Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

ORDE do 15 de marzo de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

Orde do 15 de Marzo de 2012 pola que se establece as bases reguladoras do Programa das inciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de Marzo de 2012

ORGANISMO
Consellería de Traballo e Benestar
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PROGRAMA DE FOMENTO DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E) (TR340K)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego.
 
3. TIPOS DE APOIO
O Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Tipos de axuda

• Subvención á xeración de emprego estable
Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións:
A. 4.000 euros para desempregados en xeral.
B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade.

Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 01/10/2011 ata o 30/09/2012.

• Subvención financeira
Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.
Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.

O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:
A. 4.000 euros para desempregados en xeral.
B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira).
Para os efectos do cálculo da contía desta axuda teranse en conta os postos de traballo creados desde o 01/10/2011 ata o 30/09/2012.

• Subvención para asistencia técnica
Para axudar á persoa promotora ou empresario/a na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. A asistencia técnica poderá consistir nas modalidades de formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade.
A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.

• Subvención para o inicio da actividade
Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para as persoas desempregadas de longa duración e as persoas desempregadas con discapacidade a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Para as persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego a contía desta subvención será de ata 4.800 euros.
Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.

• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.
Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

• Incrementos dos incentivos.
As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello das provincias de Lugo e Ourense.
 
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50% do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura.

b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.

c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e ao funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

d) Carbón.
 
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
-
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
-
9. CONTÍA DAS AXUDAS
-
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2012. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:

- Subvención á xeración de emprego estable: 1 mes desde a data de alta na Seguridade Social.
- Subvención financeira: 1 mes desde o inicio da actividade.

As solicitudes de axuda á xeración de emprego estable e subvención financeira polas actuacións realizadas entre o 1/10/2011 e a data de publicación da orde poderán presentarse ata o 30/04/2012.
11. INCOMPATIBILIDADES
1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80% do custo da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria.

2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa.

3. As subvencións reguladas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de iniciativas locais de emprego (ILE) e de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.

4. A subvención pola xeración de emprego estable será incompatible coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Traballo e Benestar. Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas axudas ou bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.


Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis, polo tanto, a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte pola estrada.
 
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Orde do 15 de marzo de 2012 (DOG Nº61 do 28/03/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Consellería de Traballo e Benestar - Subdirección Xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo.

Teléfonos: 981957732, 981 544716, 981544682, 981957253
 
14. OBSERVACIÓNS
As persoas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión, ou, se é o caso, ata o 31 de outubro de 2011. Excepcionalmente este prazo poderá ser prorrogado nun mes de forma extraordinaria e debidamente xustificado.

 

 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
28/03/2012 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina