Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 16.Julio.2024

FEAGA
Actividades
BOLETÍN INFORMATIVO FEAGA
CONVENIOS
Noticias sobre los Autónomos
Axudas Axudas
Legislación que afecta a Los Autónomos
Noticias de Prensa
                          leis Para o Autónomo
Enlaces de Interés
Obxectivos
Ofertas para Asociados Autónomos
Emprego
Ofertas de Cursos
Servicios para autonomos en Galicia
GALERIA
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
FERIA DE MUESTRAS DE LUGO 2018
FEDERACION GALEGA DE COMERCIO
PROPUESTAS FEAGA 2015
LA HORA DEL AUTÓNOMO
PÁGINA 13. LA HORA DEL AUTÓNOMO
LIBER ESTUDIO JURÍDICO
XXVI FERIA DE MUESTRAS Y AUTÓNOMOS DE A CORUÑA
PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO
SÍGUENOS EN FACEBOOK
Estás en: Noticias > Axudas

ultima hora 650x130

PLAN REMOBLATE

ver las estadisticas del contenido enviar a un amigo

 

Por resolución de 14 de decembro de 2010 acordase ampliar o prazo de presentación de solicitudes para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia)

Resolución ampliación publicada no DOGA de 15/12/2010

 

Prazo para a presentación das solicitudes.
 
As solicitudes poderán presentarse ata o 15 de decembro de 2010 ou, en todo caso, ata o esgotamento do ornamento asignado, do que se dará publicidade no DOG e na páxina web do Igape. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das bases reguladoras.
 
Obxecto do Plan.
 
A concesión polo Igape de axudas a fondo perdido para a adquisición de mobiliario de madeira para o fogar e colchóns.
 
Beneficiarios.
 
Persoas físicas maiores de 18 anos que adquiran un ben obxecto de axudas nun establecemento de venda de mobles ou colchóns situado en Galicia e pertencente a unha peme, incluídos traballadores autónomos, que sexa entidade colaboradora do Plan Remóblate Galicia.
 
Terán que estar ó día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e, en xeral, cumprir os requisitos e obrigas establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 
Condicións das operacións subvencionadas.
 
  1. Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgunha das entidades colaboradoras, establecemento de venda, adheridas a esta iniciativa.
  2. A compra deberá acadar u n custo mínimo de 600 euros (excluíndo impostos).
  3. A subvención máxima que poderá percibir a persoa física será de 280 euros nunha ou varias operacións.
  4. Os establecementos de venda deberán identificar claramente os mobles e colchóns susceptibles de axuda conforme o establecido nas bases.
 
Os bens subvencionados non poderán ser adquiridos polos beneficiarios previamente a que a entidade colaboradora obtería a autorización do Igape para realizar a operación.
 
Contía das axudas.
 
A axuda resultante para o comprador dos bens obxecto de axudas será do 15%, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquer desconto adicional que se puidese obter por políticas concretas de venda ou promoción dos establecementos ou fabricantes.
 
Desglose do 15% da axuda:
  • Axuda outorgada polo Igape: un 7%  sobre o custo dos bens (impostos excluídos)
  • Desconto conxunto do establecemento de venda colaborador do programa e do fabricante adherido: un 8% sobre o custo dos bens  (impostos excluídos).
 
Entidades colaboradoras.
 
Pemes con personalidade xurídica propia, incluídos os autónomos, con centro de actividade do establecemento en Galicia e que teñan alta censual nalgunha das seguintes epígrafes do IAE:
  • 6531 Comercio retallista de mobles, agás oficinas.
  • 6539 Comercio detallista doutros artigos para o equipamento do fogar  n.c.o.p.
As entidades terán que ter en conta as condicións establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
 
Obrigas das entidades colaboradoras.
 
Algunhas das obrigas das entidades colaboradoras adheridas son as seguintes:
 
  • A divulgación ante os seus clientes da liña de axuda do Igape e darán información fidedigna dos bens subvencionables, os fabricantes adheridos e as porcentaxes de rebaixa sobre o prezo dos productos.
  • A tramitación ante o Igape, por conta do beneficiario, das solicitudes de axuda para as operacións de compra dos bens subvencionables. A tramitación será unicamente telemática, para o que é necesaria a sinatura dixital das persoas para tal efecto designadas.
  • A demanda de solicitude de adhesión dos fabricantes dispostos a participar no programa (deberán asinar o compromiso de asunción de rebaixa do 5% sobre o prezo de subministración ao establecemento de venda). Remitirana telemáticamente ao Igape e rexistrarana.
 
Para máis información, consultar artigo 7º das bases.
 
Tramitación ( art.10º e seguintes )
 
Os beneficiarios deberán dirixirse a unha entidade colaboradora para que lle preste apoio na  formalización do formulario de solicitude de axuda (anexo II das bases reguladoras).
A solicitude conterá  a autorización para a tramitación da axuda pola entidade colaboradora en nome do solicitante ante o Igape; será asinada polo solicitante e custodiada pola entidade colaboradora.
Unha vez introducida a operación e obtida a autorización do Igape respecto á súa subvencionalidade, as entidades colaboradoras poderán formalizar a  venda cos beneficiarios. Cando xa teñan facturada a operación, terán que presentar no Igape a solicitude  de axuda xunto coa solicitude de cobramento da mesma antes de que transcorran 4 meses da autorización polo Igape. Se non se presenta en prazo, pérdese a reserva de crédito autorizada e a posibilidade de solicitar unha nova axuda para esa operación.
A remisión da solicitude do interesado ao Igape así coma a presentación da solicitude de cobramento farase obrigatoriamente de xeito telemático, mediante  a instancia normalizada que figura nas bases. Esta presentarase ,co Ide asignado electrónicamente, no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e irá acompañada de:
  • Solicitude de axuda asinada polo comprador.
  • Factura detallada dos bens adquiridos con identificación do fabricante de cada un deles, en que consten os descontos efectuados, entre eles a subvención do Igape.
  • Copia do DNI do beneficiario da operación.
 

 

 


 Para obter mais información sobre o plan  REMÓBLATE prema sobre o seguine enlace : PLAN REMÓBLATE

 


Modificación de erros  Plan Remóblate: DOGA 12/11/2010


 

Compártelo:
meneame digg delicious technorati google bookmarks yahoo blinklist twitter Facebook
15/12/2010 ir arriba

Novedades
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
SOLICITUD DE APOYO
Información Programa Bono energía pyme
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA.
NOTA DE PRENSA DE LA FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA
Lo + visto
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO Y CONTRATACIÓN DE PERSONAL INDEFINIDO
FERIA DE MUESTRAS DE A CORUÑA- FEMAGA 2013
Modelos Reclamación contra Compañías Eléctricas
Creado con
GestionMax
CENTRO DEMOSTRADOR TIC DE GALICIA   novidades   contacto   política privacidad   Protección de datos   buscador   ayuda   mapa web   
Federación de Autónomos de Galicia - CIF. V-15.440.639 | Avenida Fisterra, 27, 1º, Dcha. 15142 – ARTEIXO (A CORUÑA) - Tlf.:881 250 312 - 646 840 607
Produce i latina software, s.l. - iLatina