Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

AXUDA: INICIATIVAS MUNICIPAIS EMPREGO CONCELLO CORUÑA

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

No BOP de A coruña do 10 de maio de 2011 aprobanse as Bases da convocatoria de subvencións a iniciativas municipais de emprego do Concello da Coruña, ano 2011.

 

Base 1ª.- Convocatoria.
Co obxecto de incentivar a creación de empresas, o autoemprego e, en xeral, fomentar a actividade empresarial no ámbito municipal do Concello de A Coruña, o que contribuirá á dinamización e mellora do noso tecido produtivo e polo tanto xeración de emprego na contorna local, apróbase a presente Convocatoria de Subvencións a Iniciativas Municipais de Emprego do Excelentísimo Concello de A Coruña 2011, redactada de conformidade co previsto na Ordenanza Xeral de Subvencións da Area de Benestar (publicada no Boletin Oficial da Provincia número 40 o 19 de febreiro de 2005), na Lei 38/2003 Reguladora de Subvencións, Real Decreto 887/2006, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, na lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia (Lei 9/2007) e de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade.
Base 2ª.- Crédito orzamentario
A cantidade global máxima para esta convocatoria ascende a 90.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 60.433.470.01 Transferencias correntes a empresas privadas, descrito no anexo de transferencias aprobado xunto ao Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2011 como Subvencións a empresas privadas.
No caso de que a devandita achega puidese ser suplementada no seu crédito entenderase ampliada no mesmo importe a cantidade global para esta convocatoria.
En calquera caso a concesión de subvencións quedará condicionada a existencia de crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria de referencia.
A contía máxima a conceder a cada beneficiario non poderá superar para cada beneficiario a cantidade de 3.000 €, debendo axustarse os proxectos subvencionables aos requisitos establecidos no obxecto desta convocatoria e os gastos a subvencionar estar comprendidos nos conceptos subvencionables especificados na base 5ª desta convocatoria.
Base 3ª.- Obxecto e beneficiarios/as.-
1) Obxecto.-
Poden ser obxecto de subvención aqueles novos proxectos empresariais emprendidos no ámbito deste concello de forma individual ou a través de microempresas (pequenas e medianas empresas), independentemente da súa forma xurídica, que inicien ou iniciaran a sua actividade no período comprendido entre o 7 de maio do ano 2010 e a data de publicación desta convocatoria no BOP.
Entenderase como data de inicio da actividade a correspondente ao alta no censo de obrigados tributarios (alta definitiva), e de ser o caso, referida ésta a da sociedade (Declaración censal)
Para a definición de microempresas (pequenas e medianas empresas), deberase ter en conta a Recomendación 2003/361/CE da Comisión Europea, versión de 6 de maio de 2003, establecendo que se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular, e sempre que ocupen a menos de 250 persoas, que o seu volume de negocios anual non exceda de 50 millóns de euros, que o balance xeral anual non exceda de 43 millóns de euros e que non estean participadas nun 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto por outras entidades que non reúnan os requisitos anteriores, salvo que sexan sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investimentos institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa.
2) Beneficiario/a
Poderá ser beneficiario/a calquera persoa física ou xurídica cun novo proxecto empresarial que, ademais de cumprir os requisitos establecidos no artigo 11 da Lei Xeral de Subvencións, os artigos 4 e 5 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Área de Benestar e os especificamente fixados no apartado anterior, cumpran o seguinte:
a) En caso de desenvolver a súa actividade a través de establecemento permanente, que éste se atope radicado no termo municipal da Coruña. En caso de que para o exercizo da actividade non se dispoña de establecemento permanente, que o seu domicilio fiscal esté dentro do termo municipal da Coruña.
b) Presenten un proxecto empresarial, en calquera caso, viable técnica, económica e financieiramente, que deberá acreditar na forma establecida no anexo 4 da presente convocatoria.
c) Que non desenvolvesen; como traballadores autónomos no R.E.T.A ou réxime similar; igual ou similar actividade empresarial nos doce meses inmediatamente anteriores á data de inicio da súa nova actividade. No caso dunha nova actividade formada por varios socios e no que un deles xa estivera dado de alta como autónomo na mesma ou similar actividade, será requisito para a súa concesión, que, como mínimo, o 60% do capital debe pertencer aos novos empresarios. Neste caso, só será subvencionable a cuota deste último e, en ningún caso, o do socio que xa estivera dado de alta con anterioridade na mesma o similar actividade.
d) Non percibir nos catro anos inmediatamente anteriores a data do inicio da nova actividade subvencións al amparo del presente programa.
En particular poderán acceder á condición de beneficiario/a as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as sociedades civis, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos empresariais obxecto de subvención nos termos definidos na presente convocatoria, co único requisito a maiores de que, agás o referido no apartado c) anterior, os requisitos de beneficiario deberán ser cumpridos por todos e cada un dos seus socios/as, independientemente, da súa porcentaxe de participación na sociedade.
Neste caso, no momento da solicitude deberán manifestar a porcentaxe de responsabilidade, compromiso ou participación na súa agrupación, correspondéndolle, de non manifestarse o contrario, o mesmo porcentaxe de responsabilidade sobre o importe da subvención
En ningún caso poderán obter a condición de beneficiario/a as persoas, entidades, agrupacións ou asociacións en quen concorra as circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003.
Os beneficiarios/as deberán reunir os requisitos establecidos nestas Bases, e os demáis legalmente esixidos, no momento e a partir da data de publicación desta convocatoria de subvencións no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Base 4ª.- Obxectivos ou finalidades
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
– Incentivar e apoiar a expansión e ampliación do tecido empresarial
– Favorecer e fomentar o autoemprego como fórmula ocupacional
– Alcanzar un maior grao de eficacia nas políticas municipais relacionadas coa promoción económica e emprego.
– Apoiar a posta en marcha e funcionamento de iniciativas empresariais novas.
Base 5ª.- Tipo e contía das axudas
As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a cuota correspondente ao réxime especial de traballadores autónomos, calquera outro réxime especial por conta propia da seguridade social, ou de mutualidade de colexio profesional correspondente., tomando como referencia a base mínima de cotización para o ano 2011.
No caso dos/as traballadores/as de alta na Mutualidade de Colexio Profesional, tomarase como base a subvencionar a mesma cuantía que a sinalada para o réxime especial de traballadores autónomos, no caso de que aquela excedera a cuantía desta última. En caso contrario, só se subvencionará a cuantía realmente abonada como cuota na Mutualidade correspondente.
Tanto no caso de ser o réxime especial de traballadores autónomos, calquera outro réxime especial por conta propia da seguridade social ou mutualidade do colexio profesional correspondente, entenderase como concepto “cuota” a mensualidade (o importe devengado no mes).
Serán subvencionables, como máximo, as seis primeiras cuotas á Seguridade Social ou Mutualidade de colexio profesional, aboadas por todos e cada un dos socios participantes da nova iniciativa empresarial de alta no réxime correspondente, sen que o importe máximo destas axudas poida superar o límite de 3.000 € por beneficiario descrito na base 2ª.
A estos efectos enténdese que o prazo de elexibilidade do gasto comenza no primeiro mes do inicio da actividade e finaliza o último día do sexto mes posterior ao comezo da mesma. Tomarase neste sentido coma referenza o Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social das cuotas de autónomos aboadas e o documento de alta no censo de obrigados tributarios (Declaración censal).
Base 6ª.- Solicitude
As persoas físicas ou xurídicas, asociacións ou agrupacións interesadas na convocatoria das subvencións presentarán Solicitude de Subvención conforme ao modelo normalizado incorporado como Anexo 1 a esta convocatoria, facultados para a súa aprobación polo disposto no artigo 11 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Area de Benestar, cumprimentada en todos os seus apartados, incluídos os extremos relativos á actividade emprendida, e que lles será facilitado desde o Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña e/ou en calquera dos Rexistros Xerais e Auxiliares Municipais.
Xunto á solicitude deberase acompañar:
a) Fotocopia compulsada do CIF e fotocopia compulsada das escrituras de constitución debidamente rexistradas.
b) Fotocopia compulsada do poder do representante legal da entidade, no seu caso.
c) Fotocopia compulsada do NIF, pasaporte ou cartón de residencia do empresario e, de ser o caso, do/da seu/sua representante legal.
d) Fotocopia compulsada do documento de alta no censo de obrigados tributarios - modelo declaración censal
e) Fotocopia compulsada do Alta no réxime especial de traballadores autónomos, en calquera outro réxime especial por conta propia da seguridade social, ou en mutualidade de colexio profesional correspondiente.
f) Orixinal ou fotocopia compulsada do Informe actualizado da Vida Laboral.
g) Solicitude de licenza de apertura e licenza de obras cando sexa necesario para o desenvolvemento da actividade.
h) Declaración, incorporada como Anexo 3 a esta convocatoria, dos criterios e circunstancias que desexa se teñan en conta aos efectos da sua valoración dacordo co establecido na base 8ª .
i) Documentos xustificativos das circunstancias que se pretende sexan atendidas conforme aos criterios definidos na base 8ª:
• No caso de persoas desempregadas de longa duración: Certificado da oficina de emprego correspondente acreditativo dos períodos de inscripción en desemprego.
• No caso de persoas con discapacidade: Certificado emitido pola autoridade competente acreditativo da antedita circunstancia.
• Para xustificar os postos de traballo creados con carácter indefinido: fotocopia compulsada dos contratos de traballo e certificado da Tesorería Xeral da Seguridade Social no que conste o número de persoas traballadoras con contrato indefinido dos centros de traballo da empresa.
j) Declaración responsable, incorporada como Anexo 2 a esta convocatoria, pola que, entre outras cuestións de interese para o solicitante, declárase non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, substitúese as certificacións do artigo 22.2 e 3 do Real Decreto 887/2006, Regulamento da Lei Xeral de Subvencións atendendo ao límite fixado no artigo 24.4 da mesma norma e infórmase sobre a existencia ou non doutras subvencións.
No caso de Sociedades Civís ou Comunidades de Bens, este anexo 2 deberá ser cuberto por cada socio e mais pola sociedade.
k) Memoria de actividade incorporada como Anexo 4 a esta convocatoria.
En aplicación do artigo 35 f) da lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, os/as cidadáns quedarán eximidos da presentación de calquera dos documentos anteriores cando calquera dos mesmos se atopara en poder do propio Concello. A tal fin, os/as interesados/as deberán indicar a data e o órgano de presentación do documento en cuestión.
O/A solicitante autoriza ao Concello e, en particular, ao Departamento de Promoción Económica, Comercio e Turismo, a realizar cantas comprobacións considere oportunas ao obxecto de verificar ou solicitar novos datos que puidesen afectar ás condicións da subvención. Se do resultado desta comprobación puxésense de manifesto datos distintos aos manifestados polos usuarios que desen lugar á concesión de subvencións en condicións vantaxosas, adoptaranse as medidas necesarias para corrixir e, no seu caso, reparar o prexuízo causado, con independencia da procedencia do procedemento de reintegro nas condicións previstas no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións. Sobre ambas as cuestións, farase mención expresa no modelo de Declaración Responsable, Anexo 2 desta convocatoria, a presentar xunto á Solicitude de Subvención.
Base 7ª.- Presentación e prazo.
Unha vez cumprimentada a solicitude xunto á documentación nel referida presentarase no Rexistro Xeral do Concello, nos rexistros auxiliares, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A presentación da solicitude determina o dereito a esixir da Administración o correspondente recibo que acredite a data de presentación, admitindo como tal unha copia na que figure a data de presentación anotada pola oficina correspondente.
O prazo para a presentación destas solicitudes irá dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria específica no Boletín Oficial da Provincia e ata o último día do mes seguinte.
Unha vez rexistrada darase traslado ao Departamento de Promoción Económica e Comercio.
No despacho das solicitudes gardarase a orde rigorosa de incoación das mesmas, salvo que polos responsables do servizo se dera orde motivada en contrario, da que deberá quedar constancia en calquera caso.
De observarse que a solicitude fose incompleta ou defectuosa, requirirase ao solicitante para que no prazo máximo de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, indicando en devandito requirimento que se así non o fixese teráselle por desistido da súa petición.
Base 8ª.- Criterios e valoración
A valoración de axudas se graduará tendo en conta os seguintes criterios, todos elos a avaliar no momento de publicación no Boletín Oficial da Provincia destas Bases:
A) Respecto dos emprendedores:
A.1) Por recibir asesoramento do Servizo Municipal de Emprego: 1 punto
A.2) Pertencer aos seguintes colectivos: 0,5 punto
Mulleres
Persoas desempregadas de longa duración
Persoas con discapacidade.
Persoas maiores de 45 anos
Terase en conta para a baremación deste criterio a representatividade que os membros pertencentes a estos colectivos teñen dentro do conxunto da súa entidade, puntuándose porcentualmente en función desta representatividade.
No suposto de pertencer a mais dun colectivo, só se terá en conta un dos criterios a valorar, correspondéndolle a opción á persoa solicitante. En ningún caso poderá superarse neste apartado os 0,5 puntos.
Neste sentido entendese como:
- Persoa desempregada de larga duración: aqueles/as que na data da súa alta no correspondiente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de Colexio Profesional estivesen sen traballo, e teñan acreditado un período de inscrición inimterrumpido como desempregados/as na oficina de emprego de 180 días se fosen menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade; e de 360 días se fosen maiores de 25 e menores de 45.
- Persoa con discapacidade: Aquela que teña recoñecido pola administración competente un grao de discapacidade igual o superior ao 33%.
B) Respecto ao proxecto emprendido ou actividad desenvolvida:
– Polo número e grao dos postos de traballo creados con carácter indefinido a tempo completo, excluídos os dos propios promotores: 1 punto, por cada posto de traballo, cun máximo de 5 puntos.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial a puntuación se reducirá de forma proporcional ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
– Pola utilización do galego no proxecto: 0,5 puntos
– Valoración da memoria de actividade (presentada conforme o anexo 3): de 0 ata 1 punto
No entanto, o Concello quedará exceptuado de fixar unha orde de prelación se o crédito consignado fose suficiente para atender ao nº de solicitudes presentadas unha vez finalizado o prazo fixado para iso.
Base 9ª.- Proposta e Resolución de Concesión
A tramitación destas axudas efectuarase sempre en réxime de concorrencia competitiva.
a) Da elaboración do Informe de Valoración Provisional
A solicitude, xunto á documentación antes referida, se recepcionará na Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Turismo, para que dous Técnicos/as de Promoción Económica a designar analicen a documentación presentada e, xunto ás entrevistas, comprobacións ou petición de novos documentos ás que houbese lugar, procedan a redactar, con carácter preceptivo, un informe no que se avaliará provisionalmente o grao de cumprimento dos requisitos esixidos para a concesión desta subvención atendendo aos criterios de valoración que se incorporan na Base 8ª desta convocatoria.
Deste informe darase conta á Comisión de Valoración indicando, puntuación e contía de subvención, no caso de ser positiva, e causas de exclusión no caso de ser negativa, circunstancia que só procederá cando se acredite o incumprimento dos requisitos esixidos na presente convocatoria ou outras causas excepcionais debidamente acreditadas.
b) Da Comisión de Valoración e Proposta Definitiva
O Informe de Valoración Provisional remitirase á Comisión de Valoración, para que, constituída no mesmo acto, se reúna dentro dos cinco días hábiles seguintes ao da remisión, sendo a encargada de avaliar definitivamente as solicitudes presentadas.
A Comisión de Valoración estará composta por:
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Turismo e Consumo ou persoa en quen delegue.
Xefe de Departamento de Promoción Económica, Comercio e Consumo.
Dous técnicos/as da área de Promoción Económica e Comercio, nomeados para esta finalidade e dos que un/a de eles/as, como mínimo, será distinta das designadas para a elaboración dos informes de valoración provisionais.
Do resultado da reunión ou reunións mantidas por esta Comisión de Valoración levantarase acta e elaborarase Proposta Definitiva de Concesión de Subvención a todas e cada unha das entidades adxudicatarias ou, no seu caso, de denegación ou exclusión das mesmas.
c) Resolución e notificación
A Xunta de Goberno Local será o órgano competente para resolver sobre a concesión ou denegación destas subvencións, resolución que se ditará por este órgano ou en quen se delegase, unha vez recepcionada a proposta definitiva da Comisión de Valoración.
A súa notificación cursarase individualmente a cada un dos interesados/as no prazo legalmente establecido contados a partir da data de resolución coas formalidades legalmente previstas, incluíndo necesariamente, entre outras cuestións, mención expresa a que a mesma pon fin á vía administrativa e deberá incluír os recursos ordinarios e xurisdiccionais, aos que tivese dereito nos prazos e termos establecidos.
Con independencia desta notificación individual, publicarase unha lista co resultado destas concesións na páxina web http:// coruna.es.
Transcorrido o prazo previsto legalmente establecido sen que se notifique de forma expresa a resolución e sen prexuízo da obrigación de resolver, poderase entender desestimada a solicitude a efectos de permitir ao interesado/a a interposición dos recursos aos que houbese lugar nos prazos e termos establecidos.
Base 10ª.- Lista de espera
A lista de espera e o instrumento a través do cal se ordena a prioridade na concesión das subvencións no caso de que non exista dotación orzamentaria suficiente para atender a todolos potenciais beneficiarios.
A lista de espera será única e se ordenará segundo a puntuación obtida por aplicación dos criterios de avaliación que se incorporan na Base 8ª das desta convocatoria. En caso de igualdade de puntuación se atenderá, e por este orde, en primeiro lugar, as puntuacións obtidas polo número de postos de traballo creados, en segundo lugar, por ser un proxecto asesorado dende o Servizo Municipal de Emprego e en terceiro lugar por valoración da memoria da actividade.
Base 11ª- Forma de pago
O abono da subvención se levará a cabo mediante un pago único, e o mesmo quedará condicionado a que:
a) Se acredite a execución da actuación coa presentación da xustificación conforme ao establecido na Base 13ª e 14ª desta convocatoria.
b) Certificado actualizado de estar ao corrente nas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social ou declaración responsable presentada conforme o anexo 2 de esta convocatoria. A estes efectos e tendo en conta o presentado no momento da solicitude deberá terse en conta que o artigo 88.4 do Regulamento de Subvencións estableceu que “non será necesario achegar nova certificación se a achegada na solicitude de concesión non pasou o prazo de seis meses de validez”.
Base 12ª.- Compatibilidade
Os proxectos subvencionados poderán ser obxecto de subvención por outras institucións, públicas ou privadas, sempre que o importe total das mesmas non supere o custo efectivo e real dos gastos subvencionados. En particular, e dado o seu carácter, as axudas establecidas nesta convocatoria serán compatibles ca capitalización ou pago único da prestación por desemprego. O reintegro do exceso farase a favor das Entidades concedentes en proporción ás subvencións concedidas por cada unha delas.
No entanto, cando sexa o Concello quen advirta o exceso de financiamento esixirase o reintegro polo importe total do exceso, ata o límite da subvención outorgada por ela.
Base 13ª.- Xustificación para o seu abono
Resolta a concesión, a xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos da subvención para o seu abono revestirá a forma de conta xustificativa, para o que, de conformidade co artigo 37 da Ordenanza Xeral de Benestar, deberá achegarse a seguinte documentación:
– Remisión documento de xustificación da subvención conforme ao Anexo 5.
– Relación numerada e ordenada cronolóxicamente dos gastos e pagos que xustifican a sua subvención con arranxo ao Anexo 6 aprobado con esta convocatoria (mensualidades das cuotas aboadas).
– Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social das cuotas de autónomos aboadas e/ou, no seu defecto, documentos xustificativos do pago das cuotas establecidas na base 5ª, todos eles orixinais ou copias compulsadas, ordenados correlativamente segundo o número de orde asignado no anexo 6 anteriormente referenciado, que acrediten a efectividade do seu pago. Se considerarán medios acreditados de pago: a transferencia bancaria, domiciliación bancaria, e os resgardos das operacións pagadas en efectivo cando estean debidamente cuñadas pola entidade, cando esta sexa un organismo oficial ou entidade bancaria.
– Anexo 7: Ficha de transferencia bancaria
– Declaración responsable, incorporada como Anexo 8 (Xustificación) a esta convocatoria, pola que, entre outras cuestións de interese para o solicitante, declárase non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, substitúese as certificacións do artigo 22.2 e 3 do Real Decreto 887/2006, Regulamento da Lei Xeral de Subvencións atendendo ao límite fixado no artigo 24.4 da mesma norma e infórmase sobre a existencia ou non doutras subvencións.
Base 14ª.- Prazo da xustificación.-
O prazo para a xustificación da documentación referida irá desde a data de resolución da concesión e ata o 31 de outubro do ano 2011. A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello da Coruña.
Base 15ª.-Publicidade
a) Da convocatoria
Esta convocatoria será publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e na páxina web http:/coruna.es, unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local.
Tal e como se expuso con anterioridade, con independencia da notificación individual da resolución de concesión fixada na base 9ª.c) desta convocatoria, a lista coas axudas concedidas será publicada na páxina web http://coruna.es, e exposta no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Emprego.
b) Das actividades subvencionadas
Os beneficiarios/as dos proxectos subvencionados a través desta convocatoria deberán pór no seu local un cartel de forma visible no que se indique que a actividade está financiada polo Concello da Coruña conforme o modelo que se lles facilitará.
Base 16ª.- Revogación da subvención concedida e reintegro.
Procederase á revogación e reintegro da subvención concedida cando concorran calquera das seguintes circunstancias:
a) Obtención da subvención sen reunir as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que a impediron.
b) Obtención doutras axudas compatibles que aisladamente ou en concorrencia superen o custo total dos gastos subvencionados.
c) Obtención doutras axudas que fosen declaradas expresamente incompatibles.
d) Incumprimento da obrigación de adoptar a medida de publicidade da actividade subvencionada prevista na Base 15ª B) desta convocatoria.
e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 14 e 15 da Lei Xeral de Subvencións, así como o incumprimento das obrigacións contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos.
f) Calquera outra causa que expresamente constitúa infracción administrativa en materia de subvencións por acción ou omisión conforme ao establecido na Lei Xeral de Subvencións e normativa de desenvolvemento.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público sendo de aplicación para a súa cobranza o disposto no Texcto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado mediante Real Decreto lexislativo 2/2004 e normativa de desenvolvemento.
Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora correspondente desde o momento do pago da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, sen prexuízo da sanción á que, no seu caso, houbese lugar. O acordo de reintegro será notificado ao interesado con indicación da forma e prazo en que deba efectuarse.
En todo caso, durante a tramitación do procedemento de reintegro garantirase, en todo caso, o dereito do interesado á audiencia.
En calquera momento poderá o beneficiario dunha subvención desistir ou renunciar á súa concesión, sen prexuízo das responsabilidades ás que, nalgún caso, houbese lugar e sen que, habéndose producido xa o abono da mesma, deba procederse á súa devolución conforme ao procedemento de reintegro de subvencións anteriormente indicado
Base 17ª.- Infraccións e sancións
Constituirán infraccións administrativas en materia de subvencións as accións e omisións tipificadas na Lei Xeral de Subvencións e a súa normativa de desenvolvemento.
Poderanse impor as sancións tipificadas nos artigos 59 a 63 da Lei Xeral de Subvencións, axustándose ao procedemento sancionador previsto nos artigos 54 a 58 e 66 a 69 da Lei Xeral de Subvencións e sendo órgano competente o mesmo órgano que ten atribuída a competencia para a súa resolución.
Disposición Adicional
Delegase no Tenente de Alcalde Responsable da Área de Promoción Económica e Vivenda do Concello da Coruña a facultade de interpretar e aplicar as disposicións contidas nesta Convocatoria de competencia de Xunta de Goberno Local, así como a redacción de cantas instrucións fosen necesarias para a súa correcta aplicación. En particular delega no Tenente de Alcalde Responsable da área de Promoción Económica e Vivenda do Concello da Coruña, a Resolución de Concesión de Subvención e a imposición de sancións.
O Tenente de Alcalde Responsable da Área de Promoción Económica e Vivenda
Xosé Henrique R. Tello León
 

ANEXOS (Páxina 54 e seguintes do BOP)

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
10/05/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina