rúas dirixido as entidades veciñais ou grupos de veciños de rúas, prazas e barrios. Co fin de divulgar entre os veciños este premio elabóranse unhas bases de participación xunto coa ficha de inscrición ao concurso.

O contido das bases da convocatoria do IV premio de engalanado de rúas das Pontes no Nadal 2011 é o seguinte:

BASES DO IV PREMIO DE ENGALANADO DE RÚAS NO NADAL 2011

Obxecto

O premio de engalanado de rúas, barrios e prazas xorde co fin de ambientar durante as datas de Nadal o noso Concello en colaboración cos veciños das Pontes.

Participantes

Poderán participar as asociacións veciñais e/ou grupos de veciños de rúas, barrios e prazas das Pontes co obxectivo principal de engalanar o seu entorno.

A decoración gardará relación coa festividade de Nadal e atenderá ao cumprimento da normativa, en especial, ao coidado sobre as actividades molestas, os ruídos etc.

Os concursantes deberán manter a decoración dende o día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro; transcorridas estas datas faranse cargo da súa desmontaxe e da retirada dos residuos que xeren.

Inscrición

Para concursar os interesados deberán inscribirse no rexistro do concello antes das 14h do mércores 21 de decembro. Os concursantes terán que identificar o espazo engalanado e os datos da entidade e/ou grupo de veciños participantes (con polo menos 4 casas implicadas ). A participación neste concurso supón a aceptación das bases.

Xurado

O xurado estará formado por persoas afíns ás artes e á decoración. O concello estará representado polo concelleiro de Servizos Sociais e Atención Cidadá con voz pero sen voto.

O xurado visitará as zonas a partir do luns 26 de decembro ás 12.00h; valorarase a creatividade, o deseño e o traballo das presentacións.

Correspóndelle ao xurado a interpretación das bases; o seu fallo é inapelable; así mesmo, o xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios.

PREMIOS

1º premio

1 placa conmemorativa e 300 €

2º premio

1 placa conmemorativa e 100 €

O fallo do xurado coñecerase o mércores 4 de xaneiro e publicarase nos medios locais e na páxina web do concello.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Considerando as facultades conferidas pola lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; o R.D.L.781/86 de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; o R.D. 2568/86 do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais e demais disposicións aplicables.

RESOLVO:

1 Aprobar as bases da convocatoria do IV premio de engalanado de rúas no Nadal 2011 co contido descrito anteriormente.

2 Publicar as citadas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, así como nos medios locais e na páxina web do concello das Pontes.

As Pontes de García Rodríguez, 2 de decembro de 2011

O alcalde O oficial maior

Valentín González Formoso Felipe Vázquez García

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
15/12/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina