Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 28.Marzo.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Difusión axudas autoemprego da Secretaría Xeral da Emigración

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

Co obxecto de apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus familiares, esta Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ven de publicar a Resolución do 7 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede a súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 35 do 20/02/2017).

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de febreiro e finalizará o 29 de setembro de 2017.

Serán gastos subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos de notaría e rexistro, cursos técnico específico, subscricións, cotas de participación en asociacións empresariais ou profesionais e gastos de colexiación, servizos de profesionais, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria, vehículos e de equipamentos informáticos, e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade ( calefacción, gas, auga, electricidade, telefonía e internet).

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos comúns:

  1. Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

  2. Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración.

  3. Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

  4. Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.

  5. Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por outra banda, as persoas solicitantes deberán cumprir uns requisitos específicos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado:

1. Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:

a) Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens.

b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período ao que se refire o punto b) dos requisitos comúns anteriormente indicados.

2. Socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:

a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período ao que se refire o punto b) dos requisitos comúns anteriormente indicados.

Pode consultar en detalle estes e outros aspectos da convocatoria a través do seguinte enlace:

http://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/subvencions-promover-o-autoemprego-e-actividade-emprendedora-das-persoas-3

Ou ben poderá obter información nos seguintes números de teléfonos ou correo electrónico:

Servizo de Planificación e Xestión de Programas:

0034 981 957162

00 34 981 547271

e-mail: retorno.emigracion@xunta.gal

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
09/03/2017 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina