
AXUDAS AO RETORNADO EMPRENDEDOR
Queremos apoiarte e axudarche a que desenvolvas a túa actividade profesional e empresarial en Galicia establecéndote como traballador autónomo, ou por conta propia, ou como socio traballador de sociedades laborais ou cooperativas de traballo.
O importe da subvención será de ata un 80% dos gastos subvencionables (ata 5.000 ou 7.000 euros dependendo do réxime).
OS BENEFICIARIOS
- Galeg@s nacidos en Galicia que retornen á Comunidade galega.
- Cónxuxes e descendentes de galeg@s nacidos en Galicia ata segundo grado.
- Beneficiari@s das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME).
OS REQUISITOS
- Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
- Menos de dous anos entre a data de retorno a España e a alta na Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.
- Residir e exercer a actividade laboral ou profesional en Galicia.
*Consulta o resto dos requisitos na ligazón das bases.
OS GASTOS SUBVENCIONABLES
Os gastos de establecemento relacionados coa actividade (notaría e rexistro), cursos técnicos específicos, subscricións, cotas de participación en asociacións empresariais ou profesionais, licenzas administrativas, etc.
*Consulta o resto dos requisitos na ligazón das bases.
Prazo de inscrición ata o 28/9/2018
Pinchar en el siguiente enlace para ampliar información:
|