Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Convocatoria para o ano 2011 do programa RE- INVIRTE FERROL

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

O pasado 28 de Febreiro publicouse no DOGA a  Resolución do 8 de febreiro de 2011 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Re-invirte Ferrol) (DOG nº 142, do 27 de xullo), facultando o director xeral a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.


Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Convocar para o ano 2011, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas ao amparo das bases reguladoras do Igape para o programa de apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Re-invirte Ferrol, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-invirte Ferrol) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2010).


Para os efectos da nova convocatoria, substitúense o anexo II, formulario de presentación da solicitude, e o anexo VI, relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas, segundo os modelos anexos.


Segundo.-O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 15 de setembro de 2011 para as solicitudes na entidade financeira por parte do solicitante e o 14 de outubro de 2011 para a presentación das entidades financeiras no Igape.


No caso de esgotamento do crédito, en cumprimento do disposto no artigo 32º do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.


Terceiro.-Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:


Partida orzamentaria 2011 2012

02.01-E5/10/01-656700 57.000 € 43.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, previa declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.


Así mesmo, non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31º.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, do cal se dará a correspondente publicidade no Diario Oficial de Galicia.


Cuarto.-Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 20 de abril de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 142, do 27 de xullo.


Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
01/03/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina