Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 17.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Mazaricos: Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para o transporte escol

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Mazaricos

Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para o transporte escolar durante o curso 2011-2012

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA TRANSPORTE ESCOLAR DURANTE O CURSO 2011-2012

1.- FINALIDADES E OBXETO

O Concello de Mazaricos, ten a intención de apoiar aos estudantes que, residindo no Concello, cursen estudos de bacharelato ou formación profesional, fóra dos límites do Concello, durante o curso 2011-12, co fin de facilitarlles o transporte ou desprazamento. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados,...)

É obxecto das presentes Bases regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para transporte escolar para o curso académico 2011-2012.

O orzamento máximo para as devanditas axudas é de 8.000 euros retido na partida 320.480.

2.- BENEFICIARIOS.

2.1.- Teñen a condición de beneficiarios os estudantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o estudante esté empadroado no Concello de Mazaricos durante a totalidade do curso lectivo.

b) Que o estudante curse estudos de bacharelato e formación profesional, para os que fora necesario desprazarse fóra do Concello durante a totalidade do curso lectivo

c) Que o beneficiario non perciba axudas para o mesmo fin.

d) Que o beneficiario non teña axudas ou subvencións pendentes de xustificar ante o Concello de Mazaricos.

Nos supostos dos estudantes que, cumprindo os anteriores requisitos, sexan menores de idade, terá a condición de beneficiario o pai, nai ou titor do mesmo.

2.2.- Os beneficiarios terán as seguintes obrigas ante o Concello de Mazaricos:

- Cumprir a actividade obxecto da subvención

- Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.

- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social.

-Comunicar ante o Concello calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

3.- SOLICITUDES.

3.1.- As solicitudes para a concesión da presente axuda formalizaranse no modelo de solicitude establecido a tal fin e presentarse no rexistro xeral do Concello e deberán acompañarase da seguinte documentación:

- Fotocopia compulsada do DNI do solicitante e do estudante. Fotocopia compulsada do libro de familia, no caso de que os nenos/as aínda non teñan DNI.

- Certificado de empadroamento no Concello de Mazaricos do estudante.

- Fotocopia compulsada da matrícula oficial de estudos ou certificado expedido polo centro, acreditativo de que o solicitante cursa estudos no mesmo.

- Declaración do solicitante de non percibir axuda algunha para a mesma finalidade.

- Declaración responsable do solicitante de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e ca Seguridade Social .

- Datos bancarios do beneficiario para recibir a subvención.

3.2.- O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contando dende o día seguinte da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, publicación que irá acompañada de bandos no termo municipal para unha mellor difusión e publicidade da mesma.

4.- PROCEDEMENTO

4.1.- A instrución do procedemento corresponderalle a un traballador do Departamento de Servizos Sociais, que deberá avaliar as solicitudes presentadas e requirir as subsanacións que procedan para que as mesmas cumpran os requisitos esixidos nas presentes bases. O prazo de subsanación será de dez días improrrogables; no suposto de que os defectos se consideren non subsanables, o órgano instrutor proporá a inadmisión.

4.2.- Avaliadas as solicitudes polo órgano instrutor, emitirase proposta de resolución por parte da Concellería correspondente.

4.3.- O importe da subvención para cada un dos solicitantes admitidos será de 200 euros. En caso de que a suma de tódolos importes supere o crédito reservado para tal fin, efectuarase un prorrateo entre tódalas solicitudes, de tal maneira que o importe de tódalas axudas sexa igual.

4.4.- En calquera caso, as axudas presentarán como límite máximo o custe dos gastos de transporte en que teña que incorrer o beneficiario.

5.- RESOLUCIÓN.

5.1.- A Xunta de Goberno Local, en base á proposta da Concellería correspondente, e previo o informe da Intervención Municipal, resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas. A resolución conterá a relación dos beneficiarios e os importes das axudas, así como as solicitudes desestimadas coa motivación que proceda.

5.2.- A notificación da resolución definitiva realizarase antes do 31 de decembro do 2011. Esta resolución notificarase ós beneficiarios, de acordo co artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. A falta de notificación no prazo establecido lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Asemade, a resolución de concesión publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello.

5.3.- Contra a resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer, de conformidade co preceptuado no artigo 116 da Lei 30/1992, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da notificación da presente resolución, ou directamente recurso contencioso administrativo ante ao Xulgado do Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o seguinte ao da notificación do acordo.

Todo iso, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime conveniente en defensa dos seus intereses.

6.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

6.1.- A xustificación das presentes axudas entenderase realizada ca presentación ao Concello do certificado do centro educativo de que está matriculado nun centro fora do Concello de Mazaricos.

A falta de xustificación ou xustificación insuficiente dará lugar á perda do dereito da subvención por parte do beneficiario, polo que procederá a tramitación do reintegro da axuda por parte do órgano concedente e previo o informe da Intervención Municipal.

6.2.- O aboamento da subvención realizarase mediante ingreso por transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario.

7.- REINTEGRO

7.1.- Procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

- Falta de xustificación ou xustificación insuficiente

- Variación nas circunstancias que motivaron a concesión da axuda

- Demáis supostos previstos no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións

7.2.- O reintegro estará suxeito ás disposicións previstas ao respecto nos artigos 36 e seguintes da Lei Xeral de Subvencións.

8.- COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓN

A concesión destas axudas será compatible con calquera outro tipo de becas ou subvencións, agás as que se entreguen coa mesma finalidade.

Mazaricos, 14 de novembro de 2011

O ALCALDE.-

ASDO. JOSE MANUEL SANTOS MANEIRO

2011/15017

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
25/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina