Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Deputación Provincial da Coruña :Bases concurso de deseño logotipo “Igualdade de xénero e loita cont

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Provincial

Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Fomento e Servizos Provinciais. Sección de Servizos Sociais

Bases concurso de deseño logotipo “Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero”

ANUNCIO

Bases concurso de deseño logotipo “Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero”

BASES, ANO 2011

PREÁMBULO

Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro do 2011, quere que a sociedade participe, e se implique de maneira activa e convoca un concurso de deseño dun logotipo ou composición gráfica/escrita como imaxe e símbolo identificativo para empregar nas actividades, publicacións e edición de materiais nesta área.

PRIMEIRA. Participantes.

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou afeccionados/as, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presenten soamente unha obra ou composición inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego.

SEGUNDA. Temática.

O premio poderase conceder á composición gráfica/escrita que a través da súa orixinalidade e a súa eficacia comunicadora represente a promoción da “Igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero” como símbolo identificativo da actividade nesta materia da Deputación Provincial da Coruña.

A Composición gráfica debe ser lexible, escalable, reproducible, distinguible e memorable.

Se inclúe un lema este deberá respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a Lei galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero, Lei 11/2007, do 27 de xullo.

TERCEIRA. Formato.

Poderá utilizarse calquera técnica que permita a súa reproducción fotomecánica.

Achegarase os traballos en dous formatos:

Impreso:

Presentarase formato DIN A4 (29.7 x 21) en cartón pluma (sen cristal protector nin marco). Engadirase no mesmo cartón pluma:

– Unha versión en cor e outra en branco e negro.

– Formato reducido en 1 cm na dimensión mais longa en ámbalas dúas presentacións (branco/negro e cor).

Electrónico: presentarase copia do traballo en soporte dixital en formato TIF a 300 puntos de resolución en tamaño formato DIN A3 que poida ser reproducido. Engadirase os formatos en cor e en branco e negro, así como os dous formatos reducidos.

A obra non poderá ir asinada, nin con ningún dato. O idioma utilizado será o galego. Poden escoller libremente o formato de letra, que deberá ser lexible.

Se a persoa participante o considera, poderá achegar xunto coa obra impresa unha breve explicación (máximo 200 palabras) sobre a composición nun folio aparte no que conste tan só o pseudónimo para poder identificar a obra.

CUARTA. Dotación económica do premio.

Outorgarase un premio único dotado con 2.500 €.

O traballo gañador queda en poder da Deputación reservándose o dereito de reproducción total, parcial, ou baixo modificación. Esta poderá facer uso do traballo gañador, e a/as persoas autoras cederanlle os seus dereitos de autor/a e propiedade intelectual, así como a cesión e utilización dos datos persoais, para que poida utilizala para calquera campaña de sensibilización e información que teña divulgación nos medios de titularidade pública (en calquera formato ou tamaño).

Así mesmo, cos traballos orixinais achegados poderá elaborarse material de difusión, unha exposición ou poderán colgarse nunha ligazón á páxina web.

QUINTA. Prazo e forma de presentación dos traballos.

Prazos: o prazo de admisión de orixinais finalizará o día 30 de decembro de 2011.

Forma de presentación e documentación:

As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral ou dirixiranse á Deputación Provincial da Coruña, Avda. Alférez Provisional, 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre: “Concurso de deseño de logo “Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero”, incluíndo o seguinte contido:

1.º) Achega dos traballos de deseño:

Os traballos deberán ter o lema en galego e as persoas autoras achegarán a obra ou composición que desexen (só 1 obra), cunha copia en CD xunto co traballo (fóra do da plica).

2.º) Plica pechada cos datos de identificación:

Nunha plica ou sobre pechado á parte, achegaranse os datos de identificación das persoas naturais autoras da obra, ou do/a seu/súa representante no caso das persoas xurídicas: nome e apelidos, NIF, enderezo e núm. de teléfono, fax ou correo electrónico de contacto da persoa autora ou representante, no seu caso.

Indicarán fóra do sobre o traballo que achegan mediante un pseudónimo ou lema inventado (distinto ao lema e texto do logotipo) como identificador, que deberá figurar tamén na parte de atrás dos traballos e no soporte informático (CD), pegado ou escrito.

No caso de remitir a obra por correo, certificado ou non, mensaxaría ou a través de calquera tipo de rexistro, deberá respectarse tamén o anonimato, sendo identificada só polo seu pseudónimo.

3.º) Achegarase tamén dentro da plica a seguinte documentación:

a) Unha fotocopia do NIF das persoas físicas que presenten o traballo, e, no caso de persoa xurídica, fotocopia do CIF e do NIF da persoa representante.

b) Unha certificación da conta bancaria na que se realizará o pago á persoa premiada, segundo o modelo xeral que poden obter na páxina web desta Deputación, www.dicoruna.es, no apartado de impresos oficiais.

c) No caso de que o traballo o realice un colectivo sen personalidade xurídica propia, ademais, sinalarase nun escrito asinado por todas as persoas partícipes a cota de participación de cada unha delas para ser ingresada na conta ou contas que sinalen, no caso de terse que efectuar o pagamento.

d) Unha declaración xurada de que o traballo non foi premiado anteriormente, e que tanto a obra ou composición como o lema son inéditos.

e) Unha declaración xurada de que as persoas solicitantes reúnen as condicións esixidas nas bases da convocatoria do premio e que a participación supón a aceptación de todas elas, consentindo a cesión de dereitos prevista.

f) Unha declaración xurada de que as persoas participantes están ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e nas obrigas respecto da Deputación, e de que non están incursas en ningunha das circunstancias que impiden obter a condición de beneficiario de axudas públicas conforme ao art. 13. 2 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. (No caso de percibir o premio, este feito deberá acreditarse coa achega das certificacións da Axencia Tributaria e da Tesourería Xeral da Seguridade Social.)

SEXTA. Composición e actuación do xurado.

O xurado estará presidido pola Sr. presidente da Deputación ou persoa na que delegue e formarán parte del a deputada da Área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero, e normalización linguistíca, a técnica de igualdade e políticas públicas da Deputación provincial, unha persoa da área de Benestar Social na Sección de Servizos Sociais, unha persoa de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico.

Actuará como secretario o da Corporación ou a persoa funcionaria en quen delegue. Este será o encargado de abrir a plica da obra que resulte finalista.

O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 22 a 27 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Serán criterios que se terán en conta para a concesión do premio, entre outros, non só o deseño senón tamén a utilización dos métodos e técnicas de mercadotecnia social, que pretenden conseguir o cambio de condutas.

O xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta Deputación, que é o órgano competente para resolver o premio.

SÉTIMA. Prazos de concesión e entrega do premio.

A concesión do premio decidirase antes do 30 de xaneiro de 2012, e darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación e no apartado de novas da páxina web da Deputación www.dicoruna.es.

OITAVA. Devolución das obras.

As obras non se devolverán.

NOVENA

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 24 de novembro de 2011.

O presidente O secretario xeral

Diego Calvo Pouso José Luis Almau Supervía

2011/15553

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
25/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina