Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

DECRETO 212/2011, do 3 de novembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario, a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do Fondo de Asistencia Social e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

O artigo 27.23.º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúelle á comunidade autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 18.1.c) inclúe as prestacións económicas orientadas a satisfacer necesidades pecuniarias no catálogo de servizos sociais, e o artigo 21.1 establece que son prestacións económicas do Sistema Galego de Servizos Sociais, as achegas en diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñan por finalidade, entre outras, paliar situacións transitorias de necesidade.

Con base na referida habilitación legal, a disposición adicional oitava da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano  2011, recolle a creación dun fondo extraordinario de axudas económicas con destino ás persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, as de pensións do Fondo de Asistencia Social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).

A referida disposición normativa habilita o Consello da Xunta, logo de proposta do departamento competente en materia de benestar social e logo do informe da Consellería de Facenda, para aprobar as normas de desenvolvemento necesarias para a determinación do importe, recoñecemento do dereito e pagamento das axudas que se establecen para este ano 2011.

En cumprimento do previsto na disposición adicional citada, o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia entende que as persoas beneficiarias das pensións non contributivas da Seguridade Social de invalidez e de xubilación, as do Fondo de Asistencia Social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM) se encontran nunha situación xeneralizada de precariedade económica, tendo en conta a contía da prestación que perciben e o seu baixo nivel de renda.

Por todo iso, e coa finalidade de contribuír á mellora da súa renda, considérase oportuno o establecemento de axudas sociais de carácter extraordinario e anual para as persoas que perciban en Galicia as ditas pensións. Esta axuda será distinta das do sistema da Seguridade Social e das que poida outorgar a Administración xeral do Estado, e será compatible con elas.

En virtude do exposto, e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de novembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

O presente decreto ten por obxecto o establecemento de axudas sociais extraordinarias a favor das persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).

Artigo 2. Carácter.

Estas axudas sociais, persoais e intransferibles, teñen carácter extraordinario e non se consolidarán para o futuro.

Artigo 3. Contía e pagamento.

A contía individual destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán mediante un pagamento único, que se realizará de oficio, sen que se precise solicitude da persoa interesada. Este pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria na conta onde as persoas beneficiarias teñan domiciliado a percepción ordinaria da súa prestación.

Artigo 4. Financiamento.

As obrigas que se recoñezan como consecuencia da aplicación deste decreto serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 2011.12.02.312A.480.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Requisitos.

Serán persoas beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario as que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, as do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), nas cales concorran os seguintes requisitos na data de entrada en vigor deste decreto:

a) Estar en situación de alta.

b) Ter a residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non terán dereito á percepción desta axuda aquelas persoas que sexan dadas de alta con posterioridade á entrada en vigor deste decreto aínda que teñan dereito á percepción de atrasos correspondentes a períodos comprendidos dentro da entrada en vigor deste decreto.

Artigo 6. Suspensión e perda.

A suspensión e perda do dereito á percepción destas axudas de carácter extraordinario producirase nos mesmos supostos previstos para as pensións a que se refire o artigo 1; corresponderá á persoa titular da correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar a declaración das ditas situacións.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento do presente decreto, dentro do ámbito das súas competencias.

Disposición derradeira segunda.

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de novembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
15/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina