Usuario - - Acceso de Usuarios
Jueves - 09.Septiembre.2010

FEAGA
Obxectivos
Servizos
Convenios
Ofertas
Actividades
Noticias
Legislación que afecta a Los Autónomos Lexislación
Axudas Axudas
A Revista
Asociarse
Estudos e Guías
Enlaces de Interese
Enlace apoyo autonomos
Enlace caype
FEIRA DE MOSTRAS DA CORUÑA
AMPAGA
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

AXUDA PROX. CREACIÓN EMPRESAS OU INVESTIMENTOS EN EMPRESAS XOVES PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES

ver las estadisticas del contenido recomendar  contenido a un amigo

Vense de publicar no DOGA de 8 de abril a resolución de 30 de marzo de 2010 que aproba as bases reguladoras das axudas do IGAPE aos proxectos de creación de PEMES promovidas por novos emprendedores e financiadas polo FEDER.

OBXETIVO

Fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas xoves promovidas por novos emprendedores.

BENEFICIARIOS

Pequenas e medianas empresas segundo a definición da Comisión Europea, que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto mercantil e que, ademais, cumpran os seguintes requisitos:

a)Que o seu capital se atope maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Para estes efectos, cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA ou detente unha participación igual ou superior ao 20% noutra sociedade mercantil, considerarase que non cumpre esta condición.  Así mesmo, cando da documentación e datos que consten no expediente, se observase que se produce continuidade empresarial, por baixa recente nunha actividade que é igual ou moi similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa pre-existente, poderase denegar motivadamente a axuda.

b)A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas á data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente do 40%.  Que polo menos unha das persoas físicas participante no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude, teña unha dedicación plena ao proxecto, non podendo desempeñar outra actividade por conta allea durante o período de vixencia.

 c)No caso de estar constituída a sociedade que propón o proxecto, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 1 ano no momento da solicitude de axuda.

 d) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

SECTORES

Están excluídas das axudas as seguintes actividades segundo o Regulamento (CE) nº 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008):

a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura:

• CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases)

 • CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases)

b) O sector da industria siderúrxica :

 • CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52

c) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

 d) O sector do carbón e do aceiro:

 • CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases)

e) O sector da construción naval:

 • CNAE 09: Clase 30.11

- Nos subsectores de Hostalería, Restauración e Hospedaxe, únicamente serán subvencionables as actividades de restaurantes de 2 ou máis garfos, e de hoteis de 3 estrelas ou superiores.

  REQUISITOS

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas xoves promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os seguintes requisitos:

a) Cumpran o establecido nestas bases para obter a condición de  beneficiario.

b) Presenten un custo subvencionable superior a 50.000 euros e non superior a 1.500.000 euros que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 1.500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

c) Sexan viables técnica, económica e financeiramente e respectuosa cos requerimentos medioambientais.

d) Non teñan comenzado antes da presentación da solicitude de axuda.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte; e rematará o 30 de novembro de 2011 ou no intre do esgotamento do crédito orzamentario.

DOGA 8 abril 2010 (bases reguladoras)

IGAPE( RE-EMPRENDE 2010)

CORRECCIÓN DE ERROS (DOGA 19-04-2010)

08/04/2010 ir arriba

Creado con
GestionMax
novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. G-15.440.639 | Rúa Sinforiano López, 55 Baixo - 15005 A Coruña (Galicia). - Tlf.: 981 151 453
Produce i latina software, s.l. - posicionamiento en buscadores