Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 19.Abril.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

CAMBRE: Bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo curso 2011/2012

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Cambre

Bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo curso 2011/2012

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión ordinaria de data 8 de setembro do ano que andamos, aprobou as bases para a convocatoria pública de bolsas de estudo para o curso 2011/ 2012, que se transcriben a seguir:

BASES PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE BOLSAS DE ESTUDO CURSO 2011/2012

PRIMEIRA.–O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Cambre para a concesión de bolsas de estudo, para gastos de material escolar, libros de texto e uniformes escolares para o curso 2011/2012 como acción de fomento, destinada a familias con escasos recursos económicos e con fillos cursando o 2.º ciclo de educación infantil, Bacharelato, formación profesional e educación secundaria de adultos.

SEGUNDA.–Para o financiamento deste programa de axudas existe crédito por importe de 7.200,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 2011 323 481 “bolsas de estudo” do actual orzamento municipal.

TERCEIRA.–1.–Poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que reúnan os seguintes requisitos:

1) Estar empadroado no Concello de Cambre.

2) Estar matriculado nun centro escolar.

3) Convivir co solicitante da bolsa.

4) Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual non superior a 9.000,00 euros.

Quedan excluídos da presente convocatoria os alumnos que cursen educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, durante o presente curso.

Non poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que perciban axuda do Departamento de Servizos Sociais para a mesma finalidade.

2.–As axudas poderán ser solicitadas polos representantes legais do alumnado, pais, nais ou titores.

CUARTA.–Enténdese por «renda per cápita anual familiar» o resultado de dividir a renda da unidade familiar polo número de membros que a integran.

Para os efectos desta convocatoria, para a determinación da renda anual terase en conta a suma de rendementos, imputacións de renda e ganancias e pérdidas patrimoniais, antes da aplicación do mínimo persoal e familiar, declarados ou declarables no imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio 2010 e correspondentes a cada un dos membros computables da unidade familiar.

A súa contía calcularase conforme ao resultado da realización das seguintes operacións, coas cantidades que figuren nas casillas que se indican, das súas respectivas declaracións do IRPF para o exercicio 2010:

Casilla 450+casilla 452-casilla 454+casilla 457+casilla 460.

Nos supostos de non efectuar declaración da renda no exercicio 2010, por non estar obrigado a elo, se terán en conta a suma dos rendementos do traballo, rendimentos do capital mobiliario, ganancias patrimoniais sometidas a retención menos os gastos deducibles do traballo.

Para os efectos previstos nestas bases, considérase que conforman a unidade familiar:

– Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, e os fillos que figuren empadroados e residan no domicilio familiar, solteiros menores de 26 anos ou os de maior idade cando teñan algunha minusvalía ou se encontren en situación de desemprego.

– Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos menores de idade que convivan con eles.

– No caso de falecemento dalgún dos proxenitores do alumno/a que convivisen con el, dita circunstancia acreditarase mediante achega do certificado de defunción.

– No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co beneficiario da bolsa. Non obstante se é o caso, terá consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que o determine ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

– A separación de feito acreditarase mediante certificado de convivencia ou auto de medidas provisionais.

Para acreditar aqueles supostos nos que concurran circunstancias que modificaran a situación familiar existente no ano 2010, deberá documentarse o exercicio 2011 de toda a unidade familiar, aportando a seguinte documentación:

– En caso de separación ou divorcio, certificado de vida laboral positivo ou negativo, achegando fotocopia de dúas nóminas da empresa que aparezca na vida laboral ou certificado do empleador. En caso de desemprego, certificado de vida laboral, achegando certificado da Oficina de Emprego, no que se indiquen as prestacións que se perciben actualmente e os periodos correspondentes e/ou segundo proceda, certificado de haberes dos meses nos que se traballara e, en caso de desemprego, en percibir prestación, achegarase, so certificado de vida laboral.

– En caso de viuvez, xustificante da pensión de viuvez e/ou certificado de vida laboral positivo ou negativo, achegando fotocopia de dúas nóminas da empresa que apareza na vida laboral ou certificado do empleador.

QUINTA.–As solicitudes dirixiranse ao Alcalde, podendo presentarse no rexistro xeral do Concello sito na rúa Atrio, n.º 1, Cambre, no edificio da Casa das Palmeiras, sita na rúa Tapia, n.º 1, O Temple, ou por calquera das formas sinaladas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes comezará a partir do día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e será de 15 días naturais, do que se informará a través de trípticos, pantallas dixitais municipais e bandos informativos colocados por todo o municipio así como tamén nun diario dos de maior difusión na provincia.

SEXTA.–As solicitudes de subvención deberán formularse no modelo normalizado, que figura como Anexo I, e que se facilitará no Rexistro xeral do Concello, na Casa das palmeiras e na páxina web municipal (www.cambre.org) e deberán ir acompañadas dos seguintes documentos:

– Fotocopia (compulsada) do DNI/NIE ou pasaporte do solicitante e dos alumnos beneficiarios.

– Fotocopia (compulsada) do libro de familia ou certificado literal de nacemento de todos os membros da unidade familiar.

– Fotocopia (compulsada) do certificado da matrícula escolar dos alumnos beneficiarios do curso escolar 2011-2012.

– Fotocopia (compulsada) de facturas xustificativas dos gastos realizados en concepto exclusivo de material escolar, libros de texto e uniformes escolares, co nome do beneficiario ou solicitante da bolsa de estudo.

– Autorización, asinada por todos os membros da unidade familiar computables maiores de idade, para que o concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios á axencia tributaria relativos ao seu nivel de renda (IRPF) e ao cumprimento polos mesmos das súas obrigas tributarias (esta autorización facilítase xunto co modelo normalizado).

– Documentación acreditativa da renda dos membros da unidade familiar nos supostos de modificación da situacion familiar existente no 2010 segundo o diposto na base 4 da convocatoria.

– Declaración xurada de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social de cada un dos membros da unidade familiar, segundo o anexo III (esta declaración facilítase xunto co modelo normalizado).

– Impreso de rexistro de empadroamento colectivo (deberá solicitarse no rexistro de entrada municipal).

Se é o caso:

– Fotocopia (compulsada) do título de familia numerosa.

– Fotocopia (compulsada) da sentencia de separación ou divorcio, ou fotocopia do xustificante de viuvez.

– Fotocopia (compulsada) do certificado de minusvalía.

NOTA.–Os solicitantes deberán achegar só os orixinais dos documentos, xa que as fotocopias fanse e compúlsanse no rexistro de entrada municipal no momento de presentar a documentación.

Poderase requirir polo concello a presentacion dunha declaración xurada relativa a aqueles aspectos que se estime oportuno, para xustificar ingresos non declarables ou calquera outra circunstancia a ter en conta.

SÉTIMA.–Logo da proposta da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación, o alcalde resolverá sobre o outorgamento das bolsas, segundo o baremo seguinte:

a) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual inferior ou igual a 2.500,00 euros, 25 puntos.

b) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita entre 2.500,01 euros e 4.500,00 euros, ambos incluídos, 15 puntos.

c) Por pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual entre 4.500,01 euros e 9.000,00 euros, ambos incluídos, 10 puntos.

d) Por cada membro da unidade familiar que presente algunha minusvalía, 3 puntos, por cada un deles.

e) Por ter o título de familia numerosa, 2 puntos.

f) Por pertencer a unha unidade familiar monoparental, 1 punto.

OITAVA.–Concederanse 37 bolsas de estudo de 100,00 euros cada unha, destinadas aos alumnos do 2.º ciclo de educación infantil, e 25 bolsas de 140,00 euros cada unha, destinadas aos alumnos de bacharelato, formación profesional e educación secundaria para adultos. Outorgaranse aos beneficiarios que obteñan maior puntuación segundo o baremo exposto.

No caso de empate eliminaranse aqueles que teñan unha renda per cápita anual que sexa maior. Se fose o caso de bolsas sobrantes dunha das categorías, pasarían á outra categoría automáticamente.

Se a cantidade xustificada mediante facturas é inferior ao importe da bolsa, a bolsa concederase e aboarase polo importe xustificado. Só se terán en conta, para os efectos de xustificación do gasto realizado, os importes totais ou parciais nas facturas presentadas e emitidas por conceptos que constitúan obxecto de subvención na presente convocatoria, é dicir, material escolar, libros de texto e uniformes escolares.

Unha vez outorgadas as bolsas de estudio e notificado o acordo de concesión, procederase ao pagamento das mesmas en pago único.

NOVENA.–Os beneficiarios estarán obrigados a:

a) Someterse ás actuacións de comprobación do Concello e ás de control financeiro que corresponden á intervención municipal.

b) Comunicar ao Concello a concesión doutras subvencións concorrentes por parte doutras administracións ou entidades privadas para a mesma finalidade.

c) Conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos concedidos durante o prazo de catro anos.

d) Proceder ao reintegro do percibido en exceso, en caso de incumprimento.

DÉCIMA.–Previamente á concesión, comprobarase de oficio que os membros da unidade familiar beneficiaria das axudas están ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias municipais, estatais e coa seguridade social e non son debedores á facenda municipal polo reintegro de subvencións.

Para o non previsto nestas bases, aplicaranse as normas xerais contidas nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Cambre do 2011, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da antedita lei, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa aplicable.

Cambre, 1 de setembro de 2011.

A concelleira delegada da Área de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación

M.ª Jesús González Roel

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
16/09/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina