Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Malpica de Bergantiños:Bases convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Malpica de Bergantiños

Secretaría

Bases convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do asociacionismo e a cultura

ANUNCIO

Bases Convocatoria de Axudas a Entidades sen ánimo de lucro para o FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E A CULTURA

Aprobadas por resolución da Alcaldía nº 892/2011, as bases que rexen a Convocatoria de Axudas a Entidades sen ánimo de lucro para o FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E A CULTURA , conforme ao ordeado na mesma faise público o texto integro das mesmas para xeral coñecemento..

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E A CULTURA.

DISPOSICIÓNS XERAIS

1.-Finalidade e obxecto.

Sendo a finalidade desta convocatoria apoiar ás entidades sen fins de lucro no seu funcionamento ou no mantemento das súas actividades e nas programacións que desenvolvan en materia de cultura, conforme ó disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local; e na normativa que a desenvolve; na Lei 5/1997, de administración local de Galicia, e con cargo ás partidas presupostarias correspondentes do Concello de Malpica de Bergantiños, convócanse, para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011, as axudas para os programas que deseguido se detallan:

1.1. Programa, límites de crédito dos programas e aplicación orzamentaria

O importe global para as presentes subvencións será de 17.000,00 € con cargo á partida 330.480 do orzamento do Concello de Malpica para o ano 2009, prorrogado para 2011 e actualmente en vigor.

PROGRAMAS

PARTIDA

CRÉDITO ORZAMENTARIO

1.- PROMOCIÓN DAS CABALGADAS DE REIS

330.480

1.000,00 €

2.-PROMOCIÓN DAS ACTIVIDADES DE ENTROIDO

330.480

2.000,00 €

3.-PROMOCIÓN DOS CONCERTOS E FESTIVAIS DE VERÁN

330.480

1.500,00 €

4.- PROMOCIÓN CULTURAL

330.480

12.500,00

TOTAL

330.480

17.000,00

O alcalde, despois da proposta da Comisión Avaliadora, poderá aprobar a modificación das contías asignadas a cada programa da presente convocatoria.

1.2. Obxecto das axudas convocadas:

1.2.1.- No Programa de Promoción das Cabalgadas de Reis: subvencionaranse os gastos derivados da organización de Cabalgadas de Reis nas diferentes parroquias do Concello. Ata un máximo de 280,00 €.

1.2.2.- No Programa de Promoción das Actividades do Entroido: subvencionarase a realización das manifestacións tradicionais do Entroido en cada parroquia, así como a realización de actividades especialmente dedicadas ós nenos, cunha cantidade máxima de 400,00 € para aquelas actividades que acrediten un especial interese etnográfico e/ou se complementen con actividades dirixidas á infancia e á xuventude.

1.2.3.- No Programa de Promoción dos Festivais de Verán: subvencionarase a realización de concertos musicais no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, especialmente aqueles que teñan capacidade de incidir na promoción turística do Concello e os que se dirixan á mocidade como público preferente

1.2.4.- No Programa de Promoción Cultural: subvencionaranse todo tipo de actividades culturais, que non sexan obxecto de axuda noutros programas desta convocatoria, así como os gastos de funcionamento das entidades culturais, sen máis limitacións das establecidas con carácter xeral.

Con carácter xeral, non poderán ser obxecto de axuda na presente convocatoria as actividades subvencionadas, no mesmo exercicio, a través doutras axudas do Concello de Malpica de Bergantiños.

2.-Solicitantes.

2.1.- Poderán optar ós programas contidos na presente convocatoria:

a) As entidades xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro.

• Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Malpica de Bergantiños.

• Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

• Non ter pendente de xustificacións subvencións outorgadas polo Concello.

b) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, que deberán facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terá igualmente a consideración de beneficiario. Indicación do representante ou apoderado único (e acreditación do nomeamento), con poderes banstantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. As agrupacións deberán asemade cumprir os seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro.

• Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Malpica de Bergantiños.

• Ter capacidade suficiente para levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos que motiva a concesión da subvención.

• Comprometerse a non disolver a agrupación ata que teña transcorrido o prazo de prescripción previsto nos artigos 39 e 65 da LXS.

• Cumprir os requisitos para ober a condición de beneficiario dispostos no artigo 13 da LXS.

• Non ter pendente de xustificacións subvencións outorgadas polo Concello.

3.-Condicións.

3.1. As entidades poderán solicitar axudas a cada un dos programas (Promoción cultural, promoción das actividades de Antroido, promoción dos concertos de verán e promoción das cabalgadas de reis).

3.2. O Concello de Malpica poderá conceder ata un máximo de 4.000,00€ polo total das peticións a cada entidade solicitante.

3.3. Non obstante, para a concesión primarase o maior esforzo económico que a realización das actividades supón para a entidade solicitante.

3.4. A entidade que recibise unha axuda do Concello de Malpica fará constar en lugar visible e destacado da publicidade da actividade a colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños coa lenda: “Patrocina: Concello de Malpica de Bergantiños” acompañada do seu anagrama. O tamaño do anagrama e lenda deberá ser, cando menos, de igual tamaño que os restantes que aparezan no mesmo soporte gráfico.

3.5. A publicidade e materiais gráficos elaborados con motivo das actividades que reciban axudas do Concello de Malpica de Bergantiños utilizarán o idioma galego.

3.6. Non serán subvencionables os gastos en bebidas alcohólicas, alimentación, nin viaxes ou excursións, neste último caso salvo que se xustifique suficientemente o seu caracter exclusivamente cultural.

4. Documentación.

4.1. As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados que se facilitarán no Concello de Malpica de Bergantiños. Achegarase tamén a seguinte documentación:

a. Fotocopia da tarxeta do CIF da entidade.

b. Fotocopia dos estatutos da entidade.

c. Fotocopia da tarxeta do NIF do representante.

d. Certificación dos datos bancarios da entidade, segundo modelo aprobado polo Concello de Malpica.

e. Certificación acreditativa do acordo de solicitude e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello de Malpica.

f. Declaración do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública e de aceptación das bases da convocatoria.

g. Memoria explicativa da actividade que se vai realizar, que fará mención ás persoas beneficiadas directa ou indirectamente pola axuda, ó calendario fixado e ó resumo dos programas levados a cabo no exercicio anterior, se é o caso.

h. Deberá presentar, tamén, unha previsión de ingresos e gastos da actividade para a que solicita axuda.

i. Memoria explicativa das actividades que ten realizado ou programado realizar no ano en curso.

j. Certificado en vigor acreditativo de atoparase ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social, así como autorización ao concello para a verificación de atoparse ao día coa facenda municipal.

4.2. A documentación sinalada nos apartados a), b), c) e d) non terá que ser presentada se xa se presentou ó solicitar a súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións e non houbo variación nela, a tal efecto dita documentación poderá substituírse mediante declaración xurada conforme a cal dita documentación non ten sufrido modificacións e non teñen transcorrido máis de 5 anos dende a súa presentación.

4.3. A documentación que se entregue en fotocopia ha de vir debidamente compulsada.

4.4. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base 4, deberá ser emendado no prazo de 10 días dende a recepción do requirimento.

5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

5.1. As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Malpica de Bergantiños e na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados dende o día seguinte ó de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

6.-Resolución dos programas.

6.1. A concesión das subvencións realizarase, despois do informe do Departamento de Educación e Cultura, mediante acordo da Alcaldía do Concello de Malpica, a proposta motivada da Comisión Avaliadora composta polos seguintes membros:

O alcalde.

A concelleira de Educación e Cultura.

1 concelleiro designado polo alcalde.

O técnico responsable do Departamento de Educación e Cultura, con voz pero sen voto.

6.2. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar e a programación de actividades anual, en función dos seguintes criterios:

6.2.1. Promoción das cabalgadas de reis

• Pola organización da cabalgada de reis nunha parroquia (0-3)

• Pola organización da cabalgada de reis en dúas parroquias (3-5)

• Pola organización da cabalgada de reis en tres parroquias (5-7)

6.2.2. Promoción das actividades de Entroido

• Pola inclusión na proposta de actividades destinadas á infancia (0-3)

• Polo especial interese etnográfico da actividade a subvencionar (0-7)

6.2.3. Promoción dos concertos e festivais de verán

• Financiamento achegado pola entidade solicitante (0-5)

• Número de beneficiarios da actividade para a que se solicita axuda (0-5)

• Interese turístico da actividade para a que se solicita axuda (0-10)

• Programa da actividade para a que se solicita axuda (0-20)

6.2.4. Promoción do asociacionismo e a cultura

• Financiamento achegado pola propia entidade (0-5 puntos).

• Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades (0-10 puntos).

• A programación anual de actividades da asociación (0-20)

• Interese das actividades para as que se solicita a axuda (de 0-65 puntos) en función de:

• A súa repercusión no espallamento e na conservación dos costumes e das tradicións específicas do noso Concello (0-20 puntos).

• O carácter periódico ou permanente das actividades obxecto de subvención (de 0-15 puntos).

• A proposta de actividades que complementen a oferta existente (0-5 puntos).

• A asistencia ás xuntanzas de programación participativa (de 0-15 puntos).

• A coordinación co Concello no desenvolvemento das actividades (de 0-10 puntos).

6.3. A resolución da concesión das achegas realizarase mediante acordo da Xunta de Goberno Local, despois do ditame da Comisión Avaliadora, nun prazo que non poderá exceder de 2 meses dende a publicación das bases.

6.4. Non téndose notificado resolución expresa nese prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas. A práctica de notificación axustarase ás disposicións contidas no artigo 59 da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.Xustificación e pagamento.

7.1.-Consideracións xerais.

7.1.1. O gasto xustificado documentalmente deberá acadar, o total do importe da subvención concedida e no caso de existir outras axudas, a suma das subvencións concedidas para o mesmo obxecto, obtidas de administracións públicas ou de entidades privadas.

7.1.2. O pago das subvencións realizarase, despois da xustificación polo beneficiario do cumprimento da finalidade para a que se concedeu, nos termos establecidos nas presentes bases, establecéndose como prazo máximo para dita xustificación o 12 de decembro de 2011.

Producirase a perda do dereito ó cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de cumprimento das condicións de xustificación, sendo aplicable o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións en canto ó reintegro e responsabilidades.

7.1.3. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial.

Non obstante, despois da solicitude razoada do beneficiario da subvención, poderá autorizarse o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou no presuposto da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención. Esta solicitude deberá presentarse antes de 15 días do fin do prazo inicial de xustificación e requirirá a proposta da correspondente Comisión Avaliadora, que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:

* Se o presuposto da nova actividade é superior ou igual ó presuposto subvencionado a xustificar inicial, manteranse as mesmas condicións da subvención concedida: o importe da subvención e o presuposto subvencionado que se debe xustificar.

* Se o presuposto da nova actividade é inferior ó presuposto subvencionado que se ha de xustificar, a Comisión Avaliadora, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo presuposto subvencionado que se debe xustificar, que serán inferiores ós inicialmente establecidos.

A autorización de cambio será obxecto de resolución da Alcaldía.

7.1.4. Para o cobramento da subvención as entidades e agrupacións deberán estar ó día nas súas obrigas co Concello de Malpica de Bergantiños, así como coa axencia tributaria e a seguridade social.

7.1.5. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión. Polo tanto, o importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.

7.1.6. O beneficiario queda obrigado a facilitar canta información lle sexa requirida polo Concello e polo Consello de Contas e sométese ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei xeral orzamentaria e, no seu caso, ó disposto no Código Penal.

7.2. Prazo de xustificación.

7.2.1. O prazo para a xustificación das subvencións será ata o 12 de decembro de 2011.

7.2.2. Se non se presentase a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado), por resolución de Alcaldía iniciarase o expediente de anulación do correspondente compromiso. A resolución final será notificada á entidade.

7.3. Documentación xustificativa.

7.3.1. Para o cobramento da subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

7.3.1.1. Declaración ou certificación de ter cumprida a finalidade da subvención mediante a realización das actividades para as que foi concedida, así como as memorias de prensa, os materiais gráficos editados e canta documentación contribúa a clarexar a realización e alcance do investimento e, no seu caso, a acreditación de teren realizado os materiais de difusión da entidade e das actividades obxecto de axuda en galego.

7.3.1.2. Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, polo contrario,unha declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto.

7.3.1.3. Acreditación da realización de gastos, do xeito seguinte:

a) As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades que xeren gastos correntes, xustificaranse mediante facturas orixinais (cos requisitos esixidos no RD 1496/2003) ou fotocopias compulsadas.

No caso de gastos de persoal, poderán achegarse como xustificante as nóminas acreditativas do pagamento ou os documentos xustificativos de ingreso dos seguros sociais.

O gasto, xustificado mediante a documentación sinalada, deberá acadar, polo menos, o importe da axuda concedida, tal como vén este definido no parágrafo 1 das consideracións xerais de xustificación ou a suma das subvencións obtidas de administracións públicas ou entidades privadas, no caso de que existan.

b) En ningún caso se admitirán como xustificante dos gastos as cantidades satisfeitas ó concello, polo uso das súas instalacións.

7.3.1.4. Fotografía que testemuñe o Cartel ou medio/s de publicidade e difución da subvención outorgada polo Concello de Malpica.

7.4. Tramitación da xustificación.

7.4.1. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente estimará o cumprimento das actividades e se a documentación é correcta, procederase ó pagamento do total da subvención concedida.

7.4.2. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa corrección.

7.4.3. De non cumprirse o requisito establecido no apartado anterior dentro do prazo sinalado, e sempre que se acredite o cumprimento da finalidade, o importe da subvención reducirase proporcionalmente ós gastos xustificados correctamente.

7.4.4. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta acreditada pola entidade ou agrupación

Disposición adicional primeira.

Con carácter xeral admitiranse fotocopias, sempre que veñan compulsadas:

• Diante de notario.

• Pola secretaría do Concello de Malpica de Bergantiños

• Polo órgano competente cando se teña presentado segundo os medios previstos no artigo 38 da Lei 30/92.

Disposición adicional segunda.

Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Malpica de Bergantiños do exercicio de 2009 prorrogado para 2011, e actualmente en vigor, así como o disposto na LXS e na LSG.

Malpica de Bergantiños 23 de setembro de 2011.

O Alcalde

Eduardo Parga Veiga

2011/12615

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
03/10/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina