Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

Monfero: Convocatoria de bolsas do ensino do curso 2011-2012

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Administración Local

Municipal

Monfero

Convocatoria de bolsas do ensino do curso 2011-2012

ANUNCIO

Por acordo da Xunta de Goberno Local deste Comcello do día 7 de outubro de 2011, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas ao estudo para o curso 2011-2012, que se transcriben deseguido, as cales permanecerán expostas ao público, para efectos de reclamacións, por prazo de oito días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

“BASES PARA A CONCESIÓN DE MUDAS AO ESTUDO CURSO 2011/2012

PRIMEIRA.–Constitúe o obxecto das presentes bases o regulamento do procedemento para a concesión de axudas ao estudo para o curso 2011/2012, coa finalidade de compensar ás familias deste municipio para afrontaren os gastos derivados da realización de estudos dos seus fillos e filias, entendendo por tales: libros, material escolar e para actividades, roupa, calzado, gastos de transporte e similares.

SEGUNDA.–O crédito que se destina a este programa, que se financiará con cargo á partida 2011.0.3.0.48200, é de 6.000,00 €.

TERCEIRA.–Poderán solicitar estas axudas todos os estudantes que reúnan os seguintes requisitos:

– Estar empadroado no Concello de Monfero e ser filio/a de pais que tamén o estean (alomenos un deles).

– Ter menos de 24 anos de idade e non exercer ocupación ou traballo remunerado.

– Cursar estudos de Educación Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO, Bachareiato, Formación Profesional, ciclos formativos ou estudos universitarios.

– Pertencer a unha unidade familiar (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado) cuxos rendementos de traballo, actividades e capital, nos termos do apartado H do modelo de declaración do IRPF correspondente ao ano 2010 (suma das casiñas 455 “Base impoñible xeral” e 465 “Base impoñible do aforro”), non superen a cantidade de 18.000,00 €, máis 900,00 € por cada memoro que a integre, ou ben que non tiveran formulado tal declaración por non acodar os seus ingresos o mínimo esixido para presentala con carácter obrigatorio.

CUARTA.–As solicitudes presentaranse, no rexistro de entrada do concello, ata as 15.00 horas do día 15 de novembro de 2011, no modelo oficial que se xunta como anexo e que se facilitará nas oficinas municipais. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación (orixinais ou fotocopias compulsadas):

– Fotocopia do DNI do/a solicitante e do pai, nai ou titor cando aquel sexa menor de idade.

– Fotocopia do resgardo da matrícula do curso 2011/2012.

– Fotocopia da declaración da renta do ano 2010 dos pais do solicitante. Aqueles pais ou nais que non fixesen a declaración da renta do 2010, presentarán certificado de imputacións do IRPF expedido polo Axencia Tributaria, correspondente ao mesmo exercicio.

– Fotocopia do libro de familia.

– Documento acreditativo das cualificacións académicas obtidas no curso 2010/2011.

– Certificación do número de conta bancaria ou fotocopia da libreta bancaria do solicitante, ou representante, á que se Ile transferirá a cantidade que se conceda.

– Certificado de minusvalía, se fora o caso.

– Certificado INEM que acredite a situación de desemprego durante máis de 6 meses durante o ano 2011.

De se presentaren varias solicitudes por unha mesma familia, a documentación común se acompañará soamente á solicitude do filio/a maior, facéndoo constar nas demais.

Non se admitirán as solicitudes que non se presenten no modelo oficial nin aqueloutras que se reciban no rexistro de entrada do Concello con posterioridade 15-11-2011. No caso de solicitudes defectuosas, concederase un prazo de 10 días para emendar deficiencias, arquivándose sen máis trámites cando non se emenden os erros ou omisións.

QUINTA.–As axudas serán concedidas por acordo da Xunta de Goberno Local, previo informe-proposta non vinculante da Traballadora Social, en función dos criterios que se especifican no baremo que aparece a continuación, distribuíndose o crédito en proporción á puntuación obtida por cada solicitante, cun máximo de 200,00 € por cada estudante de primaria e secundaria, e con 300,00 € para os demais.

– Capacidade económica da familia nuclear en renda per cápita, ata 10 puntos:

Para determinar a capacidade económica calcularase a renda per cápita da familia (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado), en función dos rendementos de traballo, actividades e capital, nos termos do apartado H que figuran na declaración do IRPF do ano 2010 e que se valorará coa suma das casiñas 455 e 465 desta. Cando non fixeran a declaración, se terán en conta os datos reflectidos na declaración persoal, cuxo modelo está dispoñible nas oficinas municipais.

Concederanse 10 puntos ás familias que non pasen de 1.000,00 € en renda per cápita anual e un punto menos por cada 700,00 € máis de renda.

– Número de membros, ata 5 puntos:

Outorgarase da seguinte forma:

 1 punto: familias de 2 membros

 2 puntos: familias de 3 membros

 3 puntos: familias de 4 membros

 4 puntos: familias de 5 membros

 5 puntos: familias de 6 ou máis membros

– Distancia ata o centro de estudos (excepto nos casos de transporte escolar gratuíto e primaria), ata 10 puntos:

Puntuarase cun máximo de 10 puntos a todos os estudantes que carecen de transporte escolar gratuíto, e con 0 puntos a aqueles que estudan ensinanzas obrigatorias.

– Número de fillos/as estudando, ata 3 puntos:

A puntuación asignarase da seguinte forma: 1 punto por filio, 2 puntos para familias con 2 fillos (ambos cursando estudos), e coa máxima de 3 puntos ás familias que teñan 3 ou máis fillos estudando.

– Cualificación académica, ata 3 puntos:

O baremo da cualificación académica será o seguinte:

 3 puntos: alumnos con notas de sobresaínte ou notable.

 2 puntos: alumnos con notas de ben, P.A. e acuda os obxectivos. Igualmente aqueles que se incorporaran este curso ao Centro Escolar Público.

 1 punto: alumnos con notas de suficiente.

 0 puntos: resto de alumnos e aqueles que non presentaran xustificantes.

– Circunstancias especiais, ata 2 puntos:

Se algún membro da unidade familiar (pais e fillos) ten unha minusvalía igual ou superior ao 33% puntuarase con 2 puntos adicionais.

– Situación laboral, ata 2 puntos:

Cando o pai/nai ou titor/a acredite a situación de desemprego durante máis de 6 meses no ano 2011, incrementarase a valoración con 2 puntos adicionais.

O acordo de concesión se publicará no taboleiro de anuncios municipal a efectos de notificación das axudas concedidas a todos os beneficiarios e demais interesados, e de presentación de reclamacións, no seu caso, polos que o consideren conveniente. Estas haberán de ser resoltas polo propia Xunta de Goberno Local.

A partir desta publicación comezará a contar o prazo de presentación no Rexistro de Entrada do Concello dos xustificantes (facturas, preferentemente, ou tickets), das axudas concedidas, que rematará o día 31 de marzo de 2012. Esta data poderíase prorrogar un máximo de tres meses, por acordo da Xunta de Goberno Local, nos casos en que se solicite e conste xustificación no expediente.

As xustificacións serán aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local, previo informe da Traballadora Social.

Os que non presenten a xustificación ou desistan de forma motivada e por escrito, dentro do prazo establecido nestas bases, entenderase que desisten da súa solicitude, que quedará, así mesmo, anulada.

SEXTA.–As presentes bases publicaranse integramente no taboleiro de anuncios do Concello xunto co anuncio de convocatoria, inmediatamente despois de seren aprobadas polo Xunta de Goberno Local, a efectos de apertura da mesma e para que todos os interesados poidan examinalas e, no seu caso, presentar as súas reclamacións no prazo máximo de oito días hábiles. Así mesmo publicarase no B.O.P. un anuncio de exposición pública das bases, a partir do cal se iniciará o cómputo do prazo para a presentación de reclamacións.

SÉPTIMA.–O incumprimento do disposto nas presentes bases, a falsidade ou ocultación de datos, ou non cursar os estudos para os que se Ile concedeu a axuda, determinará a revogación e reintegro da subvención, sen prexuízo de que polo Concello se exerciten as accións oportunas contra os responsables.

SOLICITUDE DE CONCESIÓN DE AXUDAS AO ESTUDO (2011-2012)

D./D.ª ..., con DNI ... e domicilio ..., parroquia de ..., teléfono ..., en nome propio ou en representación de ...

EXPÓN: Que tivo coñecemento da convocatoria de axudas ao estudo do Concello de Monfero para o curso 201 1-2012 e que reúne os requisitos esixidos na mesma polo que,

SOLICITA: a concesión dos beneficios que se establecen no citada convocatoria, facendo constar.

– Que ten menos de 24 anos e non exerce ocupación nin traballo remunerado.

– Que está empadroado/a, coma os seus pais (alomenos un deles), no Concello de Monfero.

– Que a súa familia está composta por membros (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado)

– Que cursa estudos de ... en ...

– Que a distancia dende o seu domicilio ata o centro de estudos é de ... km (só para os rapaces/as que non utilicen transporte escolar gratuíto).

– Que na súa unidade familiar atópanse estudando ... fillos.

– Que declara que os datos facilitados son certos e sométese ás actuacións de comprobación e verificación de datos que considere oportunas o Concello.

– Que achega a documentación acreditativa do exposto e a restante esixida nas bases da convocatoria.

Monfero, ... de ... de 2011

O/a solicitante

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFERO”

Monfero, 26 de outubro de 2011.

O alcalde

Benjamín M. Rodríguez Abad

2011/14357

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
11/11/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina