Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 26.Abril.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

PLAN RE-BROTE 2011

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

PLAN RE-BROTE –AVAIS PARA O ACCESO A FINANCIAMENTO OPERATIVO ADICIONAL
 
 
FINALIDADE / OBXECTIVO
Convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financieiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional.
 
TIPOS DE APOIO
Axuda en réxime de concorrencia non competitiva
 
BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise; que creen ou manteñan emprego directo, e que presenten un proxecto obxecto de financiamento avalado que sexa considerado viable, dentro dos limites de risco asumibles polo IGAPE.
 
Non poderán ser beneficiarias as empresas cuxo único obxecto social sexa a compravenda de bens inmobiliarios ou activos financeiros.
 
Nas operacións financeiras avaladas poderán figurar como cotitulares terceiras persoas físicas ou xurídicas, sempre que teñan unha vinculación coa beneficiaria, que cumpran todas elas os requisitos para ser beneficiaria previstos nestas bases, e que consten expresamente relacionadas na Resolución de individual de concesión.
 
 
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
O Igape poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes, salvo nos casos previstos no artigo 6. Cada unha das operacións poderá ser concedida por unha entidade financeira ou ben por un sindicado bancario.
 
* Importe das operacións:
 
A suma das operacións avaladas polo Igape para cada beneficiaria será como mínimo de 300.000€, e como máximo de 3.500.000 €.
 
No caso de operacións individuais nunha entidade financeira por importe inferior a 300.000 €, o seu outorgamento estará condicionado á formalización previa ou simultánea doutras operacións avaladas polo Igape que acaden o dito importe mínimo de 300.000 €.
 
* Prazos e amortización:
 
Con carácter xeral, a vixencia das operacións avaladas será de 2 anos, e a vixencia dos avais de 3 anos.
 
No caso de que a beneficiaria aporte garantías reais para cubrir o risco da operación, a vixencia das operacións avaladas será de 4 anos, e o límite máximo da operación avalada reducirase un 25% anualmente a partir do 2º ano de vixencia. A vixencia do aval nestes supostos será de 5 anos dende a data de formalización.
 
* Poderanse avalar as seguintes modalidades de operacións financeiras:
 
1.CONTAS DE CRÉDITO:
 
- Destinadas ó financiamento de circulante, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións e, tamén, os vencementos de débedas bancarias tales como cotas de préstamos a longo prazo, cotas de leasing ou similares. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos.
 
O Igape responderá de ata o 50% do saldo disposto, unha vez cumpridos os requisitos de execución contemplados no artigo 7.3, e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,5 % do importe do aval formalizado.
 
 
2.LIÑAS DE CRÉDITO PARA O ADIANTO DE EFECTOS COMERCIAIS E FACTURAS:
 
- Estas liñas permitirán garantir a cesión mercantil ou transmisión dos créditos derivados das ventas a prazo que efectúe a empresa beneficiara, de forma que o comprador ou debedor veña obrigado a satisfacer o seu importe á entidade financeira.
 
O Igape responderá de ata o 60% dos importes adebedados pola beneficiaria á entidade financeira como consecuencia dos impagados que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución sinalados no artigo 7.3 e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.
 
 
3.PÓLIZAS DE PAGAMENTOS A PROVEDORES (“CONFIRMING”).
 
- Liñas de xestión do pago das súas compras, anticipando as entidades financeiras os pagos ós provedores.
 
O Igape responderá de ata o 70% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución sinalados no artigo 7.3 e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.
 
 
4.PÓLIZAS DE RESPONSABILIDADE, LIQUIDACIÓN E GARANTÍA DE OPERACIÓNS MERCANTÍS PARA AMPARAR:
 
a) O bo fin de letras de cambio, cheques, pagarés, recibos, facturas, certificacións de obra, anticipo de subvencións e demais documentos civís, mercantís e administrativos, que a entidade financeira desconte, negocie ou anticipe e nos que a titular figure como librador, endosante, aceptante, avalista, cesionario ou beneficiario.
 
b) O bo fin e completo pago das obrigas procedentes de operacións de comercio exterior que os titulares contraian coa entidade financeira, tales como créditos documentarios, cartas de crédito, prefinanciamento e financiamento de exportacións, financiamento de importacións, etc.
 
c) Avais e fianzas prestadas pola entidade financeira en garantía de terceiros, vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos.
 
O Igape responderá de ata o 50% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución sinalados no artigo 7.3, e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.
 
Admitirase que as operacións que se van avalar substitúan operacións financeiras preexistentes, sempre que as operacións a refinanciar estean avaladas polo Igape ao abeiro destas bases ou do convenio publicado mediante Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG nº 191, do 29 de setembro), nos seguintes casos:
 
a) Cando por cambios nas circunstancias da operativa da beneficiaria se demande un cambio na modalidade de operación, entre as previstas no artigo 3º destas Bases.
 
b) Cando supoña unha mellora nas condicións financeiras para a beneficiaria.
 
 
* Garantías a achegar pola beneficiaria:
 
As garantías achegadas pola beneficiaria serán repartidas entre a entidade financeira e o Igape en función do risco asumido por cada parte.
 
No caso de acreditarse a constitución doutras garantías distintas ás declaradas polas entidades financeiras, o Igape non responderá polo aval concedido.
 
 
CONTÍA DAS AXUDAS
As garantías outorgadas polo IGAPE consistirán na prestación de aval subsidiario ante as entidades financeiras. No caso de que a operación sexa concedida por un sindicato bancario, o Igape responderá ante a entidade axente pola totalidade do aval concedido na dita operación.
 
O prazo de vixencia da garantía será, con carácter xeral de 3 anos, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os 2 anos de vixencia máxima da operación avalada. No caso de achega de garantías reais por parte da beneficiaria, a vixencia máxima será de 5 anos dende a súa formalización, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os 4 anos de vixencia máxima da operación avalada
 
 
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de outubro do ano 2011
 
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Unha vez aprobadas as operacións polas entidades financeiras colaboradoras condicionadas á achega do aval do Igape, os interesados deberán presentar ante este Instituto a súa instancia de solicitude, segundo o modelo que figura no Anexo I, nas súas oficinas ou de calquera das formas previstas pola Lei 30/1992.
 
Á solicitude xuntaráselle a documentación establecida no Anexo II en orixinal ou copia cotexada.
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos ou non está acompañada da documentación esixida, requirirase ao solicitante para que no prazo de dez días hábiles se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos.
 
O IGAPE notificará ao solicitante e comunicará á entidade financeira a concesión ou denegación do aval.
 
O IGAPE subscribirá coa beneficiaria un contrato de garantía no cal se recollerán as obrigas das partes respecto ó aval prestado.
 
O prazo máximo para a instrumentación do aval e da operación avalada será de 5 meses a partir da data de notificación da súa concesión.
 
Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
13/05/2011 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina