Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

BRION: Bases reguladoras da convocatoria de subvencións e axudas para actividades culturais, deporti

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Brión

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións e axudas para actividades culturais, deportivas, educativas, de interese público e promoción económica

EDICTO

Mediante Decreto de Alcaldía de 5 de setembro de 2011 aprobánse as bases para a convocatoria pública de subvencións e axudas para actividades culturais, deportivas, educativas, de interese público e de promoción económica 2011, que se fan públicas de conformidade co artigo 9 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, para xeral coñecemento.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, EDUCATIVAS, DE INTERESE PÚBLICO E DE PROMOCIÓN ECONÓMICA 2011

Disposicións xerais.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade, para a prestación de servicios e a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio.

Os fins indicados anteriormente efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable especialmente prevista nos artigos: 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; 294 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia; 40.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei das facendas locais; e 23 e seguintes do Regulamento de servizos das corporacións locais; Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1.–Obxecto da subvención.

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para a promoción das seguintes actividades:

– Actividades veciñais, outras actividades lúdico-festivas ou de interese público.

– Actividades culturais, deportivas, educativas e xuvenís.

– Actividades de promoción económica.

Non serán obxecto da presente convocatoria as axudas para a realización de festas patronais nin os gastos derivados da súa organización.

O período que se terá en conta para a realización das actividades será durante o exercicio de 2011, e o tipo de gastos financiados serán estrictamente gastos correntes nos que incurran os beneficiarios para o desenvolvemento das súas actividades.

2.–Financiamento.

Para o financiamento desta convocatoria de subvencións e axudas establécese un crédito de 5.500,00 euros con cargo ás partidas: 341.48900 (1.500 euros) e 334.48900 (4.000 euros) do orzamento municipal para o exercizo 2011.

3.–Destinatarios.

Poderán solicitar estas subvencións: as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, asociacións, asociacións veciñais ou comités organizadores, as comunidades de bens ou calquera outra unidade económica ou patrimonio separado que, aínda non tendo personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención, debendo nomear un representante con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Debendo cumprir en todo caso os seguintes requisitos:

– Estar inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, ou telo solicitado na data de petición.

– Carecer de fins de lucro.

– Desenvolver as súas actividades no termo municipal de Brión.

– Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Brión.

– Non ser beneficiario no ano 2011 dunha subvención nominativa deste Concello.

– Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

– Non estar incursa en ningunha causa de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4.–Documentación.

Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude debidamente cumprimentada no modelo oficial que se facilitará nas oficinas xerais do Concello no que conste a contía da subvención que se solicita:

– no caso de persoas xurídicas, será asinada polo representante da entidade, asociación, o por quen teña conferida a delegación, debendo acreditar debidamente tal circunstancia (certificación do seu nomeamento).

– para o caso de grupos carentes de personalidade xurídica, deberá ser presentada por unha persoa física nomeada polos membros do mesmo mediante acta constitutiva do grupo como entidade carente de personalidade xurídica, e suscrita por todos eles, onde se autorice á persoa que insta a axuda a recibila, a cumplimentar todos os trámites da subvención, e percibir as cantidades concedidas como subvención, así como xustificala na súa debida forma.

b) Fotocopia compulsada do NIF do asinante da solicitude.

c) Fotocopia compulsada da tarxeta do código de identificación fiscal da entidade e dos estatutos da entidade para o caso das asociacións e demais persoas xurídicas

d) Programa ou memoria detallada das actividades que se pretenden realizar e para as que se solicita a subvención na que se fará constar, como mínimo, a denominación, fundamentación da actuación, obxectivos específicos a acadar, accións concretas previstas, metodoloxía a seguir, beneficiarios, calendario, recursos humáns e recursos materiais e financiamento previsto.

e) Orzamento detallado dos gastos ocasionados polas actividades para as que se solicita a subvención e dos ingresos previstos para a súa financiación.

f) Importe da subvención solicitada que en ningún caso poderá superar o 80% do orzamento de gastos, e declaración xurada das subvencións solicitadas e/ou concedidas procedentes de calquera administración ou ente público ou privado para a mesma actividade, e obligándose a comunicar aquelas concedidas con data posterior á presentación da solicitude.

g) Declaración xurada de que se atopan ao corrente nas súas obrigas fiscais en xeral e, en concreto, co Concello de Brión e coa Seguridade Social.

h) Declaración xurada de non atoparse en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas públicas.

i) Certificación dos datos bancarios do solicitante.

k) Autorización para que o Concello poida obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; no caso de non dar esta autorización, a entidade deberá presentar os certificados acreditativos xunto coa solicitude e posteriormente coa documentación xustificativa para o cobro.

En caso de que os documentos esixidos nos apartados b), c) e i) xa estiveran en poder de calquer órgano do Concello de Brión, os solicitantes poderán acollerse ao establecido no parágrafo f) do artígo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, no seu caso, emitidos, sempre e cando non transcurriran máis de cinco anos dende o remate do procedemento ao que correspondan.

Se se apreciasen defectos de forma ou documentación incompleta, requerirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días, arquivándose o expediente sin máis trámite de non efectuarse éstas dentro de prazo, ao entenderse que o interesado desiste da súa solicitude.

5.–Prazo de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir do seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes de subvención xunto ca documentación sinalada no apartado anterior deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Se con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes ten que ser plantexado algún cambio nos conceptos do orzamento, éste deberá ser comunicado e autorizado polo Concello antes da finalización do prazo de xustificación.

6.–Elaboración da proposta de concesión de subvencións.

O Departamento de Cultura formulará unha proposta de concesión de subvencións seguindo os criterios que a continuación se sinalan :

a) Interese xeral das actividades a desenvolver: ata 20 puntos.

b) Repercusión das actividades na comunidade. Implicación doutras entidades e colectivos no desenvolvemento do proxecto: ata 15 puntos.

c) Carácter periódico ou permanente das accións: ata 15 puntos.

d) Grado de interese municipal, utilidade ou servizo da actividade que se propoña e a súa coordinación e complementariedade cos programas municipais: ata 40 puntos.

e) Número de socios e colaboradores que interveñen na realización do proxecto e distribución de responsabilidades e tarefas: ata 10 puntos.

f) Número de beneficiarios: ata 20 puntos.

g) Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 20 puntos.

7.–Comisión de subvencións.

Constituirase unha comisión avaliadora para o exame da proposta previamente elaborada polo Departamento de Cultura. A citada comisión terá a seguinte composición :

a) Presidente: o señor alcalde ou concelleiro en quen delegue.

b) Secretario: o do Concello, ou funcionario en quen este delegue, se fose o caso.

c) Vogais:

– A concelleira competente ou concelleiro en quen delegue.

– Persoal técnico do departamento competente a designar pola Alcaldía.

A citada comisión formularalle a súa proposta de concesión á Alcaldía.

8.–Concesión das axudas.

Posteriormente, e previo informe da Intervención municipal, a Alcaldía analizará a proposta da comisión avaliadora das subvencións e adoptará a resolución que proceda.

A resolución da concesión notificarase aos interesados de acordo co disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A falta desta notificación expresa entenderase que ten carácter desestimatorio. Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

A resolución de concesión farase pública mediante exposición no taboleiro de anuncios, durante o prazo de dez días. Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía igual ou superior a 3.000,00 euros serán publicadas no B.O.P.

De acordo co establecido no art. 27 da Lei xeral de subvencións e no 61 do seu regulamento, a reformulación de solicitudes realizarase de forma automática, de xeito que, se o importe da subvención é inferior ó solicitado polo beneficiario, o orzamento subvencionado que deberá ser xustificado posteriormente, determinarase dividindo a contía da subvención concedida polo coeficiente de financiamento proposto polo beneficiario.

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver pola entidade beneficiaria.

Despois da notificación da resolución de concesión, e trala solicitude razoada do beneficiario da subvención, poderá autorizarse a reformulación da solicitude inicial, mediante o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou orzamento da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención.

Esta solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Alcaldía, logo da proposta previa da comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:

– Se o orzamento da nova actividade é superior ou igual ó orzamento subvencionado inicial, manteranse as mesmas condicións da subvención concedida: coeficiente de financiamento, importe da subvención e orzamento subvencionado.

– Se o orzamento da nova actividade é inferior ó orzamento subvencionado inicial, a comisión avaliadora, logo do informe previo do Departamento de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos, e o novo coeficiente de financiamento.

9.–Obrigas dos beneficiarios.

As entidades subvencionadas terán que:

– Realizar as actividades que fundamentaron a concesión da subvención e acreditar a súa realización.

– Xustificar o cumprimento dos requisitos, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

– Destinar a subvención exclusivamente aos fins para os que foi concedida, quedando expresamente prohibida calquera alteración do destino non autorizada polo Concello.

– Someterse ás actuacións de comprobación do Concello da efectiva realización das actividades para as que se concede a subvención.

– Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

– Facilitar canta información sexa requerida polo Concello, polo Tribunal de Contas ou a Intervención municipal.

– Acreditar que está ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello, das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, situación a primeira que se apreciará de oficio por este Concello. Poderase simplificar a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, mediante a presentación dunha declaración responsable, cando a contía outorgada a cada beneficiario non supere na convocatoria 3.000 euros, tal e como se establece no artigo 24 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

– Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

– Sinalar en todo tipo de publicidade que a actividade subvencionada conta co financiamento do Concello de Brión.

– Cumprir con calquera outra obriga reflexada no artigo 14 da Lei xeral de subvencións.

O incumprimento dalgunha destas obrigas poderase resolver coa suspensión do pago da subvención ou co seu reintegro.

10.–Documentación para a xustificación.

A documentación necesaria para xustificar a subvención será a seguinte:

1. Declaración ou certificación que acredite o cumprimento da finalidade da subvención mediante a realización das actividades para as que foi concedida.

2. Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de non ter outras subvencións ou axudas para o mesmo obxecto.

3.–A xustificación dos gastos realizarase coa seguinte documentación:

a) As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades que xeren gastos de persoal, xustificaranse mediante facturas ou nóminas orixinais, ou as súas fotocopias debidamente compulsadas, e os correspondentes tcs. Así mesmo, deberanse achegar as fotocopias dos NIF pertencentes ás persoas que imparten cursos, clases, conferencias, etc., así como árbitros, monitores, adestradores, etc.

b) Os restantes gastos relacionados coa realización de actividades xustificaranse coas correspondentes facturas, ou as súas fotocopias debidamente compulsadas, que cumpran os requisitos do Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.

Naqueles supostos en que a natureza da actividade subvencionada e os gastos correntes que xere o fagan aconsellable, poderase admitir, de xeito excepcional, como xustificante calquera outro documento admitido en dereito que acredite a realización da actividade obxecto da subvención e a aplicación dos fondos recibidos.

As entidades deberán presentar xustificantes pola totalidade dos gastos efectuados para cada unha das actividades subvencionadas. De non ser así, o Concello modificará as contías en proporción ao efectivamente xustificado.

Os documentos xustificativos corresponderán aos gastos feitos dende o día 1 de xaneiro ata o día 30 de novembro de 2011.

Todos estes documentos xustificativos deberán estar datados e referirse ao exercicio de 2011, así como axustarse aos conceptos incluídos no orzamento inicialmente presentado, xunto coa solicitude.

11.–Lugar e prazo de xustificación.

Unha vez realizada a actividade subvencionada, os beneficiarios disporán de un mes para a presentación da documentación xustificativa no rexistro de entrada do concello, sen exceder en todo caso o 1 de decembro de 2011, aínda que se vexa reducido o prazo anteriormente citado.

De non presentar a xustificación dentro do prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición. Tanto o prazo de presentación de solicitudes como o de xustificación entenderanse sen prexuízo do prazo de 10 días que se concederá para completar documentación, correxir defectos ou rectificar datos.

Se non se presentase a xustificación dentro do prazo sinalado, iniciarase por resolución da Alcaldía o expediente de anulación do correspondente compromiso, ou de reintegro das cantidades percibidas e non xustificadas.

12.–Pagamento das subvencións.

As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos. Cumpridas as citadas esixencias de xustificación documental, e vistas en primeira instancia polo departamento correspondente, remitiranse os expedientes á Intervención municipal para as comprobacións que proceda facer e posterior tramitación para a súa aprobación e pago.

Para os efectos de xustificación das subvencións, defínese o coeficiente de financiamento como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do orzamento calculado de gastos.

A aplicación deste coeficiente ao importe da subvención concedida dará lugar ao orzamento subvencionado que será o que se teña que xustificar para poder cobrar a subvención; é dicir:

Orzamento subvencionado = Importe subvención concedida/Cf.

No caso de ter outras subvencións para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención do Concello, teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o orzamento subvencionado será a suma das subvencións.

O gasto xustificado documentalmente deberá acadar polo menos, o importe do orzamento subvencionado.

No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección.

A aprobación da xustificación presentada polos beneficiarios e a ordenación do pago da subvención corresponderá ao alcalde-presidente, previo informe de Intervención.

O importe da subvención reducirase proporcionalmente aos gastos non xustificados correctamente.

O pago da subvención efectuarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade.

Previamente ao cobro da subvención as entidades deberán acreditar que están ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Brión, situación que se determinará de oficio polo propio Concello (en caso de non estar ao corrente procederase ao seu cobro por compensación mediante a súa dedución da obriga de pago), así mesmo deberán acreditar que están ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Poderase simplificar a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, mediante a presentación dunha declaración responsable, cando a contía outorgada a cada beneficiario non supere na convocatoria 3.000 euros, tal e como se establece no artígo 24 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo. As certificacións acreditativas desta situación poderan ser solicitadas directamente polo Concello en virtude da autorización dada pola entidade.

O importe das subvencións concedidas en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

13.–Reintegros.

Procederá o reintegro do total ou parte das cantidades percibidas dende o momento do pago da subvención, nos casos previstos nos artigos 36 e 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

14.–Responsabilidade e réxime sancionador.

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido nos capítulos I e II do título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 40 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e demais normas concordantes.

Disposición final.

Para o non previsto nesta convocatoria será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e nas bases para a execución do orzamento xeral do Concello de Brión correspondente ao exercicio 2011.

Brión, 5 de setembro de 2011.

O ALCALDE

Asdo. Jose Luís García García

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
16/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina