Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

BEMBRIVE: BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

A N U N C I O

A Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Bembrive, en sesión do 28 de setembro de 2011 aprobou

as seguintes:

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA O CURSO 2011/2012.

BASE I.—CRÉDITOS ORZAMENTARIOS

Para a concesión destas axudas existe na partida orzamentaria 32.489 crédito suficiente por 2.000,00

€, que será o importe máximo que se poderá outorgar por esta liña de axudas.

Sen embargo, no caso que o importe total das axudas solicitadas sexa superior ao crédito anterior a

Xunta Veciñal poderá acordar unha contía adicional cos requisitos e nos supostos previstos no artigo

58.2 RD 887/2006, de 21 de xullo.

BASE II .—OBXECTO DA SUBVENCIÓN

É obxecto da presente convocatoria regular o procedemento para a concesión de subvencións ás

familias do alumnado , de educación secundaria e bacharelato , sempre e cando estes non gocen de

subvención ou sexan cedidos por outras administracións. O outorgamento destas subvencións se

realizarán en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos criterios recollidos.

O concepto subvencionable será o material escolar , considerado este como aquel necesario para

realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte,

material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, libros de texto excluíndo

expresamente os que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións

O importe das axudas por cada alumno non superarán en ningún caso o 100 % do gasto xustificado

nin as cantidades seguintes:

Para alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria… … … … … … … … … Ata 50,00 €

Para alumnos de Bacharelato … … … … … … … … … … … … … … … … … Ata 60,00 €

BASE III.—BENEFICIARIOS

Terán dereito a percibir estas Axudas, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos:

1) Ser pai, nai ou titor/a dun/dunha alumno/a que este matriculado para o curso 2011/2012 nun

dos cursos obxecto da axuda.

2) Que o solicitante das axudas e o/a alumno/a estean empadroados na Entidade Local Menor

de Bembrive con anterioridade ao 1

º de setembro de 2011.

unidade familiar de dous membros: … … … … … … … … … … … … … … 798,76 €/mes

unidade familiar de tres membros : … … … … … … … … … … … … … … 1.198,15 €/mes

unidade familiar de catro membros: … … … … … … … … … … … … … … 1.597,53 €/mes

unidade familiar de cinco membros: … … … … … … … … … … … … … … 1.996,91 €/mes

unidade familiar de seis membros : … … … … … … … … … … … … … … … 2.396,29 €/mes

unidade familiar de sete membros : … … … … … … … … … … … … … … 2.795,67 €/mes

Para calcular os ingresos mensuais medios a efectos destas axudas, se terán en conta as cantidades

recibida pola unidade familiar, en concepto de salario, alugueres, prestacións, pensións, etc.; descontando

no seu caso, o importe do aluguer da vivenda ou a amortización do préstamo hipotecario de vivenda

habitual, ata un máximo de 500€. Se computarán os ingresos dos seis primeiros meses do ano 2011,

sendo o ingreso mensual medio a media mensual resultante.

Considerase unidade familiar, a formada polo pai, nai titores ou persoas encargadas da garda e

protección do menor e aqueles fillos solteiros do solicitante menores de 26 anos si estudan ou están

desempregados, sen ter en conta aqueles outros que convivan no domicilio.

BASE IV .—PUBLICIDADE, PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, PRAZO E DOCUMENTACIÓN

A publicación das presentes bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios da

Entidade Local Menor de Bembrive e anunciaranse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria, así

como o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado na Entidade, no prazo de 20 días,

contando dende o día seguinte a publicación do anuncio no B.O.P., e as mesmas poderán presentarse no

Rexistro da Entidade Local Menor de Bembrive ou nalgún dos lugares que permite o artigo 38.4 da Lei

30/1992 de Réxime Xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As axudas que se concedan a través desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios da

Entidade Local Menor de Bembrive, con expresión do alumno/solicitante /expediente/colexio/finalidade

da subvención e resolución recaída.

Non se admitirá ningunha solicitude presentada fora de prazo.

A mera presentación da solicitude suporá que o/a solicitante coñece e acepta as presentes bases de

convocatoria.

Xunto coa solicitude e os anexos correspondentes, os interesados deberán de presentar os seguintes

Documentos:

1) Copia do D.N.I. do solicitante, do cónxuxe, ou titores no seu caso.

2) fotocopia do libro de familia

3) fotocopias dos salarios dos seis primeiros meses do ano 2011 de todos aqueles membros da

unidade familiar que perciban rendas do traballo. No caso de ser pensionista ou desempregado,

achegarase o certificado do organismo correspondente. No caso de ser Autónomo, presentará

segunda declaración trimestral do IRPf.

4) Xustificante de matricula do/a alumno/a.

5) Orixinal das facturas detallada do material e, no seu caso xustificante de Anpa ou Centro

Escolar do gasto realizado.

6) Vida laboral daqueles que formen a unidade familiar e aleguen estar desempregados, así como

das amas de casa e as beneficiarias dunha pensión de viuvez ou de invalidez total.

7) Certificación bancaria ou fotocopia da cartilla bancaria do solicitante.

8) De ser o caso o xustificante de aluguer ou préstamo hipotecario da vivenda habitual.

9) Certificado de convivencia do Concello de Vigo

Documentación a presentar pola Entidade Local Menor de Bembrive: Certificado expedido pola

Tesourería da Entidade de non ter débedas coa entidade os titores legais do alumnado.

BASE V.—DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS

Cando os créditos totais non sexan suficientes para cubrir os importes máximos establecidos na Base

III, se distribuirán a partes iguais entre todos os alumnos que acrediten reunir os requisitos establecidos

nestas Bases, sen distinción entre os niveis educativos dos alumnos.

BASE VI.—OBRIGAS

Os solicitantes das subvencións quedan obrigados a :

— Cumprir coas estipulacións recollidas na Lei xeral de subvencións e normativa complementaria.

— Responder legalmente da veracidade da datos expostos e documentación presentada.

— Compromiso de comunicar tódalas axudas percibidas para o financiamento dos libros.

BASE VII.—PROCEDEMENTO

A xestión do procedemento administrativo se levará a cabo pola Vogal delegada de Protección e

Promoción Social, Educación, Cultura e Deporte, facenda, Réxime Interior e Participación Cidadá ao

que iran dirixidas as solicitudes para acollerse ás presentes subvencións.

unha vez rematado o prazo de presentación das mesmas, e revisada a documentación presentada

,requirirase para presentar nun prazo improrrogable de 10 días a documentación necesaria para resolver

o expediente. e de non facelo así, se desestimará e se arquivará sen mais trámite o abeiro do disposto no

artigo 71 da Lei 30/1992.

A valoración das solicitudes se realizará por unha Comisión técnica, coa seguinte composición:

— Presidenta: A Vogal delegada anteriormente citada.

— Vogais:

unha traballadora Social nomeada pola Vogal delegada

— O Secretario da Entidade Local Menor de Bembrive, que actuará ademais como Secretario.

unha vez valoradas tódalas solicitudes pola referida Comisión, elevarase a proposta de adxudicación

á Vogal delegada competente e de ser o caso proporá unha ampliación de crédito conforme á Base I. A

ampliación de crédito se entenderá rexeitada transcorridos catro mes desde a súa presentación, salvo

que exista resolución expresa.

O prazo máximo para ditar resolución será de dous meses desde a finalización da presentación das

solicitudes. No caso de que exista proposta de ampliación de crédito este prazo será de catros meses.

Aprobada a proposta publicarase no taboleiro de anuncios a resolución recaída.

A Resolución da Vogal delegada porá fin a vía administrativa podendo os interesados interpor o

recurso potestativo de reposición, ou no seu caso recurso contencioso administrativo nos termos

recollidos na lexislación vixente.

BASE VIII.—FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DO CUMPRIMENTO DOS FINS

DAS SUBVENCIÓNS

Os gastos serán xustificados mediante facturas orixinais ou outros documentos admitidos no tráfico

mercantil de acordo coa lexislación prevista. Cando o abeiro do artigo 35 da lei 30/1992 de Réxime

xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 171 do Regulamento

de funcionamento organización e réxime xurídico das entidades Locais (R.D. 2568/1985 de 26 de

novembro) soliciten o desglose das facturas orixinais do expediente, procederase o mesmo deixando

copia compulsada no expediente. En caso de que se obtivera a axuda expresarase na factura o importe

da axuda outorgada pólo Entidade.

BASE IX.—COMPATIBILIDADE

Serán compatibles estas axudas con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma

finalidade, procedentes doutras Administracións ou entes públicos ou privados, sempre que o importe

global das subvencións outorgadas non sexa superior o 100 %. Os beneficiarios das subvencións deberán

comunicar á Entidade todas aquelas axudas solicitadas, as concedidas e o importe das mesmas.

BASE X.—PROCEDEMENTO DE REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS PERCIBIDAS.

No caso que con posterioridade o pago dunha subvención se descubra que os beneficiarios non se

atopaban nas condicións necesarias para acceder a elas, ou non xustificaran as cantidades xa percibidas

en concepto de anticipo, estarán obrigadas a devolver as mesmas incrementadas no tipo de xuro do

diñeiro, sen prexuízo das responsabilidades civís e penais que dean lugar.

DISPOSICIÓNS FINAIS

En todo aquelo non regulado expresamente nestas bases, rexerase polas disposicións xerais e

normativa reguladora das subvencións.

Bembrive, 28 de setembro de 2011.—A Vogal Delegada, Concepción Martínez Rodríguez.

PUBLICADO EN EL BOP DE PONTEVEDRA EL 18 DE OCTUBRE DE 2011

3) Non ter débedas coa Entidade Local Menor de Bembrive.

4) Non superar os ingresos mensuais medios da unidade familiar nas seguintes cantidades.

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
18/10/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina